Sábado, 10 Maio de 2025

A Paradanta

A Cañiza renova o seu pavillón grazas ao Plan Concellos

A parroquia de Valeixe, no Concello da Cañiza, celebrou este sábado a súa gran Gala de Patinaxe con motivo da inauguración da nova cuberta do pavillón das Touzosas, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Covelo prepara a XLI Festa do Churrasco

Volve a “Festa do Churrasco” ao campo da Feira do Concello de Covelo e con ela a boa gastronomía, a música e as ganas de celebrar en compaña o día de Santiago, patrón do concello.

Música en directo con Sindicato Verbenero este sábado na casa cultural de Paraños, Covelo

Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Covelo este sábado 16 de xullo poderemos gozar da música en directo con Sindicato Verbenero que actuará a partir das 22 horas nas pistas deportivas da Casa Cultural de Paraños.

O Concello de Covelo organiza unha actividade para os máis cativos

Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Covelo o venres día 15 de xullo, ás 20:30 horas, "Bemol, o pequeno" relatará as súas historias na praza Mestre Cerviño.

O goberno de Covelo encarga traballos de limpeza e conservación do cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos Aflixidos

O Concello de Covelo encarga os traballos de limpeza e conservación do cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos Aflixidos. Esta intervención conta co apoio da Deputación de Pontevedra que aportará unha achega de 9.034,44 euros sendo o total do importe de 11.519,20 €.

A Cañiza celebra a festividade do Cristo da Agonía

O vindeiro domingo 10 de xullo, un ano máis, como todos os segundos domingos do mes de xullo celébrase a festividade do Cristo da Agonía na Cañiza.

Coñece o río Xabriña e as súas ribeiras, este domingo en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo informa da apertura do prazo de inscrición para o roteiro do río Xabriña PRG-119 que terá lugar este domingo día 10.

Sétima cita co serradoiro dos Carranos en Covelo, ven e coñece o noso patrimonio

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar na sétima xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 3 de xullo e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.

Do venres 1 de xullo ao 4 de setembro abrirá as súas portas a piscina pública municipal de Covelo

O Concello de Covelo informa á cidadanía da apertura da pisicina pública municipal que a partir do venres día 1 de xullo e ata o 4 de setembro permanecerá aberta en horario continuo dende as 12 horas ata as 20 horas de luns a venres.

Esta fin de semana cociña en directo na Mostra de Produtos de Covelo

Como cada primeiro sábado de mes o concello de Covelo acolle a súa “Mostra de Produtos” na que poderanse atopar postos de artesanía, alimentación, agricultura ecolóxica, xoiería, moda, produtos de beleza, pulpeiro, voluntariado social e música.

A Xunta acondicionará paradas de autobús na PO-400 ao seu paso por Crecente

A Xunta acondicionará paradas de autobús na estrada PO-400, no concello de Crecente. As obras, adxudicadas á empresa COVSA por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas.

Covelo inviste na mellora da pista deportiva de Pazos

O goberno de Covelo sigue apostando polos espazos públicos de calidade e executará o proxecto de mellora da pista deportiva de Pazos que contará na súa contorna cun parque infantil e cunha zona biosaludable.