11.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO estilo persoal de Smithsonian soará este martes na Praza do Seixo

    O estilo persoal de Smithsonian soará este martes na Praza do Seixo

    Concerto ás 19.00 h dentro da programación do Alivio. Actividade de balde con reserva previa no 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal

    Continúa a programación especial do Alivio en Tomiño. Este martes a Praza do Seixo acollerá o concerto de Smithsonian, un dúo musical de recente creación que namorará a todos os amantes da música. Con Paula Smith como voz principal e Danis Carballás na guitarra e coros, o grupo traerá ao público o máis selecto do seu repertorio, formado na súa gran maioría por versións de distintos estilos musicais, dende pop rock ata os clásicos dos anos 80, pasando por rock alternativo, pero sempre cun toque propio.

    O publico poderá desfrutar deste concerto na Praza do Seixo a partir das 19.00 horas e con todas as medidas de prevención necesarias para garantir a saúde de todos e todas. Como toda a programación do Alivio, trátase dun espectáculo de balde pero para o que é necesario reservar entrada previamente chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.