Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A rúas de entrada do Camiño Portugués en Tui locen bandeirolas de benvida as persoas que peregrinan

As rúas de entrada ao conxunto histórico de Tui, concretamente a rúa Sanz e un treito da rúa Seixas locen dende hai varios días diversas bandeirolas co obxectivo de dar a benvida aos peregrinos que chegan ata Tui polo Camiño Portugués. Foron instaladas pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui.

Cine ao aire libre con ‘Cuñados’ o próximo mércores na praza do Maio de Tabagón, O Rosal

O próximo mércores día 11 a praza do Maio de Tabagón convertérase nunha sala de cine ao aire libre. Ás 22.00 horas comezará a proxección de “Cuñados”, unha comedia liderada polos galegos Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, e Federico Pérez. A entrada é de balde, pero debe reservarse a través da web do Concello.

A Biblioteca Municipal de Tui acolle os graffitis da exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década”

Ao longo do mes de agosto o Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, acolle a exposición "Xuventude Crea. Máis dunha década" que recolle unha escolma das obras participantes neste certame.

Aprobadas as subvencións a entidades sen ánimo de lucro do Rosal

O Concello do Rosal acaba de aprobar as subvencións por concorrencia competitiva ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolven algún proxecto social no municipio.

‘O país das bandas’ ofrece mañá concertos en Salvaterra de Miño, Mos e Oia

O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega este sábado a Oia, Mos e Salvaterra de Miño.

Portos de Galicia mantén pechado o peirao do ferri A Guarda-Caminha dende o día 27 de xuño

O día 23 de xuño o patrón do ferri Santa Rita de Cassia detectou un escoramento anormal na plataforma de atraque do transbordador entre A Guarda e Camiña, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da estrutura.

Contacontos e música tradicional este sábado no Rosal

O Rosal continúa co seu verán cultural cheo de actividades. O próximo sábado ás 20.00 horas a praza do Calvario acollerá ao contacontos “Xan das Ondas”, e ás 21.00 h a Asociación Folklórica Corisco ofrecerá unha actuación de danza tradicional.

Deputación e Concello de Tui melloran a seguranza das estradas Cerquido-Ribadelouro e Rebordáns

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a deputados provinciais e integrantes da corporación municipal, percorreron onte as estradas EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro e a EP-3001 en Rebordáns para coñecer de primeira man as actuacións de mellora de seguridade viaria.

“Estamos no Verán” chega á Guarda a vindeira semana

A programación do verán continúa na Guarda na vindeira semana con “Estamos no Verán”, actividades deseñadas para o público infantil e que terán lugar no Auditorio de San Benito.

Música este sábado en Loureza e Pedornes para celebrar San Mamede

Oia encherase de música o próximo sábado, coincidindo coa celebración de San Mamede, patrón das parroquias de Loureza e Pedornes. No marco desta festividade, o Concello programa senllas actividades: Loureza acollerá a actuación da Banda de Música da Vertula, mentres que en Pedornes terá lugar un concerto solidario de Antonio Seijo.

As subvencións Ágora 2021 permitirán recuperar espazo público no Baixo Miño

As ‘Subvencións Ágora 2021’ permitirán recuperar preto de 100.000 metros cadrados de espazo público para as persoas gañándollo aos coches.

Tabagón súmase ao compostaxe

A veciñanza do Rosal está mostrando unha grande acollida polos composteiros individuais (COINs) que reparte o Concello. Antes da posta en marcha desta estratexia, Tabagón soamente tiña unha implantación dun 16 % , pero durante o mes de xullo máis da metade dos veciños (51,22 %) adquiriron un COIN.