Sábado, 5 Xullo de 2025

As Neves terá Policía Local, logo de máis dun ano desde a xubilación do último axente

0

O Concello das Neves volverá a ter un policía local. O Goberno municipal acordou que se cubra este posto que estaba valeiro dende a xubilación do anterior axente, hai máis dun ano.

O pasado día 10 de xullo, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a orde pola que se conocaba a Apertura do Proceso de selección para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia nos que se inclúe unha praza para o Concello das Neves.

Este mércores, 22 de xullo, a convocatoria saiu no Boletín Oficial do Estado (BOE),  sinalando que a praza convócase mediante oposición e engadindo que o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Mos dá conta da liquidación do orzamento de 2019 tendo logrado mudar o dato de estabilidade orzamentaria de negativo a positivo

0

O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría dos seus membros o Plan Económico Finacieiro 2020-2021 e a Dación de Conta da Liquidación do Orzamento do ano 2019 e Informe de Estabilidade Orzamentaria.

Trátase dun trámite necesario por lei e que non esixe ao Concello tomar novas medidas porque estas xa foron tomadas para ser incluídas no orzamento de 2020, e para elo incluiuse no presuposto municipal en vigor un superávit de máis de 1 millón de euros.

Sobre a liquidación do orzamento de 2019 a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declaraba esta mañá na sesión plenaria ordinaria do mes de xullo que “a situación económica deste Concello mudou para ben e as contas melloraron moi favorablemente, xa que nos últimos anos logramos reducir a débeda dos 14 aos 4 millóns de euros”.

E é que a porcentaxe actual de endebedamento bancario do Concello de Mos atópase nun 50%, cando a porcentaxe de endebedamento dun municipio pode chegar ata o 110%, cifra da que se atopa moi lonxe a administración local mosense.

A propia rexedora local recoñeceu que “desde o ano 2018 as arcas municipais non ingresan o suficiente para o que gastan, pero a pesar delo logramos reconducir a situación”. Unha das claves para facelo é que o orzamento do Concello de Mos non ten plan de inversións e, excepto a área de gasto destinada á amortización de débeda pública que ascende a 1.118.476,48 euros, os gastos relativos a realización de obras, fináncianse con subvencións de administracións supramunicipais entre as que se atopan a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Arévalo explicaba hoxe que “os datos da liquidación do orzamento de 2019 son para estar satisfeitos e demostran que a xestión económica do Concello de Mos vai polo bo camiño”. Entre os devanditos datos atópase o do Remanente de Tesourería, que pasou de -1.321.734,87 euros en 2018 a -555.093,57 euros en 2019, mellorando en nada menos que 766.641,30 euros. E a previsión é de que nun ano máis esta cifra chegue a cero.

Outro dos datos que mellorou máis que significativamente é o da estabilidade orzamentaria que pasou de ser negativo, -211.084,16 euros, en 2018; a ser positivo, +1.468.380,47 euros, en 2019.

“Estes números son para estar orgullosos”, declarou a alcaldesa, “como así tamén o é o feito de que o orzamento de 2020 está a ser un orzamento cumplidor”. “Xa reconducimos bastante a situación económica do Concello e este ano remataremos de reconducila”, declarou. Así mesmo asegurou que “estes números danse porque somos un Concello que aproba o seu orzamento en tempo e forma antes de que comece o exercizo, porque realizamos unha importante contención do gasto e porque non hai servizo neste Concello que non estea licitado por concurso; polo que considero que podemos felicitarnos”.

Isto é así a pesar dos 150.000 euros que se prevé que a crise sanitaria do COVID-19 lle custe ao Concello de Mos ata final de ano. É por elo que Nidia Arévalo concluiu a súa intervención destacando que “estou moi orgullosa de que nun ano conseguiramos reconducir o gasto logrando estes resultados”.

Cinema, teatro e música, propostas para esta semana en ‘Volvemos a rúa’ de Tui

0

Cinema, música e teatro de monicreques centra a oferta para esta derradeira semana do mes de xullo na programación ‘Volvemos á rúa’. A primeira das propostas desta semana é chega da man da charanga tudense Cantos Somos que ofrecerá un pasarrúas o mércores dende ás 21 h.

Xa o xoves, ás 21 h, no Paseo da Corredoira actuarán Fantoches Baj co espectáculo de teatro de monicreques “Os romeiros do caracol”. Poderán asistir 100 persoas que poden reservar a súa entrada, de forma gratuíta, en www.enterticket.es até o xoves ás 12 h.

Trátase dun espectáculo de monicreques e música no que Inacio Vilariño, director, actor e manipular, e Carlos Quintá, músico, achégannos ás historia do camiño de San Andrés de Teixido baseándose na obra ‘Romarías e Santuarios de Galicia’ de Antón Fraguas. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos que empregan. A escenografía é un enorme caracol no que cantan e contan as lendas de San Andrés.

O venres será a quenda do cinema coa proxección do clásico ‘E.T.’ será ás 22:15 h no Paseo Fluvial. Poderán asistir 300 persoas tras reservar entrada, até o venres ás 12 h, en enterticket.es.

Por último dentro de Música na Rúa o sábado dende ás 21 h fará un pasarrúas polo centro urbano a Asociación do Traxe de Tui.

Nigrán reactiva o Consello Escolar Municipal actualizando o seu regulamento no Pleno

0

O goberno de Nigrán aprobou hoxe no pleno ordinario de xullo e co beneplácito de toda a coporación a modificación do regulamento do Consello Escolar Municipal co obxectivo de reactivalo e facelo de verdade operativo durante o vindeiro curso. Tras máis de 6 anos sen seren convocado (xaneiro de 2014) o goberno local quere poñer en marcha este órgano consultivo para consensuar, coordinar, planificar e abordar entre todos calquera aspecto que poidar ter incidencia no correcto funcionamento dos centros de Nigrán.

Así, a proposta consistíu en modificar a composición dos sete membros que constaban como de designación municipal (art.3D), deste xeito, por vez primeira figurarán de xeito expreso un dos directores dos centros de Educación Secundaria e elimínase a representación da asociación de empresarios ao entenderse que este eido xa consta ao incluírse específicamente un dos directores dos centros privados ou concertados do municipio, ao igual que se elimina un representante das asociacións veciñais ao ter ese papel as respectivas ANPAS.

Igualmente, incorpóranse dous especialistas en temas educativos de calquera dos centros de educación especial que existan no municipio (actualmente Menela, Juan María e CEE Panxón). O resto da composición de designación municipal mantense sen cambios contando sempre cun director de calquera dos centros públicos ou un representante proposto polo sindicato máis representativo do ámbito docente.

