11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Consellería de Educación realiza melloras no CEIP de Randufe e no...

    A Consellería de Educación realiza melloras no CEIP de Randufe e no IES San Paio de Tui

    O departamento autonómico realizou o cambio de cuberta no colexio público para corrixir filtracións de augas e mudou case 800 m2 de teito cunha instalación de chapa de aceiro prelacado

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de realizar diversas melloras no CEIP de Randufe e no IES San Paio, ambos na localidade de Tui, para incrementar a súa confortabilidade coincidindo co comezo do segundo trimestre do presente curso grazas a un investimento de case 91.000€.

    O departamento autonómico acometeu no colexio público un cambio da súa cuberta para corrixir certas filtracións de augas e humidades coa súa substitución por unha moderna instalación en chapa de aceiro prelacado cos seus remates e anclaxes. Esta actuación, orzamentada en 48.396€, supuxo a renovación de case 800 m2 do teito.

    Por outra banda, no instituto tudense procedeuse á renovación das antigas tubaxes de ferro galvanizado do sistema de fontanaría, que estaban afectadas polo paso do tempo e a acción do cloro xenerando a conseguinte oxidación do seu interior. Así, a Consellería de Educación reformou de xeito integral a rede de fontanaría cun investimento de 42.495€.

    Ambas melloras enmárcanse nas accións de acondicionamento e modernización que está a desenvolver ao longo de todo o curso académico o departamento autonómico nos centros educativos de toda Galicia para mellorar a confortabilidade e funcionalidade dos mesmos e que este ano están a ser especialmente intensas por mor das esixencias sanitarias fronte á Covid-19.

    As dúas obras acometidas nestes dous centros de Tui foron supervisadas, antes do arranque do trimestre, polo xefe territorial de Educación, César Pérez, e polos responsables da unidade técnica da conselleria xunto cos representantes directivos do CEIP de Randufe e do IES San Paio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.