O proxecto de humanización da Avenida de Portugal no tramo comprendido entre a vella Ponte Internacional e o cruce coa N-550 continúa avanzando na súa tramitación. En concreto a Dirección Xeral de Patrimonio resolveu autorizar as obras do Proxecto de construción de adecuación e mellora da seguridade viaria na estrada N-551 pk 1+400 a 1+850 coincidente coa traza do Camiño Portugués de Santiago coas condicións e consideracións técnicas indicadas no informe.
O novo skatepark de Tomiño, un dos maiores da provincia e situado na Alameda de Goián, acollerá este sábado a súa primeira competición deportiva. O novo espazo, inaugurado a fin de semana pasada, acollerá a deportistas de todas as idades dentro da xornada Eruptiom Jam.
O Centro Sociocultural de Pedornes acollerá, o próximo 6 de outubro, unha presentación dirixida a persoas usuarias e representantes de traídas veciñais na que se dará a coñecer o proxecto para a posta en marcha dun Plan Municipal de Mellora do Abastecemento Autónomo, no que actualmente xa se está a traballar.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo a súa programación de actividades do “Mes da biblioteca” cunha nova sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario.
A 15K Atlántico Banco Mediolanum contou este ano no alto do podio con Manuel Lorenzo, na categoría masculina, e a Rocío Rodríguez Oliveira, na feminina, como os gañadores dunha proba na que participaron máis de 500 atletas.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha entre este mes de outubro e novembro novas accións formativas presenciais e gratuítas no marco do proxecto “Labora 2020”, que se desenvolverán nos concellos de Pontevedra, Vigo, A Guarda, Cangas e Lalín.
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrará o vindeiro xoves, 7 de outubro, no concello do Rosal un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica.
O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, despediuse hoxe domingo no concello pontevedrés do Rosal, co concerto da Agrupación Musical de Vincios.
Seis concellos da provincia contarán con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais grazas á aceptación, por parte da Xunta de Goberno da Deputación, dunha achega do IDAE que ascende a 387.900 euros.
O Concello do Rosal aprobará este venres 1 de outubro en pleno a declaración das festividades locais para o vindeiro 2022. A primeira das datas elixidas como festivo para o próximo ano será o venres 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro.
Xa está aberto o prazo de inscrición para a III Carreira de Orientación da Eurocidade, que se celebrará o domingo 24 de outubro, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.