“Á vista da experiencia acumulada e coa finalidade de, precisamente, potenciar a representación do sector educativo e conseguir maior operatividade realizamos estes cambios que, de seguro, van beneficiar a este órgano”, explicou no Pleno Marina Vidal, concelleira de Educación.

A asociación Os Biosbardos pide axuda para atopar ao dono de dous cans abandoados preto da protectora

A protectora de animais Os Biosbardos vén de solicitar a axuda de calquera persoa que lles permita atopar ao dono ou dona de dous cans, un deles con ‘osos de cristal’, abandoados este mesmo luns en Ponteareas, preto das instalacións da protectora. Os representantes dos Biosbardos presentarán ante a Garda Civil a correspondente denuncia por abandono.

A cadela e o seu chachollo, duns 4 meses, atopábanse en “moi mal estado” e presentaban signos claros de deshidratación. Segundo as primeiras informacións, o cachorro ten varias malformacións e podería padecer osteogénesis imperfecta, unha enfermidade coñecida como ‘osos de cristal’ que causa unha extrema fraxilidade aos osos e dentes.

Ámbolos dous cans están a ser atendidos por un veterinario e de confirmarse que o cachorro ten ‘osos de cristal’ precisaría dunha casa de acollida para recibir coidados e seguir o tratamento que lle indique o veterinario.

Para poder facer fronte aos gastos do mesmo, a protectora solicita axuda econónica a quen poida proporcionala mediante ingreso na conta de ABANCA: ES38 2080 5435 5130 4012 3305.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca novas concentracións diante do Centro de Saúde

0

O próximo xoves, día 30 de xullo, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde da Guarda, protesta que ven provocada, segundo os organizadores, porque “os vellos problemas continúan, ou vense incluso aumentados”.

A plataforma denuncia que a falta de médicos e persoal sanitario “lonxe de solucionarse sufre novos recortes neste periodo estival o que provoca que as consultas se demoren en algúns casos ata un mes”. A esto engaden o feito da xeneralización “da teleasistencia” que consideran “altamente preocupante”.

Imaxe de arquivo das concentracións desenvolvidas na Guarda antes da pandemia da COVID-19

Estes son os motivos polos que a Plataforma reinicia as mobilizacións e chaman a todo o pobo da Guarda “a participar nelas para impedir que continúe o deterioro da sanidade pública”. A plataforma pide a todos os asistentes á concentración “que leven mascaras e que se manteñan as distancias de seguridade na concentración”.

Arranca no castelo de Soutomaior ‘Música no Ar’ un programa da Deputación que espallará a música de cámara por 14 espazos patrimoniais

A Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao programa “Música no Ar”, unha nas novidades máis ambiciosas da programación cultural deste verán. Será este martes, 28 de xuño, ás 19.30 horas, no Castelo de Soutomaior, co concerto da Orquestra Clásica de Vigo. A iniciativa, enmarcada en ‘Re-acción cultural’, o plan de 2,5 millóns de euros co que a Deputación está a espallar a cultura por toda a provincia, divulgará a música de cámara, de xeito gratuíto, por 14 espazos patrimoniais que abranguen dende castelos, como o de Soutomaior, ata mosteiros, pazos, fortalezas, espazos naturais e conxuntos patrimoniais dos concellos de Bueu, A Guarda, Lalín, O Grove, Covelo, Mondariz, Poio, Caldas, Forcarei, Baiona, Salvaterra e Agolada.

Amais de levar a música de cámara á provincia, ‘Música no Ar’ ten por obxectivos poñer en valor a “todas as persoas se dedican, con gran talento e virtuosismo, á renovación do xénero”, tal e como destacou Carmela Silva na presentación do programa. Deste xeito, actuarán no marco desta iniciativa grupos como a Orquestra Clásica de Vigo, Son Trío, Orquestra Filarmónica de Pontevedra, Orquestra 430, Alejo Amoedo e Iria Cuevas, Brais González e Beatriz Arenas.

Tralo concerto no Castelo de Soutomaior, ‘Música no Ar’ viaxará con ‘Son Trío’ este xoves, 30 de xullo, ás 21 horas, ata o Estaleiro de Bueu. Xa en agosto haberá un total de sete concertos, comezando o 5 de agosto ás 20 horas na Praza do Reló da Guarda a cargo da Orquestra 430 de Vigo e continuando o 6 de agosto ás 20 horas no Pazo de Liñares de Lalín, con Alejo Amoedo e Iria Cuevas; o 7 de agosto ás 21 horas na Fábrica de Salga do Grove coa Orquestra Clásica de Vigo; o 9 de agosto ás 20 horas no Aserradeiro dos Carranos coa Orquestra Filarmónica de Pontevedra; o 11 de agosto ás 19 horas no Castelo de Sobroso coa Orquestra Filarmónica de Pontevedra; o 14 de agosto ás 19.30 horas no Mosteiro de Poio tamén coa Orquestra Filarmónica de Pontevedra e o 16 de agosto ás 20 horas na Carballeira de Caldas coa Orquestra Clásica de Vigo.

En setembro, ‘Música no Ar’ seguirá o seu curso o día 12 ás 19.00 horas no Mosteiro de Aciveiro de Forcarei, coa Orquestra 430 de Vigo, a mesma que o 18 de setembro actuará nos Xardíns do Arquivo Histórico de Baiona ás 19 horas e o día 19, tamén ás 19 horas, no Castelo Fortaleza Dona Urraca de Salvaterra. O domingo 20 de setembro ás 18 horas terá lugar o concerto de Brais González e Beatriz Arenas no Mosteiro de Carboeiro de Silleda e o programa rematará o 26 de setembro ás 18 horas na Praza do Concello de Agolada coa Orquestra Filarmónica de Pontevedra.

O alcalde de Tui e o concelleiro de Servizos Sociais felicitaron a Leonor Martínez Gándara no seu centenario

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, felicitaron o sábado, en nome da poboación tudense, a Leonor Martínez Gándara, no seu centenario.  O rexedor e o concelleiro obsequiárona cun ramo de flores na data do seu 100 cumpreanos.

Leonor Martínez Gándara, naceu o 25 de xullo de 1920, aínda que no seu DNI figura o 16 de agosto.  Aos seus 100 anos Leonor Martínez conta con boa saúde.  Casou con Domingo Sestelo Gonzalez, que tocaba o trombón na Banda de Música Popular de Tui. Tivo 6 fillos, 3 homes e 3 mulleres, 16 netos e 21 bisnetos.   Na actualidade vive en Caldelas cunha das súas fillas, pero anteriormente residía en Baldráns. 

