O Concello da Cañiza anuncia o remate das obras de sustitución e mellora das luminarias de todo o alumeado público de Achas, cun investimento total de 277.845,05 €.
Tamén quedou rematada a reforma do alumeado público nos lugares de Cebreiro e Parada de Franqueira, que se costeou con cargo ás melloras ofertadas na obra de Achas.
A reforma na parroquia de Achas contemplou o cambio de 449 luminarias de 35 W e 57 luminarias de 55 W, a colocación de dúas novas luminarias de color bronce nas contornas de O Cotosobreiro e de A Tafona, a instalación de 16 novos cadros de contadores, a reposición de 19 columnas e apoios e o despliegue de 7,7 km de cable eléctrico.
A estas cantidades hai que engadir as melloras realizadas na parroquia da Franqueira. 59 luminarias sustituidas no lugar de Cebreiro, despregamento de 630 metros de cable novo e colocación de 1 novo contador. No lugar de Parada de Franqueira colocáronse 26 novos puntos, extenderonse 329 metros de cable e instalouse outro cadro. Estas obras xunto coas executadas no lugar de Igrexa e a contorna do Santuario da Franqueira (que formaron parte das melloras ofertadas na obra de cambio do alumeado de Valeixe), completan a reforma na parroquia de Franqueira.
As obras están subvencionadas ao 100 % con fondos do Goberno de España, a través do Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético, que aporta o 80 % do total cunha axuda de 222.276,04 € e achegas da Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2020 Liña 1, que subvenciona o 20% restante cunha aportación de 55.569,01 €.
Esta renovación integral, sen precedentes no concello, dota dunha moderna instalación eléctrica á parroquia, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración. Unha luz branca máis luminosa e menos contaminante que repercutirá no aforro dos consumos enerxéticos, cumplindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea de reducir a contaminación.
O proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminarán todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado. Actualmente solo existen 2 contadores de luz, un no Freixo e outro en Randufe. Esto significa que todo o alumeado da parroquia factúrase en tipo Alzado, que se traduce nun maior coste do consumo enerxético e penalizacións nas facturas. A colocación dos novos contadores permitirá acadar un importantísimo aforro, conseguindo reducir a factura mensual en máis do 50%.