Xoves, 18 Setembro de 2025

O Rosal

Miguel Araujo e Mª Dolores Gallego vencen no Trail Muíños de Folón

Tan só tres semanas tiveron que esperar os participantes da Pontevedra Trail League 2024 para volver competir. Foi na mañá do domingo no TRAIL MUIÑOS DO FOLÓN, que daba a súa saída ás 10.00 h. cunha meteoroloxía bastante mellor do que apuntaban as previsións.

A soidade, a debate nos ‘Cafés en Igualdade’ do Rosal con Beatriz Arroyo

O ser humano é, por natureza, un ser social que precisa a outras persoas para establecer relacións persoais que xeren certo benestar. Por este motivo, a soidade non desexada pode ser un dos sentimentos máis difíciles de afrontar. Para afondar na soidade, tanto na elixida como na imposta, o Concello organiza unha nova sesión dos ‘Cafés en Igualdade’, que durante este 2024 están a percorrer os barrios rosaleiros para falar de xeito cómodo e distendido sobre temas de interese e actualidade do máis diversos.

O «Trail Adventure Muíños do Folón» quenta motores cunha participación histórica

O Trail Adventure Muíños do Folón quenta motores para celebrar unha edición de récord. Preto de 600 deportistas de máis de 14 provincias de España e do norte de Portugal disputarán o vindeiro domingo 3 de marzo unha nova edición desta carreira, a segunda proba da Pontevedra Trail League.

Os «Cafés en Igualdade» percorrerán os barrios do Rosal

O Concello retoma neste novo ano os seus ‘Cafés en Igualdade’, que deixarán o núcleo do Calvario para percorrer durante os vindeiros cinco meses os barrios e desfrutar doutros locais de hostalaría rosaleiros. O Goberno municipal trasladará así ás diferentes parroquias este programa que busca converterse nun espazo de reunión para todas as familias rosaleiras no que conversar de xeito cómodo e distendido sobre temas de interese ao tempo que se promove a conciliación familiar, laboral e persoal.

Nadal con pegada eco no Rosal

O Rosal mantén a súa aposta polo medio ambiente e a sostibilidade, tamén no Nadal. Un ano máis, veciños e veciñas das parroquias únense nestas datas para celebrar un ‘Nadal sostible’ grazas ao deseño e elaboración dunha orixinal e enxeñosa decoración realizada con diferentes materiais naturais e de refugallo.

O alumnado rosaleiro descobre de forma interactiva a Axenda 2030

O Concello do Rosal continúa traballando para achegar á veciñanza á Axenda 2030 e deseñar un plan de acción propio coa implicación do tecido asociativo, económico, educativo e social rosaleiros.

Último “Café en igualdade” do ano no Rosal

O Rosal despide o ano cunha nova cita cos seus ‘Cafés en Igualdade’, un espazo de reunión para todas as familias rosaleiras no que conversar sobre temas de interese de xeito cómodo e distendido, ao tempo que se promove a conciliación familiar, laboral e persoal.

Unha viaxe para experimentar a realidade dos campamentos saharauís

O Rosal xa está de volta tras a súa primeira visita aos campamentos saharauís de Tindouf, en Arxelia.

Equipos do Baixo Miño, premiados no Campionato Nacional de Futbolín

Grandes sensacións tras a participación de oito equipos e dezaseis xogadoras e xogadores do Baixo Miño no XXVI Campionato Nacional de Futbolín Presas EVO 2023 que se celebrou no multiúsos Lalín Arena.

‘O Principiño’ protagoniza o concerto de Nadal da Agrupación Musical do Rosal

O espírito festivo entra con forza no Rosal esta fin de semana da man da Agrupación Musical do Rosal, que ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, un espectáculo para público familiar cheo de luz, imaxes, son e sorpresas que conquistará a todos os asistentes.

Esta fin de semana volven escoitarse os ‘Ecos do Nadal’ no Rosal

O Nadal continúa no Rosal con moita música. Este domingo 10 de decembro, o auditorio municipal será o escenario do XIII Concerto Coral ‘Ecos do Nadal’, unha das actuacións máis agardadas nestas datas festivas por rosaleiros.

O Concello abre unha enquisa sobre participación e necesidades socioculturais no Rosal

O Concello do Rosal está levando a cabo un Estudo de participación e necesidades culturais da veciñanza co obxectivo de coñecer as necesidades culturais, de lecer e de participación da veciñanza para facilitar a toma de decisións neste campo.