Nigrán arranca este mércoles o programa “A igualdade non é un conto”

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, arranca este mércores ás 20:30 en Dunas de Gaifar o programa ‘A igualdade non é un conto’, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán dende o día 29 de xullo ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

O programa, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de estado contra a violencia de xénero, pretende rachar cos prexuízos e esterotipos de xénero desde idades temperás a través da participación activa das crianzas en actividades lúdicas

Así, a primeira das actuacións co título ‘Pequeno Cabaret Infantil. Os 1001 contos revirados’ a cargo de Nelson Quinteiro Roa, terá lugar nas Dunas de Gaifar este mércores 29 de xullo ás 20:30 horas. Nun vistoso teatriño a modo de barraca de feira antiga o Mestre ‘Pedrito Mendrugo’ e a súa pulga ‘Jacinta’ actualizarán contos populares integrando a perspectiva de xénero que empodera ás súas protagonistas.

Esta mesma semana, o domingo no esteiro de A Foz (zona Nigranjazz) será a quenda de ‘Coas mans na masa’, a cargo de Felipe Díaz Valle (Caxoto contacontos) ás 20:30 horas. Ó gran Chef Caxoto sempre lle dixeron que cociñar era cousa de mulleres e desta volta proporá un menú elaborado con ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero e os micromachismos cociñados a lume lento ao longo da historia. Un prato de bo gusto onde entre risas, contos e sorpresas afinaremos o noso padal na igualdade e contra os estereotipos de xénero.

O programa continuará con diferentes espectáculos ata o 5 de setembro.

Esquerda Unida de Ponteareas continua coa súa campaña a favor da municipalización do servizo de abastecemento de auga

Esquerda Unida de Ponteareas continúa a súa labor de reclamar ao Concello de Ponteareas a recuperación da xestión directa da auga. Dende esta organización lembran que a xestión da auga en Ponteareas “está privatizada dende o ano 1989 cando se lle concedeu por primeira vez a xestión á empresa Aquagest, actualmente Viaqua”.

O feito de que neste 2020 remate o contrato coa empresa xestora, levou a Esquerda Unida a presentar xa en novembro de 2018 unha proposta para iniciar o proceso de remunicipalización. A partir dese momento Esquerda Unida comezou a explicar esta cuestión a través de notas de prensa e publicacións nas redes sociais. Agora a organización continuará con esta campaña difundindo unha serie de vídeos explicativos e materiais co obxectivo de visibilizar a necesidade de recuperar a xestión municipal da auga.

Esquerda Unida denuncia que dende que se presentou a proposta de remunicipalización, que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos que estaban naquel momento no concello, “nada se fixo ao respecto” e ao quedar a formación asemblearia sen representación no Concello “xa non se volveu a falar de remunicipalización da xestión da auga a pesares do suposto apoio a esta proposta por parte de PP, PSOE, BNG e ACIP”.

EU salienta que este feito “ven a demostrar unha vez máis que máis alá de cuestións puntuais, xestos e demais aparato, todos estes partidos comparten unha mesma ideoloxía económica que non é outra co neoliberalismo salvaxe”.

Dende Esquerda Unida lembran a importancia de que os servizos esenciais “estean xestionados de forma directa por parte das administracións públicas”. Coa privatización, aseguran, “os servizos públicos pasan a ser simplemente negocios onde o único que importa son os beneficios empresariais. Soamente coa xestión pública se pode realizar un uso eficiente tanto dende un punto de vista ambiental como dende unha mirada económica e especialmente garantindo a función social da auga”.

O operativo especial da Policía Local, co gallo do 25 de xullo, sáldase con dous condutores sancionados por condución temeraria

0

A Policía Local de Tui desenvolveu esta fin de semana un operativo de control e vixilancia do tráfico con motivo da festividade do 25 de xullo.

No operativo, iniciado o sábado pola mañá, os axentes interceptaron a un condutor que circulaba realizando trompos no terreo da nova ubicación do mercado semanal. Procederon a sancionalo por condución temeraria.

Por outra parte no servizo nocturno os axentes da Policía Local de Tui, detectaron a un condutor que circulaba co permiso de condución retirado por perda total dos puntos, e por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Por este feitos o condutor será investigado coma presunto autor dun delito contra a seguridade vial.

Horas máis tarde a Policía Local recibiu o  aviso dun veciño tras rexistrarse un accidente de circulación na rúa Calvo Sotelo. O condutor do vehículo implicado deu positivo en drogas e estupefacientes.

Por último, o domingo a primeira hora da mañá os axentes da Policía Local interceptaron a un vehículo que realizara unha arrancada na rúa Augusto González Besada, a carón das dependencias policiais. Procederon a súa denuncia administrativa por alcoholemia tras dar positivo na proba, e denuncia por condución temeraria.

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude do Bono Turístico

A Xunta abre o prazo de solicitude do Bono Turístico, unha acción impulsada a iniciativa do Clúster Turismo de Galicia, dotada con 5M€ que busca inxectar liquidez nas empresas desta industria, fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e impulsar a recuperación da economía e do tecido empresarial da Comunidade ante a crise da Covid-19. Tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), os interesados poderán presentar a súa solicitude de xeito voluntario na sede electrónica a partir de mañá e ata o 30 de novembro e a súa concesión realizarase por orde de inscrición ata esgotar o crédito correspondente.

Así pois, a iniciativa chegará a preto de 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario que traballaron en primeira liña na loita contra a covid-19. Todos aqueles que resulten beneficiarios recibirán unha tarxeta prepago de Abanca con 250€, de carácter nominativo, que poderá ser utilizada nos establecementos ou produtos turísticos adheridos a este programa ata o 13 de decembro, co obxectivo de favorecer a recuperación e reactivación do sector turístico de xeito inmediato e ata finais de 2020.

Cando a persoa solicitante resulte beneficiaria do Bono Turístico e unha vez que Abanca reciba a confirmación dos adxudicatarios, procederá á estampación da tarxeta e xestión do seu envío nun prazo máximo de sete días hábiles. Con todo, a entidade bancaria habilitará un teléfono de soporte operativo no que proporcionarán información adicional sobre condicións operativas da tarxeta e axuda en caso de perda ou roubo.

