A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de rematar a execución dunha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do Concello da Guarda.
Estas infraestruturas hidráulicas, que contaron cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, foron entregadas hoxe ao Concello da Guarda, que asumirá a súa titularidade e as respectivas tarefas de mantemento.
A experiencia do confinamento derivada da situación pandémica actual serviu para evidenciar as múltiples carencias e dificultades existentes en moitos fogares para acceder á educación pola vía telemática, acentuando as desigualdades sociais entre o alumnado.
Dúas novas traballadoras acaban de incorporarse ao persoal do Concello do Rosal a través do programa O teu primeiro emprego da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha persoa con titulación de arquitecto que traballará durante os vindeiros meses no departamento de Urbanismo e doutra especializada en administración e finanzas que xa se incorporou ás oficinas xerais do Concello.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Guarda organiza un obradoiro de inglés de duración dun mes, coa intención de facilitar un curso no que conversar, aprender ou practicar este idioma, sexa unha actividade divertida e amena.
Noventa novos colectores para a recollida de envases, realizados en material 100% reciclable, están a ser distribuídos estes días polas distintas parroquias de Tui.
O Concello vén de adquirir estes novos colectores co obxectivo de incrementar a recollida selectiva do lixo, neste caso de plásticos e envases, no rural.
Un incendio arrasou parte dunha vivenda no lugar de Sanomedio, no termo municipal pontevedrés de Tomiño.
Malia que a casa estivera habitada, ninguén resultou ferido e o lume quedou extinguido polos efectivos de emerxencias que acudiron ao lugar do suceso.
O Trail do Trega coroou a Adrián Rodríguez, na categoría masculina, e a Eva Piñel, na feminina como gañadores da sétima edición da proba nunha xornada marcada pola recuperación para o mundo do atletismo de olímpica Julia Vaquero. As e os deportistas volveron demostrar na Guarda o seu compromiso coa competición amais de dar un exemplo de como realizar os protocolos sanitarios.
Os socialistas de Tomiño aseguran que a campaña de recollida de firmas en favor da sanidade pública, levada a cabo ao longo desta semana polo BNG no Concello de Tomiño, “é un fraude por non ter validez ningunha ao...
Dende este venres día 9 de outubro xa está na Guarda a exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas”, na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos.
Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo as actividades conmemorativas do seu 50 aniversario cun amplo programa que na vindeira semana comprende senllas actividades de animación á lectura dirixidas a dous sectores de público infantil e familiar.
O Rosal quenta motores para unha fin de semana longa para brincar sen parar. Música, contacontos, circo, teatro e moito humor encherán este sábado, domingo e luns a Praza do Calvario, a onde serán trasladadas todas as actuacións programadas para os vindeiros días aproveitando o bo tempo.
Un ano máis a Escola Municipal de Teatro de Tomiño inicia as súas actividades. Nesta ocasión, debido á situación pandémica, foi preciso tomar unha serie de decisións co obxectivo de garantir a seguridade do alumnado.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.