Sábado, 12 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal pon en marcha o Consello Municipal de Desenvolvemento Local

O Concello acaba de poñer en marcha o Consello Municipal de Desenvolvemento Local, unha ferramenta pioneira que servirá para facer unha diagnose da situación actual do municipio e traballar nunha estratexia integral de crecemento do Rosal con accións a realizar a curto, medio e longo prazo.

A Guarda organiza unha xornada de limpeza na costa en colaboración coa asociación ‘O Buxeiro’

O vindeiro domingo día 18 de outubro o Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e a Asociación O Buxeiro, organizan unha xornada de limpeza da costa. A actividade ten como obxectivo tanto sensibilizar en materia de xestión de residuos, evitando que o lixo permaneza nos ecosistemas costeiros e se desprace duns ambientes a outros.

A Unidade de Atención Temperá do Baixo Miño comezará a funcionar nas vindeiras semanas

A Unidade de Atención Temperá (UAT) da comarca do Baixo Miño comezará a funcionar nas vindeiras semanas. Creada recentemente pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, está constituída polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, co obxectivo de que as familias que teñan menores con dificultades de aprendizaxe, poidan ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse até Vigo.

O tren turístico da Eurocidade Valença-Tui realizará esta fin de semana dúas viaxes até os muíños do Tripes

Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo [email protected].

O Concello do Rosal inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

Visita á exposición “O Camiño do humor” de viñetas de Dávila

Hoxe mércores, ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, realizarán unha visita á exposición 'O Camiño do Humor' que recolle unha recompilación de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila. A mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.

Trescentos deportistas tomarán a saída o domingo no VII Trail do Trega rodeados dun estrito protocolo de seguridade sanitaria

A Casa dos Alonsos, sede do Concello da Guarda, acolleu na mañá de hoxe a presentación da sétima edición do Trail da Guarda que terá lugar este vindeiro domingo, 11 de outubro, a partir das 10:30 horas. Trátase dunha proba emblemática e que se disputa, na súa totalidade, no marco incomparable que ofrece o monte Trega e que, este ano, é 'reinventada' de cara a facela segura e adaptada aos protocolos sanitarios sen que por iso perda nada da súa beleza e do seu carácter competitivo.

Unha vintena de tomiñesas aprenden recursos de internet para mellorar a súa competitividade laboral

"Competencias dixitais na busca de emprego e nas relacións coas administracións" é o nome do curso que, con aforo completo e lista de agarda, comezou este luns en Tomiño. Organizado polos servizos de Igualdade da Deputación de Pontevedra e do propio Concello, o obradoiro está dirixido a mulleres en paro o en na busca de mellora de emprego.

O alcalde Antonio Lomba faise escoitar no Parlamento de Galicia

Nos últimos meses estase comprobando como a asistencia sanitaria na Guarda cada vez e máis precaria pasando de ter 8 profesionais a 4 na actualidade, que o mes que ven quedarán en 3. Con todo isto, xa se puxera en contacto o alcalde co anterior Conselleiro de Sanidade o señor Almuiña, que pensou que o ser da comarca entendería a situación e daríalle unha pronta solución, nada máis lonxe da realidade, posto que despois das últimas eleccións da Xunta de Galicia atopámonos conque un dos poucos Coselleiros que se cambian e o de Sanidade.

O Rosal anuncia a apertura do prazo para solicitar subvencións para actividades sociais

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar as bases para as subvencións municipais a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades sociais durante o ano 2020 no Rosal. As entidades interesadas terán 15 días naturais a partir deste martes 6 de outubro para presentar a súa solicitude.

A unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o vindeiro mércores 7 de outubro

Como é habitual, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata O Rosal este mes de outubro. Será o vindeiro mércores 7, día no que o autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

O Concello de Tui e o IKFEM agradecen con música aos voluntarios da COVID-19 o seu labor

O Concello de Tui e o IKFEM amosaron o venres o seu agradecemento aos colectivos que dende o inicio da pandemia teñen colaborado co Concello en diversas facetas. O agradecemento chegou en forma de velada musical coa asistencia de 25 persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paul ao concerto inaugural que ofreceu no Teatro Municipal o Quarteto Contratempus.