15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiAnxo Moure presenta o contacontos “Pes de Lobo. Un lobo na biblioteca”...

    Anxo Moure presenta o contacontos “Pes de Lobo. Un lobo na biblioteca” este mércores en Tui

    Será ás 18 h na Biblioteca Municipal. É preciso inscrición previa

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo a súa programación de actividades do “Mes da biblioteca” cunha nova sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario. Así este mércores, 6 de outubro, ás 18 h presenta o espectáculo “Pes de lobo. Un lobo na biblioteca” a cargo do narrador oral Anxo Moure. Esta actividade está dirixida especialmente aos nenos e nenas con idades entre 4 e 11 anos de idade. Os interesados en participar deben inscribirse no presencialmente na Biblioteca Municipal de Tui ou no seu correo electrónico biblioteca@tui.gal.

    Anxo Moure leva dende o ano 1989 contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan, escribindo estas historia e sendo un dos referentes da narración oral en Galicia.

    Nesta ocasión o contacontos Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar as nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia, nunha aposta polo coñecemento da contorna con apoio de esculturas de Lomarti, artesanías de Martola, Paz Castro, Brais Moure, pegadas de loba en arxila e ouveos de loba.

    Este espectáculo que promove o que deben facer os nenos e nenas no seu día a día para salvar o bosque dos contos. Como sempre un xeito moi ameno de aprender valores tan importantes como o respecto e o coidado do noso planeta.

    Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, con esta nova proposta de animación á lectura a Biblioteca Municipal tudense continua avanzando na súa programación arredor do “Mes do libro” cun abano amplo de propostas para todas as idades, que contribúan a facilitar un achegamento ao mundo do libro e a lectura dun xeito divertido e que busca a consolidación dos hábitos lectores entre a poboación tudense.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.