23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloMáis de 44.321€ de fondos propios permiten a mellora dos servizos urbanos...

    Máis de 44.321€ de fondos propios permiten a mellora dos servizos urbanos na contorna da praza de Covelo

    O goberno contratou a substitución da rede de abastecemento de auga na praza e na súa contorna

    O goberno de Covelo completa a obra de humanización da praza Mestre Cerviño e contorna coa execución do proxecto “Instalación de servizos urbanos no núcleo urbano”. A boa xestión económica permite que agora con fondos propios se financien estas melloras que ascenden a un investimento de 44.321,23 €.

    Aproveitando a apertura do solo e as demolicións para as obras actuais o goberno contratou a instalación dun tramo novo de tubaxe para a renovación parcial dunha instalación de abastecemento de auga existente, a instalación dunha rede de tubaxes para os servizos de telecomunicacións e outra para os servizos de alumeado eléctricos. Deste xeito a rede aérea de servizo telefónico e de  alumeamento público quedará soterrada.

    O proxecto contempla tamén a instalación dun tramo de recollida de augas pluviais de 55 metros, a conexión ás redes existentes e colocación de válvulas nos comezos dos ramais para facilitar os posibles cortes de auga por avarías.

    Dentro da estratexia de mellora dos espazos públicos o goberno acomete estas obras que promoven hábitos de vida máis saudables e gañan espazo para as persoas. “Tentando optimizar os esforzos acometemos agora as obras de substitución de subministros e canalizacións de abastecemento para non ter que volver actuar na zona nun breve prazo de tempo. Ademais, aproveitamos para  soterrar servizos como o tendido de alumeado público e as liñas telefónicas para mellorar a estética da praza”, explica o alcalde Pablo Castillo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.