Xoves, 3 Xullo de 2025

O Rosal

O Rosal lanza un vídeo para destacar o gran valor artístico e histórico da igrexa de Santa Mariña

O Concello do Rosal continúa a pór en valor o seu patrimonio con varias accións. Onte publicou un vídeo promocional para destacar a riqueza artística e histórica da igrexa de Santa Mariña, un templo con aires barrocos e que coa súa impoñente figura domina a praza do Calvario do concello.

O Rosal realizará unha importante reforma no pavillón municipal para facelo máis accesible

O Concello continúa traballando para converter O Rosal nun municipio máis inclusivo e accesible en todos os eidos. O Goberno local aprobará este xoves 3 (20.30 h) en pleno unha modificación de crédito para continuar coas obras de renovación do pavillón municipal.

A Praza do Calvario do Rosal será reformada ao abeiro do Plan ReacPon da Deputación

A transformación da Praza do Calvario para convertela nun espazo amable para as persoas, cun marcado carácter peonil e accesible será unha realidade grazas ao Plan ReacPon da Deputación, o plan de recursos extraordinarios destinados aos concellos que a institución provincial puxo en marcha para reactivar a economía da provincial.

O Rosal continúa coas súas formacións contra a violencia de xénero

O Concello do Rosal continúa coas súas formación contra a violencia de xénero. Esta fin de semana rematou o curso de autodefensa para mulleres que organizou en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

O Rosal afonda sobre a enerxía solar da man de Francisco Hinojosa

O Rosal continúa a vindeira semana coas súas ‘Xornadas de Enerxía’, unhas charlas organizadas polo Concello protagonizadas por conferenciantes de relevancia nacional e internacional que teñen por obxectivo abordar asuntos relacionados cos diferentes tipos de enerxía, modos de consumo, modelos alternativos, sostibilidade...

O Rosal dá un paso máis cara á sostibilidade apostando polas enerxías renovables

O Concello continúa dando pasos para converter O Rosal nun municipio o máis sostible posible. Nese camiño, no que se aposta polas enerxías limpas e renovables, o Concello aprobou este xoves en pleno extraordinario unha modificación orzamentaria para abordar a substitución das actuais caldeiras da Casa do Concello e da Escola de Pancenteo por unhas de biomasa.

Comeza a transformación do núcleo urbano do Rosal

Comeza a reforma integral da Praza do Calvario e da súa contorna, un proxecto transformador co que o Concello do Rosal recuperará espazos públicos de calidade para a veciñanza.

A alcaldesa do Rosal reúnese co conselleiro de Sanidade dada a precarización da atención primaria no municipio

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández relatou a precaria situación da atención sanitaria no municipio nunha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantida onte pola mañá.

O Baixo Miño volve saír á rúa para denunciar a grave situación da sanidade na comarca

O mércores, no Rosal, O Baixo Miño volveu saír a rúa para denunciar a grave situación da sanidade da comarca e esixir solucións. Foi a primeira dunha rolda de concentracións que organiza a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para denunciar o deterioro que está a sufrir a atención primaria nos centros de saúde da comarca

O físico Antonio Turiel, protagonista da primeira charla das Xornadas de Enerxía

O Rosal dá este venres o pistoletazo de saída ás súas ‘Xornadas de Enerxía’, unhas charlas organizadas polo Concello protagonizadas por conferenciantes de relevancia nacional e internacional que teñen por obxectivo abordar asuntos relacionados cos diferentes tipos de enerxía, modos de consumo, modelos alternativos, sostibilidade...

Comeza a transformación da estrada que une Tabagón, As Eiras e Goián

O Rosal xa comezou a transformación da estrada que une Tabagón, As Eiras e Goián. Esta semana iniciáronse os traballos de execución da primeira fase de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-3303.

O Rosal imparte un curso de autodefensa para mulleres

O Concello do Rosal vén de abrir a inscrición para participar nun curso de autodefensa para mulleres que ten por obxectivo dotar a todas as asistentes das ferramentas necesarias para poder afrontar e defenderse ante situacións violentas.