Venres, 9 Maio de 2025

O Baixo Miño

A Deputación realizará o estudo técnico para a reforma integral da estrada Tabagón-Goián

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe o Concello de O Rosal, onde mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Ánxela Fernández, e intercambiou opinións co persoal municipal e a veciñanza. A visita institucional, a primeira do mandato, foi cualificada por Silva como “rápida, concreta e con decisións”. “Nótase que estamos a traballar entre mulleres”, remarcou.

Unha avaría obriga a suspender temporalmente o servizo de ferry entre A Guarda e Caminha

Dende a tarde deste mércores día 15 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha. A previsión é que se resolva a incidencia na xornada do venres 17 e se recupere a normalidade no servizo.

O Goberno da Guarda denuncia que o PP «intenta estrangular a xestión municipal»

O Concello da Guarda celebrou, ounte, 14 de xaneiro de 2020, un Pleno extraordinario co fin de aprobar a Conta Xeral do ano 2018 como estipula a lei. A conta xeral, segundo o Goberno local, "cumpre todos os requisitos para a súa presentación e aprobación no pleno, como son: o dictame da Comisión de Contas e a exposición publica da mesma, (sen que ninguén fixese alegacións) ademais de contar co informe favorable de intervención".

O campamento de Nadal do Rosal amosou aos nenos e nenas as culturas do mundo

Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e os primeiros días de xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares.

O Concello da Guarda convoca unha reunión co comercio local para valorar a Campaña de Nadal

A Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda vén de convocar unha reunión co sector do comercio local de cara a facer unha análise da pasada Campaña de Nadal 2019/2020. Neste encontro tamén terán cabida as proposta e ideas que permitan perfilar futuras liñas de actuación de cara á dinamización comercial durante esta e as vindeiras anualidades.

Tui imparte obradoiros sobre o manexo de desfribiladores aos clubs deportivos

O Concello de Tui organiza obradoiros de manexo dos desfibriladores dirixidos aos clubs deportivos. Son impartidos polo médico tudense Rosendo Bugarín, que ensina aos participantes a empregar os desfibriladores e o soporte vital básico. O primeiro dos cursos tiña lugar o pasado sábado, 11 de xaneiro e no mesmo participaron seis monitores/adestradores do Tyde F.C. Esta actividade continuará nas próximas semanas.

A Deputación remata as obras de mellora da seguridadae viaria na EP 3101 en Tomiño

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria na rotonda no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial 3101 entre Tebra e Cristelos, no concello de Tomiño. A actuación foi adxudicada por preto de 110.000 euros PARA acometer unha reforma global e melloras na intersección da estrada, enmarcada no modelo de mobilidade segura do goberno provincial.

A Guarda convídache a coñecer o Camiño de Santiago plantando unha árbore autóctona

O fin de semana do 25 e 26 de xaneiro terá lugar a primeira das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello guardés participa no programa 'O Teu Xacobeo' da Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

O «Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño» presenta o seu primeiro produto turístico en «Fitur»

O xeodestino turístico Ría de Vigo e Baixo Miño está a piques de celebrar a súa posta de longo. Os 14 alcaldes e alcaldesas dos concellos que abrangue este xeodestino –A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui– acudirán a vindeira semana a Madrid para arroupar ao proxecto durante a presentación oficial do seu primeiro produto na Feria Internacional de Turismo.

Curso de «Elaboración artesanal de ungüentos naturais» na Guarda

A Guarda acollerá, os días 3 e 4 de febreiro, un curso de 'Elaboración artesanal de ungüentos naturais' que se desenvolverá entre as 16:30 horas e as 20:30 horas. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola.

O CRA de Tomiño estrea unha biblioteca que optimiza ao máximo os seus espazos

Cunha media de 1.200 préstamos ao ano e un fondo bibliográfico de máis de 1.500 volumes, a biblioteca do Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, remodelada recentemente, comeza o 2020 coa previsión de ampliar o número de libros e “medrar con xeito escollendo minuciosamente os volumes que se engadan”, segundo comenta o director do centro, Antón Valenzuela.

«Igual a nós», actividade de dinamización en igualdade, chega á Guarda

A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas 'Igual a Nós' e orientadas principalmente a mulleres maiores.