Domingo, 7 Setembro de 2025

A Paradanta

Presentada a IV edición do Trofeo BTT XCO – Concello da Cañiza 2022

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, e o presidente do Clube Ciclista “Grupeta Pan de Zarko”, Tito Ramírez, acompañados de Alberto Rodríguez, integrante da Directiva do Clube, presentaron onte pola tarde a IV edición deste evento deportivo.

O Concello da Cañiza recorda a obriga de mantes as parcelas limpas

Cumprindo co disposto no Convenio de Adhesión en materia de prevención de incendios forestais, durante este último mes dende o Concello se enviaron máis de 550 dilixencias de notificacións aos titulares de propiedades nas parroquias de Petán, Couto, Luneda, Franqueira e A Cañiza para recordar esta obriga.

O alcalde anuncia que as operadoras de telefonía móbil na Cañiza despregarán 4G e 5G

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán na Cañiza o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz.

Arbo presenta a Ruta das Minas de Ouro Romanas

A Sala de Conferencias do Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”, acollerá o vindeiro 16 de abril ás 19:00horas a presentación do díptico da “Ruta de las Minas de Oro Romanas junto al Rio Miño. As Neves y Arbo)”.

Covelo solicita a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística

O Concello de Covelo vén de solicitar a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística para traballar pola defensa e emprego da lingua galega en tódolos ámbitos, educativos, socioceonómicos, culturais, administrativos…

O Concello financiará as actividades desta tempada do Club Balonmán Cañiza

No Pleno extraordinario que se celebrará mañá 8 de abril, ás 9:00h, aprobarase por primeira vez a sinatura dun Convenio co Balonmán Cañiza polo que o Concello apoiará un ano máis a este Clube de élite da localidade cunha aportación económica de 20.000 € para esta anualidade.

Roteiro polo sendeiro do Val do Louro esta fin de semana en Covelo

O Concello de Covelo a través da concellería de Turismo convida á cidadanía a participar no roteiro que percorrerá o sendeiro Val do Louro. Será este sábado día 9 e partirá ás nove da mañá dende o cruce de Cernadela (Covelo) na estrada PO-255 km 35.

Covelo inviste preto de 40 000 € na mellora de tres casas culturais

No marco do plan de posta en valor e mellora dos espazos públicos municipais, o goberno de Covelo executou reformas e obras de mantemento en tres casas e centros culturais. Financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o Concello destinou un total de 37 226,66 €.

Covelo entrega os diplomas dos primeiros cursos do 2022

O Concello de Nigrán informa do remate do primeiro ciclo de cursos de formación do 2022 que permitiron a mellora do curriculum de persoas desempregadas e unha actualización de coñecementos dos participantes.

O Concello de Arbo reparte composteiros entre a veciñanza

O Concello Arbo continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de 50 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre a veciñanza que realizaron a súa socilitude.

Covelo urxe ao Ministerio de Transporte a conexión coa A-52 dirección Madrid

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, a través do seu grupo parlamentario no Congreso, traslada ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a inmediata redacción do proxecto que posibilite a conexión coa A-52 en Lentille na saída 282.

Volve Arbomostra como referente na Festa da Lamprea

A última fin de semana de abril (22, 23 e 24 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello de Arbo celebran un evento de gran calado que atrae a visitantes de todas partes e que ostenta o titulo de Festa de Interese Turístico Nacional.