13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloÚltimos cursos do VI Plan de Formación de Covelo

    Últimos cursos do VI Plan de Formación de Covelo

    O Concello de Covelo informa que está aberto o prazo de inscrición para os cursos de  informática e contabilidade básica e limpeza industrial ennmarcados dentro da terceira fase do VI Plan de Formación do Concello.

    O curso de informática e contabilidade básica impartirase do 12 de decembro ao 21 de decembro e durará un total de corenta horas. En horario de mañá de 09 a 14 horas e na sala multiúsos do edificio de usos múltiples do Concello, o alumnado adquirirá coñecementos de manexa de e-mail, procesador de textos, follas de cálculo, conceptos básicos de metodoloxía contable, estrutura e funcionamento dunha conta, estados financieiros, peche contable e peche fiscal ou contas anuais, entre outras materias.

    Pola súa banda, o curso de limpeza industrial desenvolverase do 1 ao 2 de decembro cun total de 10 horas de formación impartidas en horario de 09 a 14 horas na sala multiúsos e no pavillón municipal que será onde se realizarán as prácticas coas máquinas.

    Os prazos de inscrición serán ata o 30 de novembro para o curso de informática e contabilidade básica e ata o 22 de novembro para o curso de limpeza industrial.

    Co obxectivo de mellorar o currículo das persoas e a inserción laboral, o Concello pon en marcha estes novos curso despois de ter recollido a través dun proceso de participación ás necesidades formativas da veciñanza. Con isto, e analizadas as demandas do mercado laboral, o concello de Covelo realizará este ano arredor de sete cursos sumando un total de 36 cursos de formación ao longo destas seis edicións.

    As persoas desempregadas que estean empadroadas terán prioridade pero no caso de quedar prazas tamén poderán participar persoas empadroadas en activo e persoas doutros concellos. A inscrición deberá realizarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello. O Plan de Formación continuará ofrecendo novos cursos co obxectivo “de facilitar a inserción laboral, mellorar o currículo das persoas e achegar formación de balde acorde coas demandas do mercado laboral á veciñanda do concello”, explica Lourdes Enes, concelleira de Formación e Emprego.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.