Ampla oferta de servizos

Os beneficiarios poderán consultar a oferta de produtos e servizos incluídos no Bono Turístico a través da web de Turismo de Galicia. En concreto, solicitaron a súa adhesión a este programa máis de 250 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe entre os que se atopa a práctica totalidade dos Paradores da nosa Comunidade, hoteis de cinco e catro estrelas e máis de medio cento de axencias de viaxe.

Tamén figuran máis dunha vintena de establecementos de turismo rural, balnearios e outros emprazamentos singulares como faros, pazos ou semáforos marítimos, conformando unha oferta de calidade e sustentable baseada nalgúns dos principais valores do modelo turístico galego, como son a enogastronomía, a paisaxe ou o termalismo.

Entre as opcións que ofertarán aos beneficiarios destacan produtos turísticos ou experiencias que ofrecen un desconto mínimo do 15% sobre o prezo ordinario do servizo, sumando así unha bonificación por parte do propio sector, e compren coas medidas hixiénico-sanitarias adecuadas para garantir a seguridade de traballadores e usuarios.

Medida do Plan de Reactivación

O Bono Turístico é unha medida recollida no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico, aprobado no Consello da Xunta o pasado 30 de abril. Dito plan conta cunha dotación de 58M€ para, entre outras medidas, apoiar a viabilidade do tecido empresarial potenciando a competitividade e favorecendo a súa adaptación aos novos requirimentos de seguridade sanitaria, a posta en marcha de novos produtos e solucións enfocadas ao escenario covid-19. Búscase así apoiar un sector que supón máis do 10% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia e que da emprego a preto de 125.000 persoas.

Conclúe unha emocionante 45º edición do Conde de Gondomar

0

Este domingo concluíu en Galicia unha nova e emocionante edición do Conde de Gondomar – Trofeo Banco Sabadell, disputado durante o últimos tres días en augas das Rías Baixas, escenario das 5 probas postas en liza.

Na que foi a cuadraxésimo quinta edición da competición con máis soleira do ‘Monte Real Club de Yates’, as tripulacións puideron navegar cunhas moi boas condicións meteorolóxicas que, sumadas á igualdade e calidade da frota, permitíronlles gozar dun gran campionato.

Tras a celebración das dúas primeiras costeiras o venres e o sábado, coa subida ao Carrumeiro Chico e ao  Camouco; a xornada final do domingo estivo protagonizada por dúas regatas do tipo  barlovento sotavento, de dobre volta para os barcos máis pequenos e de tripla volta para os grandes. Foron dúas probas moi disputadas, pero non cambiaron en gran medida a clasificación inicial derivada dos percorridos costeiros.

O Magical do Real Club Náutico de Vigo, liderado por Julio Rodríguez, foi o gran triunfador do 45º Conde de Gondomar – Trofeo Banco Sabadell, ao alzarse vencedor na clasificación xeral final. Con Gonzalo Araújo de táctico e unha tripulación completada con experimentados regatistas, o patrón vigués lograba volver escribir o seu nome no histórico de gañadores do Conde, que xa gañara no 2001 co  Starfisher.

[su_image_carousel source=”media: 17849,17851,17848,17846,17852,17850,17847″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

O Magical foi o vencedor da Regata Conde de Gondomar, que incluíu a subida ao Carrumeiro e os dous  barlosotas do domingo; e deixou ao Aceites Abril un ano máis ás portas da vitoria, tal e como lle sucedía en 2019. O barco dos irmáns Luís e Jorge Pérez Canal, do Real Club Náutico de Vigo; obtivo unha meritoria segunda posición e deixou o terceiro posto ao  Arroutado de José Manuel Pérez, do Real Club Náutico de Portosín, que completou tres moi boas probas levando de táctico a Javier la Gándara.

Outro dos veleiros que aspiraban ao podio neste Conde de Gondomar, o Yess Too do Monte Real Club de Yates, do armador e patrón portugués Rui  Ramada, retirado da competición o domingo por problemas no barco, tivo que conformarse con ser o gañador en tempo real da proba longa da competición, ao ser o máis rápido en completar o percorrido de ida e volta ata a mítica roca.

Na Regata  Erizana, composta pola subida ao  Camouco e dous barlosotas, o vencedor entre os  ORCs foi o  Deep  Blue 2.0 de Vicente Cid, lucindo  grímpola do Real Club Náutico de Vigo. La Burla Negra de Juan José Martínez, do Club Náutico Castrelo de Miño; e o  Fend la  Bise de Jean  Claude  Sarrade, do Monte Real Club de Yates; quedaron segundo e terceiro respectivamente.

Na competición en tempo real dos monotipos J80, o claro triunfador da competición, cun  triplete, foi o Alboroto do Monte Real Club de Yates,  patronado por Juan Ameneiro e co campión de España Javier Aguado a bordo. Asinou uns espléndidos resultados, con tres vitorias nas tres probas disputadas.

O Cansino de Fernando Yáñez logrou facerse coa medalla de prata e o bronce levoullo finalmente o Spaco de Santiago Estévez, que desbancou do terceiro posto ao Miudo de Sergio Golpe, que aspiraba a manter a terceira posición na última xornada pero que finalmente quedou fóra do podio.

Tamén competiron neste 45º Conde de Gondomar – Trofeo Banco Sabadell os Fígaros do Monte Real Club de Yates, tanto en tempo real entre eles como en compensado cos ORCs. A vitoria final foi para o Serralleiras patroneado por Patricio de Haz, ao que seguiron na clasificación o  Bouvento de Leopoldo Llorente e o Tutatis de Agustín Marquina. Nunha meritoria cuarta posición quedou o Ladeira, tripulado por alumnos da Escola de Vela do MRCYB, co adestrador David Fontán á fronte.

Na entrega de premios celebrada esta tarde no Monte Real Club de Yates participaron o presidente e comodoro do club, José Luis Álvarez e Ignacio Sánchez Otaegui; o conselleiro de  SabadellGallego, Juan Manuel Vieites; o director de Banca Privada Galicia Sur de Banco Sabadell, Pepe  Celada; o director de grandes empresas de Galicia Sur, Ramón Correa; e Adolfo García- Ciaño, director rexional de Banco Sabadell. Tamén estiveron presentes o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; a deputada de turismo da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias; e a secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Iglesias.

