Luns, 18 Agosto de 2025

A Paradanta

O CAAN da Deputación rescata 28 cachorros de catro camadas en Salvaterra, A Cañiza e Meaño

Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nas últimas dúas semanas a un total de 28 cachorros, pertencentes a catro camadas, nos concellos de Salvaterra, A Cañiza e Meaño. As crías, cuxas idades oscilan entre o mes e os dous meses, estanse a recuperar nas instalacións da Armenteira, precisamente na nova zona de maternidade que estreou a principios do mes de agosto.

O PP da Cañiza reclama ao Goberno local que garanta a limpeza dos colexios

O Partido Popular reclama ao Concello da Cañiza, e ao seu alcalde, Luis Piña, que garanta a limpeza dos colexios de acordo cos protocolos de adaptación ao contexto da COVID e acabe coa incerteza que está xerando entre as familias. O voceiro do PP, Miguel Domínguez, di que as nais e os pais están pedindo que se responsabilice xa da limpeza dos centros de ensino e deixe de poñer escusas.

A Deputación abre o prazo de inscrición para a terceira Depoandaina que percorrerá o Val das Fadas na Cañiza

Tras o éxito das dúas primeiras Depoandainas, a Deputación de Pontevedra abriu este luns 31 de agosto o prazo de inscrición para a terceira e última das rutas programadas para este verán. Nesta ocasión as persoas participantes percorrerán o Val das Fadas, no concello da Cañiza, o domingo 20 de setembro.

Os catro concellos da comarca da Paradanta reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 18.899,01 euros aos catro concellos da comarca da Paradanta coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Os concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo e Crecente beneficiaranse destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Detectado un positivo pola Covid-19 en A Cañiza

Un total de 49 persoas –sete brigadas, seis condutores de motobomba e dous axentes ambientais– están confinadas tras a súa identificación como contactos estreitos dun traballador do servizo de defensa contra incendios forestais do distrito XVII (O Condado-Paradanta), que traballa na zona da Cañiza (Pontevedra), e que deu positivo por COVID-19

Continúa a programación de verán en Arbo con dúas sesións de cine

Os días 27 e 30 de agosto na Praza Consistorio e cun protocolo adaptado con todas as medidas de seguridade e hixiene acordes cos tempos que estamos a vivir. Dentro das actividades que o concello de Arbo, organiza este ano dentro do verán cultural adicados a veciñanza e os visitantes e que non supoñen risco de aglomeracións e donde e obrigatorio estar sentados e manter a distancia de seguridade, e o cine, polo que renunciando a un veran cultural como en anos anteriores donde o cartel anunciaba actividades diversas e para todos os públicos, este ano o cine prevalece.

Arbo inicia as obras de mellora do Pavillón Polideportivo Municipal

O Concello de Arbo iniciará a segunda segunda fase das melloras no Pavillón Polideportivo Municipal logo do convenio asinado, o pasado 15 de xuño, entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os traballos mellorarán a cuberta, deteriorada co paso dos anos, e que permitirá frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o momento.

O Concello de Arbo adxudica a segunda fase das obras de mellora do camiño Urzal-Cividade

O Concello de Arbo, adxudica a contratación da segunda fase das obras de ensanche e mellora do camiño de Urzal–Cividade a traves da plataforma de contratación do Concello. Os traballos, que daran comezo nas vindeiras semanas, realizaránse sobre un treito do camiño existente no lugar de Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executou o ano pasado a súa primeira fase.

A Xunta estende o programa Cultura no Camiño + a preto de 150 municipios, entre eles Arbo e Salceda de Caselas

O circuíto da Xunta Cultura no Camiño + celebra ata o 15 de outubro a súa oitava edición, nunha versión ampliada que estende a súa programación a 149 concellos de toda Galicia no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da Covid-19. Todos eles son beneficiarios das subvencións convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo para a contratación de espectáculos profesionais galegos ao abeiro deste programa, que volve contar co patrocinio de Gadis.

Adxudicadas as obras de mellora no Parque Empresarial

Co fin de colaborar no desenrolo económico e social de Arbo e facilitar unha ubicación ordenada das actividades económicas, proxéctase a creación dun Parque Empresarial no municipio. Para o desarrolo desta iniciativa, o I.G.V.S e o Concello de Arbo asinaban un convenio de colaboración no ano 1999.

Arbo adopta medidas preventivas fronte á COVID-19 contratando os servizos dun camión atomizador

A Concello de Arbo, vén de adxudicar o contrato de 'Servizo de desinfección mediante pulverización con camión como medida de prevención da COVID-19' á empresa que leva realizando a desinfección con camión atomizador nos últimos meses. A empresa adxudicataría conta con toda a maquinaria e os medios persoais para seguir realizando estes traballos por todas as parroquias. O custe dos produtos desinfectantes correrán a cargo do concello de Arbo e as desinfeccións serán semanais cun importe total de 15.000,00 €.

A Deputación pon en valor o centro de Crecente acondicionando a contorna do centro de saúde, colexio, residencia e pavillón de deportes

O núcleo municipal de Crecente afronta unha completa transformación grazas ás obras de mellora integral da mobilidade e accesibilidade executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados polo alcalde, Julio César García-Luengo, visitaron hoxe esta actuación, na que a institución provincial investiu 426.300 euros.