12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaCurso organizado pola OMIX da Guarda: conversas en inglés para o mes...

    Curso organizado pola OMIX da Guarda: conversas en inglés para o mes de novembro

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Guarda organiza un obradoiro de inglés de duración dun mes, coa intención de facilitar un curso no que conversar, aprender ou practicar este idioma, sexa unha actividade divertida e amena.

    Se queres practicar o teu inglés este curso dunha maneira áxil e entretida, esta é unha moi boa oportunidade. O obradoiro levarase a cabo durante todo o mes de novembro, os días martes e xoves de 19:30 a 21:30 horas e cun prezo de 20€ por participante.

    Para informarte e ter acceso a túa praza podes inscribirte na Oficina Municipal de Información Xuvenil da Guarda, a través do mail informacion@aguarda.es ou no número de teléfono 676 347 890.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.