Nunha situación estraña como a que estamos a vivir, cómpre reinventarse e buscar solucións adaptadas á nova realidade en todos os eidos. A cultura e as letras, as nosas letras, non son unha excepción e por iso este ano, O Rosal celebrará o Día das Letras Galegas dun xeito diferente, máis virtual que nunca e coa colaboración da Agrupación Musical do Rosal.
A empresa rosaleira 'Depósitos Coballes' tamén quere achegar o seu gran de area para axudar a paliar as situacións de emerxencia social facendo unha importante doazón de alimentos ao Concello do Rosal, produtos de primeira necesidade que irán destinados a aquelas familias máis vulnerables.
Dende o inicio do estado de alarma hai xa 45 días, un equipo coordinado de voluntarios e voluntarias de Protección Civil está traballando man a man co Concello do Rosal para poder atender todas as necesidades que van xurdindo con motivo da crise sanitaria e das medidas e protocolos de prevención do COVID-19, tanto para axudar no día a día á veciñanza para facerlle máis levadío a corentena como para dar resposta as emerxencias sociais, que aumentaron de xeito significativo co confinamento.
O Concello do Rosal continúa a propoñer novas iniciativas para facer o tempo de confinamento na casa máis levadío para toda a familia. Este venres 24 ponse en marcha un novo xogo, nesta ocasión dirixido máis especificamente a toda a poboación infantil do municipio. Trátase de #eudebuxonacasa, un xogo de debuxo pensado para que nenos e nenas recollan nas súas ilustracións como é o seu día a día durante este tempo de corentena en casa.
Continúan crecendo as propostas colgadas na plataforma ‘#euquedonacasa’ do Concello do Rosal para desfrutar en familia deste tempo de confinamento con actividades sinxelas e divertidas, pero tamén para dar resposta a algunhas das dúbidas en materia de emprego, de medidas de protección de contaxios por COVID-19, axudas económicas ou de impostos autonómicos que foron xurdindo nas últimas semanas.
O sexting consiste en compartir de forma voluntaria mensaxes, fotos ou vídeos de contido sexual a través aplicacións de mensaxería móbil ou das redes sociais, unha práctica que se está disparando na corentena e que creceu de forma importante entre a xente máis nova durante este tempo de confinamento. Unha práctica de risco, dado que moitas veces ese contido pode ser compartido sen permiso.
O Concello do Rosal segue atendendo ás persoas máis vulnerables no escenario de excepcionalidade que se está a vivir pola crise sanitaria e traballando para cubrir as necesidades que van xurdindo a raíz do confinamento forzoso. Por este motivo, o Concello pon a disposición de persoas adultas que se atopen en situación de vulnerabilidade pola crise sanitaria por COVID-19 un servizo de reparto de comida a domicilio.
A loita contra o COVID-19 continúa. A todas as medidas preventivas adoptadas nas últimas semanas o Concello do Rosal acaba de engadir a desinfección de vehículos municipais e de persoal sanitario encargado das atencións domiciliarias con ozono, un dos desinfectantes máis potentes e eficaces, que se fixo este mércores na Praza do Calvario.
O Concello do Rosal xa ten a súa disposición os case 18.000 € da nova liña de axudas extraordinarias posta en marcha pola Deputación de Pontevedra para facer fronte ás novas continxencias causadas pola pandemia do COVID-19 e dar resposta rápida ás necesidades básicas da veciñanza que se atopa nunha situación de maior vulnerabilidade a causa da crise sanitaria.
O Concello do Rosal agradeceu hoxe "o gran traballo" que está a facer o persoal encargado da recollida de lixo durante estes días de crise sanitaria, "cun grande esforzo pola súa parte e cunha grande implicación profesional pero sobre todo social e humana para que o resto da veciñanza poda levar esta situación da mellor maneira posible".
Ante o comezo da cuarta semana de confinamento provocada pola crise sanitaria do COVID-19 e ante a case total certeza de que o Estado de alarma vaise prolongar, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís quixo enviar unha mensase "de agradecemento e ánimo no meu nome e no de toda a Corporación" a toda a veciñanza.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.