Coa entrega de premios aos gañadores, o Monte Real Club de Yates puxo o punto e final a unha nova edición do Conde de Gondomar, a súa competición con máis soleira, e prepárase xa para organizar a súa outra gran cita deportiva do ano, o Trofeo Príncipe de Asturias. A competición, a máis importante do club e unha do tres máis importantes de España, celebrarase os días 4, 5 e 6 de setembro, e volverá incluír, un ano máis, a entrega dos Premios Nacionais de Vela, que está previsto déanse a coñecer a finais de agosto.

As Neves mellora a conexión a Internet por medio da Wi-Fi municipal

0

O Concello das Neves continúa a mellorar as posibilidades de conexión a Internet nos edificios públicos, nas parroquias e centro urbano.

Actualmente hai conexión a internet sen fíos nun total de dez edificios municipais nos que se pode acceder a internet, a través dunha conexión Wi-Fi, de xeito libre para toda a cidadanía.

Os lugares/edificios públicos do Concello onde hai Wi-Fi actualmente son:
1. Biblioteca e Casa do Concello
2. Centro Social
3. Casa da Xuventude
4. Mercado Municipal
5. Edificio de Correos
6. Escola Infantil
7. Punto Limpo
8. Casa da Música/Centro Cultural de Rubiós
9. Centro Social de San Pedro de Batalláns
10. Centro Social de Santiago de Ribarteme.

Dende o Concello vense de realizar a unificación do nome de rede e do contrasinal de todos eles, polo que, dende agora, tanto o nome como o contrasinal da rede son AsNevesWifi. Deste xeito, unha vez gardados os datos da rede, ao estar nun destes edificio municipal con WiFi, a conexión será automática.

O Concello e a Entidade Urbanística de A Granxa acometerán a reposición da rede contra incendios do polígono

O Concello do Porriño e a Entidade Urbanística de A Granxa mantiveron unha primeira reunión para establecer como acometerán a reposición e reparación da rede contra incendios do polígono industrial que tén unha lonxitude de 5 quilómetros. Trátase de cambiar pezas nas acometidas ás naves, así como revisar o estado de bombas de achique, galerías de servizos e alumeado. 

Neste primeiro encontro, participaron representacións do goberno municipal, encabezada por Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras, e da Entidade Urbanística, co xerente David Sobral. “É a primeira vez en 20 anos do polígono da Granxa que un goberno municipal do Porriño afronta este problema de mantemento que afecta ás 260 empresas establecidas nese polígono”, manifestou Lourdes Moure ao termo da reunión celebrada no consistorio.

Segundo as recomendacións dos técnicos sobre qué actuacións habería que priorizar, unha delas sería mudar as pezas de ferro das acometidas por esgotamento da súa vida útil.

“O Concello coa colaboración da Entidade Urbanística de A Granxa, determinaremos de qué xeito pódese financiar a execución destas melloras”, manifestou a concelleira Lourdes Moure, asunto que se tratará nunha vindeira reunión.

Esgotadas en 24 horas as 200 prazas para a Depoandaina dos Muíños da Fraga en Moaña

As Depoandainas volven con forza neste 2020 esgotando en apenas 24 horas as 200 prazas para a primeira das actividades, que será a Ruta dos Muíños da Fraga en Moaña. Amais de completar o límite de prazas para participar, a andaina programada pola Deputación de Pontevedra tamén encheu a lista de agarda prevista.

Esta primeira ruta levará o 9 de agosto aos e ás participantes ata o concello de Moaña para percorrer un itinerario circular de 9,7 quilómetros e dificultade media. Coas novas medidas de seguridade derivadas da Covid-19, os e as participantes deberán desprazarse ao punto de partida da ruta, onde se lles asignará un monitor ou monitora e serán repartidos en grupos reducidos, cun máximo de 25 persoas.

Nesta quinta edición das Depoandainas a institución tamén ofrece outros dous percorridos cos que coñecer algúns dos enclaves máis emblemáticos da provincia. As camiñadas están dirixidas a todas as persoas independentemente da súa idade e contarán con 200 prazas cada unha.

A segunda das rutas levarase a cabo o 30 de agosto e transcorrerá pola Fervenza de Callobre, no concello da Estrada. Para esta andaina, as inscricións abriranse o 10 de agosto e o prazo pecharase o día 24 ás 12 horas.

A derradeira camiñada será o 20 de setembro e levará ás e aos participantes pola Ruta do Val das Fadas, no concello da Cañiza. Neste caso, a apertura do prazo para anotarse comezará o 31 de agosto e pecharase o 14 de setembro ás 12 horas. Para poder realizar estas actividades será preciso inscribirse previamente no sitio web da institución (www.depo.gal).

As Depoandainas son un programa gratuíto da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo fomentar hábitos de vida saudable e a promoción do turismo, no marco do decidido compromiso da institución provincial co Medio Ambiente. Este verán as Depoandainas enmárcanse en “Vive Deporte”, unha iniciativa da institución provincial que ten programadas entre xullo e setembro unha trintena de rutas, andainas e actividades de orientación.

Irlanda e Senegal compartirán escenario en Ponteareas nunha nova edición de ‘Algazara Danzando entre Culturas’

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba e o grupo Algazara de Celeiros veñen de presentar unha nova edición de ‘Algazara Danzando entre Culturas’ que terá lugar o domingo día 2 partir das 22 horas no parque da Feira Vella co patrocinio do Concello ponteareán.

De cara a poder manter a distancia de seguridade e cumprir coa normativa sanitaria, os grupos ofrecerán os seus espectáculos de danza cunha parte reducida do seu elenco. Pola súa banda a Agrupación Folclórica Algazara de Celeiros sinalou que as actuais circunstancias da pandemia global impediron que, como é habitual, grupos doutros países estiveran en Ponteareas polo que o cartel o compoñen “grupos afincados en Galicia que promoven a cultura doutros países como Irlanda ou Senegal”.

Afincados no Baixo Miño os senegales Mbolo Mooye Doole (‘a unión fai a forza’ no idioma wolof), nacen en terras galegas coa xuntanza de artistas na sua maioría senegaleses fai seis anos atrás, de aí o seu nome, para transmitir a arte da música e da danza africana .

Creado polo músico senegalés Alou Tama e por Vanessa Kamara promoven a música e a danza africana nos distintos obradoiros, concertos e espectáculos que ofrecen en Galicia e Portugal.

Andoa Trío Folk é unha fantástica banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa e a galega. Os compoñentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta e gaita galega), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así como noutros xéneros musicais que van dende o reggae ao jazz, entre outros ritmos.

