22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalUnha muller resulta ferida ao ser atropelada por un motocultor no Rosal

    Unha muller resulta ferida ao ser atropelada por un motocultor no Rosal

    Unha muller foi evacuada ata o hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola no termo municipal pontevedrés do Rosal.

    Segundo a información facilitada pola persoa particular que chamou ao 112 Galicia ao fío das 09:45 horas, a ferida foi alcanzada polo motocultor e necesitaba asistencia sanitaria. De feito, nun principio sinalaba a necesidade de uso do material de excarceración, pero, unha vez no lugar do suceso, os equipos de intervención confirmaron que a muller atopábase liberada e accesible.

    As lesións provocadas polo accidente motivaron o traslado do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata a Rúa do Moran, á altura do número 26. Para colaborar co persoal sanitario, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño, dos membros do GES da Guarda e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Este é o terceiro accidente con feridos provocado polo uso de máquinas agrícolas rexistrado polo 112 Galicia nas últimas 24 horas.

    No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.