10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo acolle a IV Andaina Popular da Lamprea Seca

    Arbo acolle a IV Andaina Popular da Lamprea Seca

    O sábado 13 de agosto, entre os actos que o Concello de Arbo organiza co Gallo da Festa da Lamprea Seca, está prevista a IV Andaina Popular da Lamprea Seca. A actividade arranca ás 10:30 horas dende o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” con un percorrido de 8km e unha dificultada media-baixa e rematará na Carballeira de Turbela.

    Os interesados en participar deberán realizar as inscricións nas oficinas municipais do Concello de Arbo,  a través do correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou no teléfono 639829445 ata o 10 de agosto.

    Os participantes que acudan a este  roteiro poden participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea, degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, a Feira de artesanía e antigüidades, a actuación grupos folclóricos, charangas, inchables gratis para os máis cativos, zona de picnic con mesas e sombra… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.