17.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboO Concello de Arbo repartirá composteiros entre a veciñanza

    O Concello de Arbo repartirá composteiros entre a veciñanza

    O Concello de Arbo, un ano máis, vai a repartir gratuitamente composteiros entre os arbenses. Esta iniciaitva ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

    O obxetivo é  por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios do compostaxe caseiro, e por outra banda, apostar pola compostaxe a fracción orgánica producida nas vivendas e  reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel, unha acción que será obrigatoria antes do 31 de decembro coa chegada do contenedor marrón.

    Entre o ano 2020 e 2021 o Concello repartiu máis de 200 composteiros entre a poboación.

    Para participar no proxecto é requisito residir no Concello de Arbo. As persoas interesadas en obter algún dos composteiros deberán solicitalo nas oficinas municipais do Concello de Arbo, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00horas e serán entregados por orden de Rexistro de Entrada.

    A elaboración de compost na casa ten moitas ventaxas, tanto medioambientais como económicas. O compostaxe permite reutilizar os refugallos que de outra maneira acabarían no colector verde convenicional e contribúe a reducir a frecuencia do servizo de recollida.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.