Venres, 9 Maio de 2025

A Paradanta

Arbo mellorará o pavimento e a drenaxe do vial sito en Eidos de Arriba

As obras se plantexan pola necesidade de facilitar o acceso normal de veciños e vehículos de servizo como ambulancia, bombeiros, etc, ao barrio de Eidos de Arriba. Un lugar de difícil acceso ata o momento, debido a configuración vial do núcleo actual, adaptándose o trazado existente o camiño público no que se están realizando as obras.

Rematadas as obras de acceso á igrexa en Cequeliños

O Concello de Arbo pretende seguir coa mellora da súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra, na medida das súas posibilidades.

Máis de 44.321€ de fondos propios permiten a mellora dos servizos urbanos na contorna da praza de Covelo

O goberno de Covelo completa a obra de humanización da praza Mestre Cerviño e contorna coa execución do proxecto “Instalación de servizos urbanos no núcleo urbano”.

A Cañiza instala no CEIP de Valeixe “a escaleira da igualdade”

A piques de celebrar a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Cañiza continúa coa labor de concienciación e promoción da igualdade; apostando porque a igualdade sexa un tema trasversal en todas as accións municipais.

O Concello de Arbo repartirá composteiros entre a veciñanza

O Concello de Arbo, un ano máis, vai a repartir gratuitamente composteiros entre os arbenses. Esta iniciaitva ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

A Cañiza comeza a traballar na recuperación da citania castrexa das Grades

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou onte o inicio do procedemento para a «Recuperación dos Castros Cidade de Achas e A Cerquiña» que pasa, primeiramente, pola adquisición dos terreos a través dun proceso de expropiación. O Concello acaba de asinar o inicio deste procedemento para a contratación dunha empresa redactora do proxecto de expropiación.

O Concello de Covelo reparte preto de 20.000 euros en axudas directas a asociacións e colectivos

O Concello de Covelo vén de aprobar o reparto dun total de 19.700 € de axudas nominativas a asociacións, colectivos e clubs deportivos do Concello de Covelo.

O Concello e a Asociación Érguete traballan hábitos de vida saudables co alumnado do IES A Cañiza

O Concello da Cañiza e a Asociación Érguete puxeron en marcha un programa: ODISEA para prevención de prtacticas de risco relacionada cos consumos co alumnado de Formación Profesional Básica do municipio.

Arbo recupera o desfile de comparsas

O Concello de Arbo, recupera o 27 de febreiro, despois dun ano o seu tradicional desfile de comparsas o domingo de Entroido, sempre cumprindo coas medidas sanitarias decretadas.

Arbo, Melgaço e Crecente programan o “Camiño de Santiago entre amigos”

O Salón de Plenos do Concello de Arbo acolleu a pasada semana, unha reunión entre o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, o alcalde do Concello de Crecente, Julio César García-Luengo, e o presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista Calçada Pombal, a que asistiron os concelleiros de Deportes, co obxetivo de planificar as actividades de cooperación a realizar entre os tres concellos no ano 2022.

Covelo convida a participar no seu desfile de Entroido en Maceira

A Concellería de Cultura do Concello de Covelo convida a participar no seu desfile de entroido organizado en colaboración coa asociación de veciños de Maceira.

O Pleno da Cañiza garda un minuto de silencia polas vítimas do ‘Villa de Pitanxo’

O pleno do Concello da Cañiza que comezou cun minuto de silencio polas vítimas do naufraxio do 'Villa de Pitanxo' por iniciativa da Alcaldía, derivou, segundo denuncian os socialistas cañicenses "nun envío continuado de insultos e de sonoros bicos por parte do voceiro do PP da Cañiza contra o alcalde Luís Piña".