Xoves, 8 Maio de 2025

A Cañiza

O pavillón municipal da Cañiza estrea vestiarios grazas á Deputación

O Pavillón Municipal da Cañiza loce xa renovados vestiarios, cuxa reforma foi financiada a través dunha achega de máis de 60.000 euros do Plan Concellos da Deputación e que hoxe visitaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Luis Antonio Gómez Piña, así como o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez e representantes da corporación municipal.

A Cañiza pon en marcha un programa de Atención Temperá

Luis Piña, alcalde da Cañiza, e Fernando González, director xeral de maiores e persoas con discapacidade da Xunta, reuníronse en San Caetano o pasado xoves.

A Cañiza celebra a II Edición do Cocido Cañicense esta fin de semana

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou onte esta II Edición acompañado do presidente do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades; da deputada provincial e concelleira de Nigrán, Raquel Giráldez; e do presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manuel Baptista.

Hoxe aprobouse o orzamento 2021 na Cañiza

Hoxe xoves, 21 de outubro, o pleno do Concello da Cañiza celebrou unha sesión extraordinaria de aprobación inicial do Orzamento de 2021.

A Cañiza celebra a II Edición do “Cocido Cañicense”

Os vindeiros 23 e 24 de outubro, A Cañiza celebra a II Edición do “COCIDO CAÑICENSE”. Un evento gastronómico promovido, impulsado e organizado conxuntamente polo Concello e polos hostaleiros da localidade

Traslado en helicóptero tras recibir o golpe dunha vaca

Unha persoa necesitou ser trasladada nun helicóptero medicalizado, na Cañiza, despois de recibir un golpe dunha vaca.

A Cañiza festexa á súa Patrona Santa Teresa

A Cañiza celebrará mañá venres a festividade da súa Patroa, Santa Teresa de Jesús. O festivo local ofrecerá ás 12:00 horas a celebración do oficio relixioso, que será unha misa (sen procesión).

O Concello da Cañiza denuncia un novo “atentado e sabotaxe” á rede de abastecemento de auga

O Concello da Cañiza denunciou ante o Cuartel da Garda Civil da localidade o segundo "atentado e sabotaxe á rede de abastecemento de augas de consumo do casco urbano". Tal e como denuncia o Concello que preside Luis Piña, o responsable do servizo de auga atopou ás doce da noite, na inspección de rutina que se realiza diariamente aos tanques, novamente saboteado o sistema eléctrico do motor dun dos pozos que da servizo á rede de abastecemento do casco urbano.

A Cañiza e Avelaíña oficializan o seu primeiro convenio

O alcalde da vila da Cañiza, Luis Piña, e a asociación Avelaíña de saúde mental, oficializaron e asinaron o seu primeiro convenio o pasado 11 de xuño de 2021.

A Clásica Álvaro Pino, un éxito absoluto

Este domingo 3 de outubro, celebrouse a 6ª edición desta marcha ciclodeportiva 'Clásica Álvaro Pino', de carácter non competitivo, organizada pola Asociación Deportiva Cultural Plan C, cun trazado de 110 km, dos cales 30 desenvolvéronse polas estradas do municipio da Cañiza.

Baiona, O Porriño, Gondomar, A Cañiza e Redondela, novos beneficiarios do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra volveu a aprobar recursos para os municipios da provincia no marco das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.

Redondela, Tomiño e A Cañiza recibirán achegas do IDAE grazas á Deputación

Seis concellos da provincia contarán con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais grazas á aceptación, por parte da Xunta de Goberno da Deputación, dunha achega do IDAE que ascende a 387.900 euros.