O Rosal despedirá inverno con 10 propostas culturais para o desfrute de toda a veciñanza. O Concello presentou hoxe a axenda para febreiro e marzo cunha oferta moi variada que inclúe teatro, cine, danza, deporte, regueifas e conferencias.
O Concello da Tomiño organiza un concurso de debuxo escolar co fin de sensibilizar e implicar á poboación do municipio sobre a transcendencia da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) adoptados polas Nacións Unidas no ano 2015 co fin de erradicar a pobreza, fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza.
A partir das 00.00 horas de maña, sábado 12 de febreiro, estarán abertas as inscricións para a novena edición da Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña, organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI.
Onte a Eurocidade celebrou o décimo aniversario da súa creación cun acto solemne nun lugar emblemático na fronteira coma a antiga Alfândega de Valença. Aí tivo lugar o descubrimento dunha placa conmemorativa, que posteriormente será colocada na vella Ponte Internacional, e a sinatura dun protocolo de cooperación coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O Rosal rematará o vindeiro sábado 12 de febreiro ás 11.00 horas no Centro Social Polivalente as súas “Xornadas de Enerxía” coa charla “Consumo comunitario e alternativas enerxéticas sostibles” do consultor Xosé Manuel Golpe.
Zona Franca de Vigo e Concello de Tui poñen en marcha os estudos que permitirán desenvolver un novo parque empresarial na parroquia tudense de Ribadelouro, mediante a firma dun protocolo de actuación entre o delegado do Estado, David Regades; e o alcalde, Enrique Cabaleiro.
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de impulsar a habilitación do novo local do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Mondariz e a creación do ecoparque infantil O Sobreiral, no Concello do Rosal, ao abeiro das axudas da orde para a mellora de infraestruturas e equipamentos de uso público do ano 2021.
O Concello de Tui vén de pór en marcha un novo servizo de recollida de papel e cartón porta a porta co obxectivo de contribuír á reciclaxe destes produtos por parte dos establecementos comerciais, hostaleiros, e a industria local. Con esta iniciativa búscase por unha parte axudar aos e ás comerciantes e hostaleiros na separación e reciclaxe dun material coma o papel e cartón, do que xeran importantes cantidades nos seus negocios.
Desde o inicio da pandemia o Concello da Guarda leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos da Covid-19 nas actividades económicas da vila.
O Concello do Rosal acaba de convocar tres bolsas de emprego, unha de peón de servizos varios, unha de auxiliar no fogar e unha de oficial de servizo varios. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que con “elas poderemos garantir a estabilidade destes servizos e asegurar que sexa continuado nestas áreas tan importantes para o funcionamento diario do Concello”.
Facer o Camiño Portugués a Santiago será unha experiencia aínda máis gratificante a partir do ano próximo. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinaron o convenio do plan Reacciona Pontevedra (ReacPon) para a humanización das rúas Antero Rubín e Coengo Valiño.
O Concello de Oia porá en marcha unha “Aula Mentor” nas instalacións da aula de novas tecnoloxías que se está a crear na antiga biblioteca, situada nos baixos do consistorio. A través desta iniciativa a veciñanza poderá beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online: formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.