Como banda teñen compartido escenario con Xabier Díaz, Talabarte, Güintervan, Backwest (Irlanda) ou Harmónica Creams (Xapón) e a nivel persoal teñen participado en festivais da talla do “Festival Intercéltico de Lorient”, ou no “Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira”. Nesta ocasión ANDOA porá música en directo ao grupo de danza irlandés de Edel Duff.

Por último, actuarán os organizadores de ‘Danzando entre Culturas’, a Agrupación Folclórica Algazara “que xurdíu a partires dunha xuntanza de mozos e mozas co afán de conservar a nosa tradición no folclore, tanto na danza coma na música, aló polo mes de novembro de 1997”, explican os seus compoñentes. Os membros da agrupación repártense entre as seccións de baile, gaita e pandeireta e as respectivas escolas, con idades comprendidas entre os seis e os setenta anos.

Alfombristas de Ponteareas participan en Santiago no deseño de tres tapices florais na honra do Apóstolo

A asociación ponteareá Corpus As Monxas, como membro da federación da Asociación Galega de Alfombristas de Arte Efémera, participou activamente durante a noite do día 24 de xullo na elaboración de tres tapices florais na honra do Apóstolo, un acto que contou coa presenza dos reis de España.

Unha expedición de 15 alfombristas de Ponteareas, acompañou aos alfombristas de Burela, Bueu, Rianxo, Moaña, Cangas, Redondela, Gondomar, Miño, Ames, Cela, Cerponzons e Mazaricos para confeccionar estas tres marabillas que enxalzaron o día do Apóstolo e o Dia de Galiza.

Debido ás obras na catedral, os tapices realizáronse na contorna de San Martiño Pinario, onde se representaron os instrumentos do pórtico da gloria, o apóstolo Santiago presidindo o altar maior da catedral e un concerto floral de verán.

[su_image_carousel source=”media: 17830,17829,17831″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Nestas artísticas alfombras utilizáronse multitude de flores e elementos naturais, onde se incluíron os típicos utilizados en Ponteareas, como o mirto, a mimosa, o perfil de caperuza de eucalipto e outros, que se mesturaron cos que utilizan habitualmente outras delegacións dos distintos pobos, coa innovación do uso de cunchas de zamburiña de Ribeira tratadas con vinagre dá a ribeira Sacra.

“É unha honra participar nestas actividades que plasman as nosas tradicións e os nosos costumes, e que esperte o interese dos visitantes” indicou o representante da asociación, que sinalou estar “orgulloso de todos e todas as alfombristas e en especial dos nosos compañeiros ponteareáns, que tras toda a noite confeccionado as alfombras, recibiron a felicitación e o interese dos reis Felipe e Leticia”.

Unha vez mais Ponteareas esta en os grandes acontecementos do alfombrismo representativo do Corpus, para mostrar ao mundo a beleza e dedicación dun municipio referente mundial á hora de falar de arte floral.

Nigrán abre o luns o prazo para solicitar axudas á compra de libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021

0

O Concello de Nigrán abre o prazo do 27 de xullo ao 14 de agosto para solicitar axudas municipais á adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2020/21 (publicado no BOP de hoxe). Coma en anos anteriores, a contía máxima é de 65 euros por cada neno e mantense o requisito indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2020-2021.

O prazo para presentar as solicitudes é do 27 de xullo ao 14 de agosto (ambos incluídos) mediante cita previa no teléfono 986.365.000 no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán.

Os beneficiarios deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido (computan os 6 últimos meses de ingresos, de enero a xuño).

Nigrán ofrece un concerto íntimo de Carlos Nuñez a través de ‘Cultura no Camiño’

0

O Concello de Nigrán ofrece na súa programación especial de agosto ‘Nigrán, equilibrio natural’ o concerto estelar de Carlos Núñez o sábado 15 no miradoiro de Monteferro dentro da súa xira ‘Lugares Máxicos’ e como parte do circuíto Cultura no Camiño. Será un evento cun aforo moi reducido por mor das circunstancias sanitarias e polo propio espírito destes concertos nos que o músico galego busca unha especial sinerxia entre o público e a natureza facéndoo coincidir no momento do solpor, xa que arrancará ás 20:30 horas. As entradas están á venda a través de Ataquilla cun custe de 20 euros.

“Estamos moi orgullosos de poder traer a Carlos Núñez a Nigrán e precisamente ao miradoiro de Monteferro, xuntamos ao mellor gaiteiro do mundo no que nos consideramos o mellor escenario do mundo, desta unión só pode saír maxia”, incide o alcalde, Juan González.

“Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, pero na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas…. Por iso, neste concerto cumplirei o soño de compartir esas experiencias cos meus amigos músicos e co noso querido público. Seremos unha gran familia!”, sinala o propio Carlos Núñez, quen ten tocado dentro desta xira ‘Lugares Máxicos’  en espazos tan singulares como o Mosteiro de Oseira, o Dolmen de Dombate ou a Catedral de Mondoñedo.

Co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.

Medidas de seguridade

O Concerto seguirá rigorosamente todas as medidas de seguridade Covid-19, con distanciamento entre asistentes non conviventes, direccións de entrada e saída diferentes, uso obrigatorios de máscaras… Recomendando a organización encarecidamente chegar ao concerto con antelación suficiente para evitar calquera aglomeración, polo que o recinto estará aberto desde unha hora antes.

Arbo realiza unha mellora no Parque Empresarial

0

Co fin de colaborar no desenrrolo económico e social de Arbo e facilitar unha ubicación ordenada das actividades económicas,  proxectase a creación dun Parque Empresarial no municipio. Para o desarrolo desta iniciativa, o I.G.V.S e o Concello de Arbo asinaban un convenio de colaboración no ano 1999.

Na primeira fase é preciso realizar unha serie de melloras das infraestruturas existentes, para evitar a súa absolencia, co obxetivo de conseguir a mellora competitiva do solo empresarial, como elemento dinamizador da economía e do emprego local.

Actualmente as beirarúas atópanse en mal estado, polo que é preciso a súa reparación. Realizarase o saneo nas zonas máis deterioradas, a demolición dos tramos en asfalto, e extendido dunha solera de formigon nas zonas nas que se carece da mesma e o extendido dunha capa de slurry coloreado. 

