22.1 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Deputación lanza novas accións formativas do proxecto "Labora 2020" na Guarda

    A Deputación lanza novas accións formativas do proxecto “Labora 2020” na Guarda

    A inscrición para os tres novos itinerarios, destinado a mellorar a empregabilidade entre as persoas de colectivos máis vulnerables, está aberta na web provincial

    A Deputación de Pontevedra pon en marcha entre este mes de outubro e novembro novas accións formativas presenciais e gratuítas no marco do proxecto “Labora 2020”, que se desenvolverán nos concellos de Pontevedra, Vigo, A Guarda, Cangas e Lalín. Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está destinado á inserción das persoas máis vulnerables e ten por obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade na provincia.

    En concreto, o programa está dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas ou comunidades marxinadas e outros colectivos desfavorecidos.

    Este mes de outubro comeza o itinerario formativo de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, nos concellos de Pontevedra e Vigo. Trátase dunha acción de 632 horas e que permitirá ás persoas beneficiarias formarse para traballar como auxiliares de axuda a domicilio, asistentes de atención domiciliaria o como coidadores/as de persoas maiores con diversidade funcional ou persoas convalecentes no domicilio.

    En Vigo desenvolverase tamén o itinerario Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, cun total de 482 horas de formación para as ocupacións de coidador de persoas con diversidade funcional e persoas dependentes en institucións. O terceiro dos itinerarios, de Docencia da Formación Profesional para o Emprego, terá lugar nos concellos de A Guarda, Cangas e Lalín, iniciarase en novembro e consta de 412 horas. A actividade permitirá ás persoas beneficiarias converterse en formador/a de FP non regrada e formador/a para o Emprego. As inscricións nestas actividades deben realizarse a través da web da Deputación (https://www.depo.gal/labora-2020) e as persoas interesadas poden informarse tamén nos teléfonos 986 804 100 (extensión 40846) ou no correo electrónico labora2020@depo.es.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS