Martes, 13 Maio de 2025

O Rosal

O Concello do Rosal asina a súa entrada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) será o encargado de velar pola legalidade urbanística e o control das posibles infraccións que se cometan neste eido no Concello do Rosal. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa do Rosal, Anxela Fernández, asinaron onte o convenio en virtude do cal O Rosal súmase ao listado de concellos que delegan na APLU parte das súas competencias

O treito antigo da estrada provincial Tabagón-A Vila-Portecelo, pasa a ser competencia do Concello do Rosal logo da transferencia feita pola Xunta

O Consello da Xunta autorizou onte o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito antigo da estrada provincial que comunica Tabagón, O Rosal e Portecelo a prol do Concello do Rosal. Trátase dun treito de 290 metros lineais na marxe dereita da vía provincial EP-3302, entre os puntos quilométricos 1+365 e 1+580.

O punto limpo adáptase ao horario de inverno

A partir deste mesmo martes 27 de outubro o horario de apertura do punto limpo modificarase lixeiramente para adaptarse ao horario de inverno. Dende o Concello quere agradecerse ás persoas usuarias do punto limpo os bos hábitos adquiridos durante estes últimos meses, como o de presentar os residuos ben separados e clasificados ou agrupar cantidades maiores de material para optimizar as viaxes ata estas instalacións municipais.

O Rosal retoma a súa programación cultural de outono agás as I Xornadas de Patrimonio que adíanse ao non poderse realizar as saídas de...

O Rosal reanuda esta fin de semana a súa axenda cultural de outono tomando todas as medidas de prevención establecidas polo comité clínico de Sanidade da Xunta de Galicia ante a situación epidemiolóxica. A configuración da propia axenda permite que o Concello siga apostando pola cultura dun xeito seguro, limitando aforos, realizando actividades para grupos reducidos e levando a cabo todos os protocolos de seguridade establecidos.

Arranca ‘Claqueta Violeta’, un proxecto para loitar contra a desigualdade de xénero e previr a violencia contra as mulleres

O Rosal é un concello comprometido coa igualdade que leva anos traballando en colaboración cos centros educativos para acabar coas desigualdades de xénero e tratar de educar a nenos e nenas para que rachen con roles e estereotipos. Con este obxectivo o Concello acaba de poñer en marcha ‘Claqueta Violeta’, un proxecto que se leva ás aulas esta temática para facer unha chamada á acción á mocidade.

Concello e SEA analizan as posibilidades de desenvolvemento de solo industrial no Rosal

Novos pasos de cara ao desenvolvemento industrial no Rosal. A alcaldesa Ánxela Fernández, o concelleiro Germán Rodríguez, técnicos municipais e redactores do PXOM reuníronse este mércores en Santiago de Compostela coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, nunha primeira toma de contacto para estudar as posibilidades de desenvolvemento industrial no municipio.

O Rosal incorpora dúas novas traballadoras ao persoal municipal

Dúas novas traballadoras acaban de incorporarse ao persoal do Concello do Rosal a través do programa O teu primeiro emprego da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha persoa con titulación de arquitecto que traballará durante os vindeiros meses no departamento de Urbanismo e doutra especializada en administración e finanzas que xa se incorporou ás oficinas xerais do Concello.

O Rosal prepárase para unha fin de semana chea de música, contos, circo e moito humor

O Rosal quenta motores para unha fin de semana longa para brincar sen parar. Música, contacontos, circo, teatro e moito humor encherán este sábado, domingo e luns a Praza do Calvario, a onde serán trasladadas todas as actuacións programadas para os vindeiros días aproveitando o bo tempo.

O Rosal pon en marcha o Consello Municipal de Desenvolvemento Local

O Concello acaba de poñer en marcha o Consello Municipal de Desenvolvemento Local, unha ferramenta pioneira que servirá para facer unha diagnose da situación actual do municipio e traballar nunha estratexia integral de crecemento do Rosal con accións a realizar a curto, medio e longo prazo.

O Concello do Rosal inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

O Rosal anuncia a apertura do prazo para solicitar subvencións para actividades sociais

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar as bases para as subvencións municipais a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades sociais durante o ano 2020 no Rosal. As entidades interesadas terán 15 días naturais a partir deste martes 6 de outubro para presentar a súa solicitude.

A unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o vindeiro mércores 7 de outubro

Como é habitual, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata O Rosal este mes de outubro. Será o vindeiro mércores 7, día no que o autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.