7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaA Cañiza celebra a II Edición do "Cocido Cañicense"

    A Cañiza celebra a II Edición do “Cocido Cañicense”

    Os vindeiros 23 e 24 de outubro, A Cañiza celebra a II Edición do “Cocido Cañicense”. Un evento gastronómico promovido, impulsado e organizado conxuntamente polo Concello e polos hostaleiros da localidade. Un atractivo culinario que ven a engadirse aos moitos activos turísticos deste Municipio que ademáis destaca pola súa especial diversidade paisaxística e a súa accidentada orografía que se pode percorrer e desfrutar grazas aos sendeiros e as rutas naturais.

    A Cañiza é terra famosa pola calidade dos seus xamóns e polos seus excelentes cocidos. Dos mellores de Galicia. Por iso e co inicio do outono, restaurantes e concello poñen en marcha esta nova edición, coincidindo coa baixada das temperaturas que é como mellor se saborea este prato único que durante décadas congregou entorno ás mesas das nosas xentes a familias e amigos. Un prato que sólo na Cañiza se converte en arte culinario.

    E o seu segredo está envolto nos aires das nosas cumes que posúen un microclima especial para o curado dos produtos do porco. Un aire frío e seco que consegue optimizar o curado e outorgar ás carnes o mellor sabor.

    Son moitos os padais que xa coñecen o noso cocido pero promovido polo Concello, os hostaleiros da Cañiza organizan esta segunda edición, esmerándose en cociñar este prato tradicional preparado con chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo,  orella,  cacheira,  lacón,  touciño e costela de  porco completado con pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo. Todo iso acompañado con pan rústico e pan de millo ou  “Bica” e regado polos viños brancos  e tintos, a gusto do cliente, da denominación de orixen Rías Baixas, tamén da Cañiza, Abelan e Eido da Fonte.

    Antes ou despois deste prato ofrecerase un  caldo servido en  tazón. E como en toda boa comida, non pode faltar a sobremesa. Arroz con leite ou leite frita e café.

    Ademáis haberá un pequeño agasallo para cada comensal.

    O Concello e os hostaleiros da Cañiza queremos convidarvos a gozar dunha agradable xornada culinaria durante este fin de semana na Cañiza. Para iso vos aconsellamos reservar en calquera dos 8 restaurantes participantes nesta II edición do “Cocido Cañicense”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.