Luns, 25 Agosto de 2025

Arbo

Arbo segue potenciando e recuperando o seu patrimonio histórico

O Concello de Arbo, recibe unha achega para as obras de “Mellora de pavimentación do entorno da Capela de San Pedro ”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra na Xunta Local de data 4 de decembro de 2020.

Rematadas as obras de conservación do entorno da Capela de San Xoán

Con estas actuacións, que incluíron a limpeza do ámbito, retirada da capa de formigón do entorno cércano a capela e a colocación de adoquín, colocación de bancos e dunha Varanda de protección nas escaleira de acceso peonil.

Arbo inviste preto dos 90.000 euros na mellora de viais municipais en Cequeliños

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, procedendo á reparación daquelas que están asfaltadas e pavimentando completamente as pistas que se atopan con firme de terra. Trátase de mellorar a seguridade viaria en todas as estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos, traballos considerados como prioritarios polo Goberno que preside Horacio Gil.

O Concello de Arbo renova 189 puntos de luz con tecnoloxía LED

As instalacións dos novos sistemas de iluminación teñen como finalidade mellorar a súa eficiencia enerxética, substituíndo as existentes por outras que supoñen un consumo de enerxía máis reducido e respectuosa co medio ambiente.

Arbo convoca o I certame fotográfico “Arbo, vila da lamprea – LXI Festa da Lamprea”

O Concello de Arbo convoca o I certame fotográfico "Arbo, vila da lamprea - LXI Festa da Lamprea". O obxectivo deste concurso é promover e poñer en valor a enorme diversidade de recursos naturais e paisaxísticos de Arbo. Un extraordinario patrimonio natural, cultural e patrimonial que forma parte da beleza do conxunto do termo municipal.

Un veciño de Arbo gaña o premio á Mellor Foto do Ano 2020

Rodrigo Novoa, veciño da parroquia de Barcela, en Arbo, recibía o pasado 26 de abril, na I Gala de Calidade Turística no Destino Sicted Condado-Paradanta, o primeiro e segundo premio na categoría foto diurna e o premio á “Mellor foto do ano 2020” do II Concurso Fotográfica do Condado Paradanta, con fotografías da vila de Arbo.

O Concello de Arbo inicia o reparto de trampas contra a vespa velutina

O Concello de Arbo, para frear a expansión da vespa asiática, emprendeu unha campaña de loita e erradicación deste insecto pondo a disposición dos veciños e veciñas un total de cincoenta trampas e 100 botes de cebo. O Concello que preside Horacio Gil considera frear a expansión da vespa asiática "unha tarefa prioritaria", xa que este insecto invasor incrementou a súa presenza en Galicia desde o ano 2014 .

Dous miradoiros con vistas ao río Miño en Arbo

O miradores do Bravo e a Amieira, sobre o río Miño en Arbo, son puntos estratéxicos de encontro visual coa natureza que tiveron moitas transformación ao longo do tempo.

Aberto o prazo para presentar o Cartel do Certame “Brais Alonso” en Arbo

O Concello de Arbo convoca un novo concurso de carteis con motivo da celebración da XXVI Festa da Lamprea Seca, que se celebrará os días o 7 e 8 de agosto . Este exitoso concurso denominado "Brais Alonso" vai xa pola súa oitava edición, e ten como obxectivo deseñar o cartel anunciador da festa gastronómica que se celebra no mes de agosto en Arbo.

Arbo distribuirá 50 trampas para avespa velutina

O Concello de Arbo, para frear a expansión da avespa asiática emprende novamente unha campaña de loita e erradicación da avespa velutina pondo a disposición dos veciños e veciñas de Arbo, de maneira gratuíta, 50 trampas e 100 botes de cebo, financiadas con cargos aos fondos propios do Concello.

Se somete a información pública o proxecto de mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo.

O Centro de Interpretación do viño e a lamprea de Arbo, ‘Arabo’, recibe un ano máis o distintivo SICTED

O Pasado 26 de abril de 2021, celebrouse a I Gala de Calidade Turística no destino SICTED Condado-Paradanta, evento no que se entregou, un ano máis, o distintivo SICTED –que premia a excelencia e profesionalidade de empresas e servizos turísticos– ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea 'Arabo'. O responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso, recibiu o distintivo SICTED da man do alcalde de Arbo, Horacio Gil.