Xoves, 28 Agosto de 2025

A Paradanta

Chegan as xornadas micolóxicas organizadas por Covelo Natural

“Coñecer a riqueza micolóxica que agocha o noso concello” é o obxectivo principal desta iniciativa da Asociación para o Desenvolvemento do Alto Tea Covelo Natural que organiza as XXVIII Xornadas Micolóxicas e Ambientais que terán lugar dende o mércores 16 de novembro ao sábado 3 de decembro.

Arbo presenta este venres a Festa da Lamprea en Ourense

A Festa da Lamprea cumpre este ano a súa edición número 57 e representa para Arbo unha das datas máis importantes do calendario, especialmente este ano, que acaba de ser declarada polo Goberno de España, 'Fiesta de Interés Turístico Nacional'.

Arbo mellorará tres parques infantís

Unha vez detectada polo Concello a necesidade de levar a cabo a mellora e posta en valor das áreas recreativas e parques infantís dos que dispón o Concello, e dado o interese que isto supón para os veciños deste municipio, contemplase a mellora dos parques infantís.

Últimos cursos do VI Plan de Formación de Covelo

O Concello de Covelo informa que está aberto o prazo de inscrición para os cursos de informática e contabilidade básica e limpeza industrial ennmarcados dentro da terceira fase do VI Plan de Formación do Concello.

O parque Uceira da Cañiza legalízase por completo

O pasado 31 de outubro de 2022 publicouse do Diario Oficial de Galicia nº 207 o ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación para a execución da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza no ámbito do antigo mercado de gando.

Celebración do 25 aniversario da Coral Polifónica de Arbo

O acto terá lugar o vindeiro 13 de novembro no Auditorio Multiusos de Arbo ás 18:00 horas. A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996, coa finalidade de contribuír á difusión do canto tradicional e popular.

Arbo mellorará o vial da Rocha

O Concello adxudicou as obras de mellora dun camiño municipal no lugar de Rocha en Arbo, que se financiará a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural.

Abertas as inscricións para os obradoiros de outono de Arbo

A Asociación PVG Reciclaxe Solidaria e o Concello de Arbo ofrecen obradoiros dirixidos para toda a poboación de decoración, cociña, alfabetización dixital e memoria para os meses de novembro e decembro nas Antigas Escolas de Sela.

Un magosto popular acompañará á feira de produtos de Covelo esta fin de semana

O Concello de Covelo convida a toda a veciñanza a participar na edición especial “magosto” da mostra de produtos de Covelo, Como cada primeiro sábado de mes o Concello de Covelo acolle unha cita cos produtos de proximidade, coa artesanía e coa boa gastronomía local.

A Deputación remata as obras de asfaltado na EP-5206 da Cañiza

A estrada EP-5206, que dá acceso ao núcleo rural de Luneda e que comunica os concellos de Arbo e A Cañiza, loce un novo aspecto tralas obras de asfaltado realizadas pola Deputación de Pontevedra na totalidade do seu trazado, de tres quilómetros.

A Cañiza conta cunha nova máquina varredora profesional

O Servizo de limpeza do casco urbano contará cunha nova máquina de varrer profesional de 600 L, tipo vehículo con motor a gasoil, cunha potencia mínima de 35 CV que cumple ademáis coa normativa de emisións 2016/1628/CE.

O tradicional magosto de Arbo enche a vila de castañas e chourizo

O Concello de Arbo prepara a celebración do magosto popular o próximo día 30 de outubro na Praza Consistorio.