Mércores, 2 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Consellería de Educación realiza melloras no CEIP de Randufe e no IES San Paio de Tui

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de realizar diversas melloras no CEIP de Randufe e no IES San Paio, ambos na localidade de Tui, para incrementar a súa confortabilidade coincidindo co comezo do segundo trimestre do presente curso grazas a un investimento de case 91.000€.

Unha muller resulta ferida ao ser atropelada por un motocultor no Rosal

Unha muller foi evacuada ata o hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola no termo municipal pontevedrés do Rosal. Segundo a información facilitada pola persoa particular que chamou ao 112 Galicia ao fío das 09:45 horas, a ferida foi alcanzada polo motocultor e necesitaba asistencia sanitaria.

Suspendido o servizo de ferry entre A Guarda e Camiña pola alta incidencia de casos por coronavirus en ámbalas dúas beiras do Miño

O alcalde de Caminha, Miguel Alves, fixo público a través dun comunicado, a determinación da Câmara Municipal de suspender o servizo do ferry entre Caminha e A Guarda dende hoxe mesmo e ata que se indique o contrario. Esta decisión tomouse tendo en conta o aumento do número de infectados no Municipio de Caminha así coma os casos existentes nos municipios do Rosal e Tomiño.

Comezan as obras de reforma íntegra do mercado do Rosal

O Concello do Rosal iniciará este martes 12 de xaneiro a primeira fase das obras do seu mercado, unha reforma íntegra da praza de abastos para convertela nun espazo vivo no que fomentar a compra de produto local de proximidade, promover actuacións que fagan o comercio local máis atractivo e competitivo e dinamizar o núcleo urbano económica e socialmente.

O Concello da Guarda ofrece a posibilidade de dar “unha segunda vida” ás luces de nadal

O Concello da Guarda instalou dous puntos de recollida para as luces de Nadal que se repartiron entre o alumnado dos centros educativos da vila dentro da Campaña de Nadal 2020-21 e que serviron para guiar aos Reis Magos. As familias que así o desexen poderán depositalas nos contedores instalados no andar baixo e no primeiro andar da Praza de Abastos da localidade.

O Concello de Tui adquiriu unha biotrituradora coma paso previo á creación dun Punto Verde Municipal

O Concello de Tui conta dende hai uns días cunha biotrituradora que vai optimizar o triturado de restos de poda municipal. É un paso máis para a próxima creación dun Punto Verde Municipal.

Os Reis Magos visitaron A Guarda

A programación do Nadal 2020-21 chegou ao seu fin na Guarda coa visita dos Reis Magos que o pasado martes día 5 de xaneiro fixeron un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída tivo lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos foron recibidos polo Alcalde da Guarda e partiron en tres vehículos clásicos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.

O Concello de Tomiño agradece a xenerosidade da veciñanza pola alta participación no cribado

Como medida para afrontar a alta incidencia que o municipio viña presentando durante as últimas semanas nunha tendencia ascendente, o Concello de Tomiño propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR.

O Concello de Tui homenaxea a Evaristo Rodríguez que se xubila logo de 30 anos no departamento de Vías e Obras

Na xornada onte xubilouse o traballador do Concello de Tui Evaristo Rodríguez Castiñeira, despois de 30 anos de servizo no departamento de Vías e Obras. No salón de Plenos do Concello realizouse un sinxelo acto de homenaxe e despedida no que participaron membros do equipo de Goberno, dos grupos políticos presentes na corporación municipal e compañeiros de traballo.

Os Servizos Sociais de Tui distribuíron este Nadal os alimentos recollidos a cambio de libros na Biblioteca Municipal

Os libros transformáronse durante este Nadal en alimentos no mercadiño solidario organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui en favor dos Servizos Sociais Municipais. Os libros destinados ao expurgo conformaron un mercadillo no que a veciñanza podía escoller aqueles exemplares do seu interese e cambialos por produtos de Nadal e alimentos non perecedoiros.

Os Reis Magos percorreron o concello da A Guarda para encher de ilusión aos nenos e nenas nos seus barrios e parroquias

Onte martes día 5 de xaneiro os Reis Magos visitaron a Guarda facendo un percorrido que os levou polas distintas prazas e rúas e, posteriormente por todos os barrios e parroquias. A comitiva real saía ás 17:30 h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos eran recibidos polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e, dende aí, partiron en tres vehículos antigos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.

Os Reis Magos agradecen o esforzo dos nenos e nenas de Tomiño a través dun vídeo

A complicada situación que atravesa o concello en relación á pandemia da Covid-19 fixo que por motivos de seguridade se tomase a decisión de suspender a tradicional cabalgata de reis. Non obstante, as súas maxestades de Oriente non quixeron esquecerse dos nenos e nenas de Tomiño.