O orzamento das obras ascenden a 27.687,20 €. – Para acometer estas obras o Concello de Arbo, recibe unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Enerxía e Minas  con data 2 de xullo de 2020 ao abeiro da orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á  habilitación e mellora de infraestruturas dos parques Empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Carmela Silva subliña a “brutal” acollida cidadá á forte aposta da Deputación pola reactivación cultural na provincia

A desbordante acollida da cidadanía a aposta da Deputación de Pontevedra pola reactivación cultural ao longo de todo o territorio da provincia vén a amosar, como subliñou hoxe a presidenta Carmela Silva, que a institución “está acertando coa súa amplísima programación para este segundo semestre”. A presidenta provincial cualificou de “brutal” a demanda de cultura por parte da sociedade, que ven de esgotar practicamente todas as prazas ofertadas nos distintas actividades “que tiveron unha espectacular resposta do público. A Deputación, engadiu, é sen dúbida a administración pública que máis actividade cultural está a achegar nesta provincia, levando proxectos a cada recuncho porque todas as persoas teñen dereito á cultura vivan onde vivan”.

Carmela Silva subliñou o feito de que esta actividade cultural está a achegarse a concellos “que se non fora por estas propostas non podería desfrutar da cultura”. Só durante o verán, están programadas 13 actuacións nas comarcas de Deza-Tabeirós; 12 no Salnés; 11 en Pontevedra; 14 en Vigo; 8 no Morrazo; 8 no Baixo Miño e 14 na comarca do Condado-A Paradanta. “Son ducias e ducias de actividades _manifestou_ como nunca tivo acontecido nesta provincia. Porque o noso obxectivo é levar á cultura a todos os lugares e a todas as persoas, así como apoiar ao sector, que realmente o está a pasar moi mal. E nós non podemos permitir que caia”.

Case todos os proxectos postos en marcha teñen todas as prazas esgotadas” como o programa ‘Re-Acción nos Castelos’, con 14 actividades, e para os que tan só quedan unhas poucas prazas nos concertos do 31 de xullo e 11 de agosto; ou o de Música no Ar, co aforo esgotado nas actividades que tiñan obrigada reserva previa. Tamén apuntou o éxito das propostas de Musigal, con seis concertos xa celebrados este mes e outros 34 previstos ata decembro.

Este respaldo da cidadanía vese tamén nas actividades “de deporte sostible”. Xa están esgotadas as 200 prazas (tamén as da lista de agarda) da primeira das Depoandainas ofertada, que se celebrará o 9 de agosto polos Muíños da Fraga en Moaña. No que se refire ao proxecto ‘Bosques Terapéuticos’, están esgotadas as 450 prazas das 30 rutas programadas por cinco parques forestais. Tamén as listas de agarda.

Volve o teatro con ‘Prendendo Butacas’

Carmela Silva deu a coñecer tamén hoxe os contidos da iniciativa coa que a Deputación recupera o teatro tralo Covid-19 para achegalo a todas as comarcas da provincia “e a concellos de todas as cores políticas, sempre co criterio de que os recursos cheguen a todos os veciños e veciñas, sen importar por quen estean gobernados”. Deste xeito, ‘Prendendo butacas’, enmarcado na programación ‘Re-Acción Cultural’, ofrecerá dez actuacións noutros tantos concellos entre outubro e decembro, a cargo de compañías profesionais da provincia.

Deste xeito, Vila de Cruces (comarca do Deza) acollerá a actuación de Educa Teatro, coa función ‘Carapuchiña vermella’, mentres que A Estrada (Tabeirós-Terra de Montes) será escenario da proposta de Butaca Zero titulada ‘Camiños’. Doutra banda, A Feroz porá en escena ‘Afterparty’ en Cuntis (Caldas); A Panadaría a obra ‘Elisa e Marcela’ na Illa de Arousa (O Salnés); Viravolta Títeres ofrecerá ‘Todos ao balcón’ en Moaña (O Morrazo); Tanxarina Títeres ‘A galiña azul’ en Vilaboa (Pontevedra); Ibuprofeno Teatro amosará ‘O mel non caduca’ en Mos (Vigo); Isabel Blanco, Silvia Penas e Mariana Carballal ofrecerán ‘Literarias’ en Oia (Baixo Miño); Baobab Teatro levará ‘Mai Mai’ a Mondariz (O Condado) e, por último, Coperactiva ofrecerá o espectáculo ‘Rosalía’ na Cañiza (A Paradanta).

A presidenta destacou que as obras que protagonizarán estas compañías abordan temas como “o medio ambiente, a igualdade ou a diversidade”, de xeito que se achegará “teatro con valores, porque o teatro ten unha enorme capacidade de transformación”. Os espectáculos abordan diferentes formatos como a performance, a lectura dramatizada, o musical ou o teatro de monicreques e algunhas das propostas están dirixidas de xeito especial ao público infantil. “Non faltarán o humor, a transgresión e, sobre todo, a creatividade destas compañías”, subliñou Carmela Silva. A Deputación, como explicou a presidenta da institución provincial, ten elaborado un protocolo cunha serie de recomendacións de aplicación para todos os eventos culturais que realizará nas comarcas.

Ponteareas convoca novas axudas aos clubs deportivos

A Concelleira de Deportes, Nahir Covelo, deu conta dunha nova convocatoria de axudas aos clubs deportivos de Ponteareas por importe de 50.000 euros, mantendo así a cifra dos últimos anos a pesares da crise do coronovirus que obrigou ao Concello a destinar centos de miles de euros para facer frente a esta pandemia mundial.

“En momentos tan complicados como o que estamos a vivir é necesario aínda mais confirmar o noso compromiso e apoio a todas as entidades deportivas de Ponteareas pola importancia da labor que realizan, especialmente no deporte de base”, manifestou a concelleira de deportes.

A convocatoria de axudas, que sairá publicada no Boletín Oficial da provincia nos vindeiros días, ten como finalidade apoiar o esforzo dos clubs que están tratando de dar continuidade á actividade deportiva coas debidas medidas de seguridade sanitaria para evitar posibles contaxios do coronavirus

Poderán presentar solicitude de axudas os clubs deportivos sen ánimo de lucro de Ponteareas que estén legalmente constituídos

As bases son esencialmente as mesmas da última convocatoria de 2019 polo que facilita a súa tramitación por parte dos clubs.

O Concello da Guarda felicita ao Sporting Guardés polo seu ascenso a Preferente Sur

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, ven de facer pública a súa felicitación ao club Sporting Guardés polo recente ascenso á categoría Preferente Sur. A concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, salientou “o esforzo e traballo realizado por toda a entidade”.

Magallanes, amais de felicitar aos xogadores “artífices deste desexado ascenso”, agredeceu “o traballo desenvolvido polo equipo técnico e a Xunta Directiva deste club”.

