Xoves, 16 Xaneiro de 2025

O tren turístico da Eurocidade Valença-Tui realizará esta fin de semana dúas viaxes até os muíños do Tripes

Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo [email protected].

Con este percorrido do tren até os muíños do Tripes búscase promocionar a visita a este conxunto patrimonial tanto por parte dos propios tudenses coma das persoas que ao longo desta fin de semana se acheguen a Tui.