Luns, 15 Setembro de 2025

O Baixo Miño

A Guarda lanza unha campaña de concienciación sobre limpeza viaria para propietarios de animais

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de lanzar unha Campaña de concienciación sobre limpeza viaria para os propietarios de animais que contará con dúas sesións presenciais nas que se informará á cidadanía e se entregarán botellas de xeito gratuíto. O obxectivo da campaña é visibilizar o problema e intentar que a xente sexa responsable, de xeito que cando baixe a pasear ao can, ademais das bolsiñas paras as cacas, leven tamén unhas botellas con auga e vinagre para diluír as mexadas nas rúas e espazos públicos

Charla sobre a violencia de xénero e a violencia sexual dirixida a deportistas da Guarda

Trátase dunha actividade financiada con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, e que tratará de achegar información sobre a prevención da violencia de xénero e mais concretamente sobre os distintos tipos de violencia sexual que poden afectar a estas deportistas e as mulleres en xeral.

O estilo persoal de Smithsonian soará este martes na Praza do Seixo

Continúa a programación especial do Alivio en Tomiño. Este martes a Praza do Seixo acollerá o concerto de Smithsonian, un dúo musical de recente creación que namorará a todos os amantes da música.

Unha persoa resulta ferida nunha saída de vía en Tui

Unha saída de vía saldouse cunha persoa ferida cando circulaba co seu vehículo pola PO-552, no punto quilométrico 71, ao seu paso polo concello pontevedrés de Tui. O accidente tivo lugar ás tres da tarde de onte luns. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a chamada de varios particulares que alertaban dun vehículo que sufrira unha saída vía na estrada que une as localidades de Tui e A Guarda.

Tomiño, terra de centenari@s

Tomiño nada ten que envexar a Okinawa, a cidade do mundo con máis persoas maiores de 100 anos. O microclima, as súas boas augas, os aires do Miño, a calidade de vida, o agarimo e coidado das familias... son algúns dos factores que poden agocharse tras o segredo da lonxevidade neste recuncho do mundo. E é que na actualidade viven en Tomiño 13 persoas que roldan ou superan o século de vida.

O Concello de Tui terá un servizo de atención e asesoramento psicolóxico

O Concello de Tui asinou está mañá un convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña da Guarda, para a posta en marcha do servizo de atención e asesoramento psicolóxico de persoas con problemas de saúde mental, en Tui.

O Alivio arranca este luns coa música e os contos de Migallas Teatro

Tomiño arranca este luns a súa programación especial do Alivio, que chega cunha semana cargada de música, maxia, contacontos ou teatro de balde e para toda a familia. A compañía Migallas Teatro será a encargada de dar o pistoletazo a estas actividades co seu ‘Cantacontos’, contos tradicionais e de creación propia que son arrequentados con cancións, música e sons que contribúen a espertar as emocións de todos os nenos e nenas que se acheguen.

Tomiño pide axuda ao Goberno e á Xunta para solucionar o tema da falta de cobertura telefónica

O Concello de Tomiño vén de pedir axuda ás administracións autonómica e central para lograr unha solución ao tema da falta de cobertura de telefonía móbil e internet en distintas zonas do municipio, que cada vez é peor.

Pilar Alonso comeza a montaxe da súa intervención artística na Aula COVID de Tomiño

A artista Pilar Alonso xa comezou a montaxe de ‘Súbeo á nube’, un proxecto de intervención que busca facer máis acolledora e cálida a futura Aula COVID de Tomiño. O Concello transformará a Casa da Cultura nun aula de estudo con acceso a internet para que os e as estudantes teñan un lugar axeitado e cómodo para estudar e acceder a medios telemáticos en caso de posibles rebrotes de coronavirus ou un novo confinamento.

O Rosal aplica o rozado selectivo para a recuperación dos bosques de ribeira

O Concello do Rosal aposta por un novo modelo de desbroce máis ecolóxico e sostible que permita diferenciar a vexetación que se debe eliminar da que non. A través deste desbroce selectivo búscase a recuperación do bosque de ribeira no río Carballas, minimizando o avance de especies invasoras e permitindo o aniñamento de diversos animais, o que permite conservar os hábitats naturais dunha gran variedade de especies.

O Concello da Guarda comunica que 3 traballadoras de servizos exteriores están contaxiadas por Covid-19

O xoves 3 de setembro varias traballadoras do concello da Guarda fixeron a proba do PCR dando positivo por coronavirus. As traballadoras afectadas conforman un grupo que traballa formando unha burbulla e sen contacto estreito con outros traballadores. No día de hoxe, Sanidade comezará a facer probas de PCR aos familiares destas traballadoras así como ás persoas coas que tiveron contacto estreito.

O sendeirismo e a marcha únense no desafío ‘La icónica’

O sendeirismo e a marcha nórdica daranse a man no desafío 'La Icónica' que se celebrará os días 26 e 27 de setembro. O primeiro día coa etapa entre Oia e A Guarda. A segunda comezará na desembocadura do río Miño e terminará en Tui. Todos estes concellos, incluíndo o do Rosal Tomiño e tamén as cámaras municipais de Vilanova de Cerveira e Valença do Miño, uníronse a esta iniciativa da que se espera un amplo respaldo popular. O primeiro en inscribirse foi o actor, presentador de televisión e destacado deportista David Amor, que se converteu na imaxe da proba. As inscricións xa están abertas na web laiconica.es.