Domingo, 11 Maio de 2025

O Baixo Miño

A Comisión das Festas do Alivio suspende os festexos da festividade por mor do Covid-19

A Comisión de Festas da Nosa Señora do Alivio tomou a dolorosa decisión de suspender os festexos do mes de setembro de 2020, por mor da dramática situación provocada pola pandemia do Coronavirus.

Vinte días de espera para unha consulta de atención primaria no Centro de Saúde do Rosal

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia a precaria situación na que se atopa o centro de saúde do concello, a falta de persoal e o consecuente deterioro da atención sanitaria, xa que na actualidade a demora nas citas de atención primaria están a ser dunha media de 20 días.

O Rosal contratará a un socorrista para a praia das Eiras durante xullo e agosto

O Concello do Rosal vén de poñer en marcha o proceso selectivo para a contratación dun/ha socorrista para prestar servizo na praia das Eiras durante o meses de xullo e agosto. Será un contrato temporal a xornada completa no que a persoa contratada deberá desenvolver tarefas de vixiancia, prevención e salvamento de bañistas e demais persoas usuarias que acudan durante a tempada estival a esta praia e á súa contorna.

Tomás de la Fuente Jansen, de 2º de primaria do CEIP As Solanas da Guarda, gañador do concurso de fotografía #eusonpilabot

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver o segundo concurso de fotografía artística #eusonpilabot, que nesta edición resultou gañador o alumno de 2º de Primario do CEIP As Solanas da Guarda, Tomás de la Fuente Jansen, que presentou un traballo cuxo título é 'Xamáis botes pilas ao mar'.

O Rosal manterá os parques infantís pechados

O Concello do Rosal manterá pechados polo momento todos os parques infantís do municipio ao non poder asumir as condicións sanitarias establecidas para a súa reapertura. Por responsabilidade e dada a situación que se está a vivir, o Concello decidiu adiar o posible uso destas instalacións, dado que a limitación de recursos non permite executar as medidas de seguridade e prevención ante os posibles contaxios fixadas dende a Xunta, unha decisión que tamén está tomando a meirande parte das administracións locais.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Río Miño reclaman un plan de recuperación específico para o territorio transfronteirizo

Os plans de recuperación posCOVID19 deben ter unha liña de apoio específica para os concellos limítrofes coa fronteira Portugal-España, xa que neles dáse un dobre impacto negativo: ao derivado da COVID19, como no resto do territorio, súmase a penalización provocada pola restauración das fronteiras. Esta é a principal conclusión da xornada de traballo mantida hoxe en Tomiño para analizar medidas de recuperación e impulso á cooperación transfronteiriza tras a crise da COVID 19.

Ramón Fernández Leal toma posesión como novo concelleiro de Participación Veciñal e Voluntariado do Rosal

O Concello do Rosal celebrou este luns un pleno extraordinario no Centro Social Polivalente no que tomou posesión o novo concelleiro municipal, Ramón Fernández Leal, que estará ao fronte dos departamentos de Participación Veciñal e de Voluntariado, de nova creación, para darlle un maior peso a unhas áreas de grande importancia no municipio, que conta cun amplo e activo tecido asociacionista.

Tomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo con excepcións só para residentes e comerciantes

Crear un Área de Circulación Restrinxida (A.CI.RE.) nas rúas do núcleo urbano do Seixo, con total prioridade para os peóns, e na que non se permitirá a circulación de vehículos, salvo os debidamente autorizados, é a decisión tomada polo Concello de Tomiño, que entrará en vigor en breve, tras o remate das obras de humanización levadas a cabo nos últimos meses.

O Concello da Guarda abre un proceso de participación cidadá sobre a humanización da contorna da Igrexa Parroquial

O equipo de Goberno do Concello da Guarda na súa liña de humanizar espazos da vila ten previsto eliminar o estacionamento de vehículos na contorna da igrexa Parroquial e dotar este espazo de mobiliario para recuperalo para as persoas. Segundo a idea do Goberno local, o mobiliario urbano permitirá a circulación de vehículos pero "en ningún caso deixará espazos de estacionamento" agás a reserva dunha praza para persoas con mobilidade reducida e outra para carga e descarga.

Cabaleiro e Regades coinciden en que o mellor para Tui “é que Gonzalo Caballero sexa presidente da Xunta” logo do 12X

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu a visita da candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ás próximas Eleccións Autonómicas e do secretario xeral provincial, David Regades Fernández. Cabaleiro remarcou que o mellor para Tui é que o próximo presidente da Xunta de Galicia sexa Gonzalo Caballero.

Concello de Tui e Zona Franca márcanse como obxectivo a ampliación do parque empresarial de Areas

O Concello de Tui e a Zona Franca de Vigo van estudar a ampliación do Parque Empresarial de Areas. Así o acordaron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, o delegado da Zona Franca, David Regades. Na Casa do Concello mantiveron unha reunión á que tamén asistiron os concelleiros Ana Mª Núñez, Sonsoles Vicente, Yolanda Rodríguez, Laureano Alonso, José Ramón Magán e Rafael Estévez, e técnicos de Zona de Franca

Tomiño recibe os primeiros selos de ‘Comercio Seguro’

A Federación Provincial de Comercio fixo entrega en Tomiño dos primeiros selos dunha campaña que infunde confianza nos consumidores. Estes selos acreditan como 'Comercio Seguro' aos pequenos establecementos que aplican os protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta trala crise do Covid-19.