15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboO Concello de Arbo reparte composteiros entre a veciñanza

    O Concello de Arbo reparte composteiros entre a veciñanza

    O Concello Arbo continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de 50 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre a veciñanza que realizaron a súa socilitude.

    Os  primeiros composteiros empezaron a entregarse o pasado mercores, no recinto do Punto limpo, por Raimundo Rodríguez Guntín, concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural.

    O Concello de Arbo, solicitaba novamente a SOGAMA 50 composteiros  co  obxetivo de estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

    O obxetivo é  por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios do compostaxe caseiro, e por outra banda, apostar polo compostaxe a fracción orgánica producida nas vivendas e  reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel.

    O alcalde do Concello de Arbo, detaca o gran exito do programa de compostaxe, “En total o Concello de Arbo, leva repartido 170 composteiros, 50 no  ano 2020 o e no ano 2021 un total de 120 , e dado a demanda que existia procedeuse a pedir unha nova partida, o que fan un total de 220 composteiros dende o comezo da Campaña”.

    As veciñas e veciños que reciben un composteiro do programa municipal quedan comprometidas a participar nas labores de inspección que programe o Concello a fin de comprobar o correcto uso do dispositivo entregado.

    A elaboración de compost na casa ten moitas ventaxas, tanto medioambientais como económicas. O compostaxe permite reutilizar os refugallos que de outra maneira acabarían no colector verde convenicional e contribúe a reducir a frecuencia do servizo de recollida.

    O Alcalde explicou que “a pretensión dende o Concello  é reducir a xeración de residuos dos nosos fogares, colaborando asi mesmo co medio ambiente porque  obtemos un abono natural de excelente calidade para as nosas prantas, legumes, horatalizas…”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.