8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaCharla sobre a violencia de xénero e a violencia sexual dirixida a...

    Charla sobre a violencia de xénero e a violencia sexual dirixida a deportistas da Guarda

    Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda organiza unha charla informativa sobre a violencia de xénero e a violencia sexual dirixida a deportistas dos clubes femininos da Guarda.

    Trátase dunha actividade financiada con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, e que tratará de achegar información sobre a prevención da violencia de xénero e mais concretamente sobre os distintos tipos de violencia sexual que poden afectar a estas deportistas e as mulleres en xeral.  

    O obxectivo é que as mozas participantes teñan máis e mellores recursos para decidir sobre a súa vida e as súas relacións de parella, e gozar dunha sexualidade sá, divertida e responsable.

    Coñecer mais de cerca o problema da violencia sexual, os tipos, as características e ás consecuencias de sufrir este tipo de violencia, ademais de ofrecer pautas para saber que facer en caso sufrilo en primeira persoa, recursos aos que acudir, ou como poder axudarlle a algunha amiga que fose agredida sexualmente, son os contidos previstos traballar nesta charla que terá lugar o próximo xoves día 10 de setembro de 11:00 a 12:30h no Centro Cultural. É imprescindible inscrición previa chamando ao teléfono do Centro cultural  986611850 ou no correo electrónico centrocultural@aguarda.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.