13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCoveloRoteiro polo sendeiro do Val do Louro esta fin de semana en...

    Roteiro polo sendeiro do Val do Louro esta fin de semana en Covelo

    A Concellería de Turismo do concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar nesta actividade totalmente gratuíta e de cinco horas de duración

    O Concello de Covelo a través da concellería de Turismo convida á cidadanía a participar no roteiro que percorrerá o sendeiro Val do Louro. Será este sábado día 9 e partirá ás nove da mañá dende o cruce de Cernadela (Covelo) na estrada PO-255 km 35.

    Totalmente de balde, cun máximo de vinte participantes e ata esgotar prazas, o roteiro terá un trazado circular dunha duración de cinco horas para 12 km aproximadamente. Trátase dun roteiro parcialmente iluminado nun tramo de 1 km para visitar o muiño do Val do Louro. As persoas interesadas deben inscribirse no número de teléfono 654 500 652.

    Organizados  polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos)  para o ano 2022, os roteiro e as visitas guiadas ao serradoiro dos Carranos enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece as rutas do Museo Pazo da Cruz e as de observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.