21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA Escola Municipal de Teatro de Tomiño retoma a actividade adaptándose á...

    A Escola Municipal de Teatro de Tomiño retoma a actividade adaptándose á nova normalidade

    As inscricións non se abrirán debido á limitación das prazas

    Un ano máis a Escola Municipal de Teatro de Tomiño inicia as súas actividades. Nesta ocasión, debido á situación pandémica, foi preciso tomar unha serie de decisións co obxectivo de garantir a seguridade do alumnado.

    Non se abrirán inscricións debido á necesidade de limitar as prazas para cumprir coa normativa de seguridade. Os criterios seguidos por Tamara, a mestra encargada, foron a antigüidade dos alumnos na Escola de Teatro e a convivencia estre os mesmos, establecendo grupos reducidos que estarán limitados a 9 ou 10 participantes. Co fin de cumprir estes criterios, aumentaranse os grupos e días de clase, formando un total de 6, que estarán repartidos entre o luns e o martes.

    A duración das clases será de unha hora e quince minutos a fin de que se poidan realizar tarefas de desinfección e ventilación entre cada unha das mesmas.

    Malia a non apertura das inscricións, quedan aínda algunhas prazas baleiras, polo que as persoas interesadas poderán obter máis información a través do teléfono 986622001 ou do correo electrónico cultura@tomino.gal.

    As prazas vacantes son as seguintes:

    • Grupo 1 (6/7anos) luns de 16:00 a 17:15 – 2 prazas
    • Grupo 2 (8/9 anos) luns 17:30 a 18:45 – 4 prazas
    • Grupo 3 (9/10 anos) luns 19:00 a 20:15 – 2 prazas
    • Grupo 4 (11/12anos) martes 16:00 a 17:15 – 1 praza
    • Grupo 5 (13/16 anos) martes 17:30 a 18:45 – 1 praza

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.