Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño comeza o ‘Mes do amor’ rememorando a infancia dos avós

O Concello de Tomiño da o pistoletazo de saída esta fin de semana ao ‘Mes do amor’, un novo ciclo cultural que levará que encherá as tardes das fins de semana de novembro cun amplo programa de propostas diferentes e atractivas para todos os públicos.

Máis de 300 alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron onte en “O Cine nas aulas”

Un total de 313 alumnos de 5º e 6º de Primaria de Tui participaron onte na segunda proxección deste curso do programa “O Cine nas Aulas” organizado polo Concello de Tui a través da concellería de Servizos Sociais.

“Unicorn wars”, un filme de animación antibelicista, próxima entrega do Ciclo Mestre Mateo

O filme de animación “Unicorn wars”, que se emitirá este venres 10 de novembro ás 20:30 h no Centro Cultural, foi sen dúbida unha película revelación no panorama da animación española no ano 2022.

Curso formativo para persoas coidadoras de familiares con demencia en Oia

A Aula de Novas Tecnoloxías-Biblioteca do Concello de Oia acollerá a actividade “Coidados compartidos: curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neuroexenerativa”, que comezará finais de mes.

Tomiño presenta á Consellería de Infraestruturas o seu Polígono Agroindustrial Transfronteirizo

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron este luns en Pontevedra un encontro de traballo no que a rexedora tomiñesa explicou de primeira man á responsable da Xunta o proxecto do Polígono Agroindustrial Transfronteirizo.

A obra “Hugo” para público familiar visibiliza o autismo cunha actuación na Guarda

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as...

O Rosal abre o prazo de inscricións para o campamento de Nadal

O Concello do Rosal prepárase un ano máis para organizar o campamento de Nadal para que os máis cativos da casa “poidan gozar das vacacións escolares cunha morea de actividades lúdicas e educativas e axudar a rosaleiros a conciliar a vida familiar e laboral”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A traxectoria vital de Francisco Sánchez recollida nunha exposición en Tui

A Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui acolle unha exposición dedicada á figura do egrexio médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento, o 16 de novembro de 1623, na cidade francesa de Tolosa.

O Rosal prepárase para celebrar o seu Mercado de Nadal

O Rosal prepárase para festexar o Nadal. O Concello abrirá o vindeiro luns 6 de novembro ás 09.00 horas o prazo de inscrición para participar no tradicional Mercado de Nadal.

Tomiño continúa co traballo da mesa de convivencia de agro e veciñanza

O Concello de Tomiño continúa avanzando na convivencia de agro e veciñanza coa celebración dun encontro da mesa de traballo integrada por representantes de diferentes eidos.

A praza de Abastos de Tui permanecerá pechada o luns, martes e mércores polo traslado dos posto á zona frontal

Nos próximos días comezarán as obras de reforma da Praza de Abastos de Tui, tras ser adxudicadas nos últimos días. Durante as mesmas o obxectivo é que a execución do proxecto, que suporá unha actuación integral no espazo, poida compatibilizarse na medida do posible coa actividade de venda no propio mercado.

Unha unidade móbil de doazón de sangue chega ao Rosal este luns 6 de novembro

O Rosal comeza o mes de novembro cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 6 á disposición de todas aquelas persoas que queiran deixar a súa pinga de solidariedade.