O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxio pola COVID19

0

O Concello de Tui fai un especial chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxios pola COVID19. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así o expón facendo especial fincapé na celebración de eventos privados ou públicos. Indica o rexedor que “estamos observando que os contaxios estanse producindo na realización de eventos, tanto de carácter público como privado, que supoñen a congregación dun determinado número de persoas”. Por este motivo fai un chamamento á responsabilidade dos organizadores deste tipo de eventos solicitando “moita cautela, sobre todo a aquelas concentracións familiares, xa que calquera tipo de concentración de persoas supón un risco serio e moi elevado de contaxio, sobre todo se non se gardan as normas establecidas”.  Engade o rexedor tudense que os eventos públicos son os máis preocupantes. Nese senso lembra que requiren de autorización municipal, declaración do compromiso do cumprimento dos protocolos para evitar o contaxio pola COVID19 ou de seguro de responsabilidade civil. Advirte o rexedor que dende o Concello se vai ser moi estritos con aqueles eventos que non estean autorizados, polo que darán aviso ás forzas de seguridade para que inspeccionen e fiscalicen calquera evento que se celebre nun espazo público para que cumpra coas normas establecidas.

Ao tempo dende o Concello de Tui faise un chamamento tamén á responsabilidade individual de cada un de nós para o uso de máscara, lembrando a súa obrigatoriedade, e para gardar a distancia de seguridade establecida.

O PSOE de Tomiño propón ‘a casa do Sacana’ para dar resposta ás futuras necesidades do consultorio de Goián

0

O xoves 23 de xullo, cun mes de retraso, celebrouse Pleno ordinario no Concello de Tomiño no que se aprobou a adhesión a rede Ágora impulsada pola Deputación de Pontevedra. No Pleno debatéronse dúas mocións presentadas polo Partido Popular e polo BNG respectivamente sobre a sanidade e o Consultorio médico de Goian. As socialistas renunciaron a presentar unha moción propia datada no mes de xuño e votaron favorablemente a ambas poniendo enriba da mesa unha proposta para as futuras necesidades do Consultorio de Goián como é a ubicación do mesmo no inmoble recén adquirido coñecido como ‘a casa do Sacana’. Violeta de Santiago e Mirta Misa consideran que é unha ubicación idónea “pola súa centralidade e accesibilidade e sin supor ningún desembolso extra as arcas do Concello”.

Tamén se tratou unha nova modificación de crédito, neste caso para financiar diferentes obras, que as socialistas entenden necesarias. Entre outras figuran a creación dunha aula de estudo na Casa da Cultura na que a voceira socialista manifestou as súas dúbidas sobre a futura operatividade da mesma así como da distribución dos 50.000 € de orzamento da mesma.

Por outra banda as concelleiras socialistas móstranse moi satisfeitas de que por fin, “atenda as súas sucesivas peticións da necesidade de cambiar o céspede do Campo Municipal do Regatiño”. Este céspede conta con arredor de 14 anos, superada con creces a sus vida útil, e é causa de lesións continuadas nas xogadoras e xogadores. “Encontrámonos na situación de ter dous equipos ascendidos a primeira autonómica e ningún dos dous conta cun campo de fútbol axeitado , pola falta de criterio técnico deste goberno e por non establecer prioridades segundo as necesidades dos terreos de xogo”, apuntan Violeta de Santiago e Mirta Misa.

Amais, as socialistas presentaron unha moción de reivindicacións do colectivo LGTBI, que foi aprobada por unanimidade e fixeron preguntas sobre o plan de reactivación da economía, polo cambio no proxecto da praza do Telleiro de Figueiró, polo abandono do kiosko do espazo fortaleza no que se investiron 123.000 € de cartos públicos.

Asemade as concelleiras do PSOE interesáronse polas obras no entorno do Castelo de Goián, así como, por segunda vez, pola necesidade de contar cunha Ordenanza Municipal que regule os usos das terrazas hosteleras

O Goberno de Carmela Silva aproba máis de 2,5 millóns de euros para asistencia aos concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 2.614.691,19 euros en asistencia aos concellos da provincia. Tal e como informou a presidenta provincial, Carmela Silva, “destinamos 1.494.639,83 euros ao abeiro das tres liñas do Plan Concellos e aprobamos o expediente de contratación para a adxudicación das obras de conservación de firmes das estradas provinciais na Zona C, que pasa polos concellos do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun orzamento de 1.120.051,36 euros”.

No que respecta ao Plan Concellos, coa liña 1 de investimentos destínanse 181.678,17 euros a Cangas para a mellora de viarios na rúa Sartaxens (Aldán), rúa Viñal e baixada ao Rioesteiro (Hio), e na parroquia de Coiro, en Rabo da Pixota rematando no Camiño de Verín e na travesía Xosé María Castroviejo. Para Meis irán 84.000 euros para a rede de saneamento e reposición de firmes nos lugares de Silvoso e Nogueiró de Arriba. No caso de Redondela, a Deputación fai unha achega de 61.996,07 euros para o acondicionamento dos vestiarios e grada do campo de Tuimil, O Viso. Sanxenxo recibirá 255.816,64 para a construción dun centro social de Gondar, en Vilalonga.

En canto á liña 2, o goberno destina 633.871,67 euros a Cambados, A Estrada, Forcarei, Gondomar, A Guarda, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Oia, Poio e Ponteareas, para que poidan reforzar a limpeza e desinfección de espazos públicos, pagamento de mascarillas, gastos de alumeado e tratamento de residuos, así como a distintos eventos e actividades culturais, de animación, musicais, deportivos, e festas como a do Carneiro ao Espeto de Moraña. Na liña 3 de emprego apróbanse modificacións de achegas para Campo Lameiro e Tui para contratar a 25 persoas.

Conservación de firmes na Zona C

Pola súa banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou o expediente de contratación para a adxudicación das obras de conservación de firmes das vías provincias para o ano 2020 na Zona C, cun orzamento de 1.120.051,36 euros. Neste eido, Carmela Silva explicou que este contrato estaba adxudicado á empresa Nexia, pero que trala entrada en crise da firma, a Deputación veuse na necesidade de aprobar un novo proxecto. A presidenta tamén lembrou que no resto das zonas da provincia os contratos xa están adxudicados.

A zona C, que inclúe as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, abrangue as estradas provinciais que pasan por Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Cuntis. En concreto actuarase na EP 6203 Negrelos-Pedroso, EP 6306 Agolada-Cruces, EP 6408 Merza-Bascuas, EP 6504 Negreiros-Carboeiro, EP 6506 Breixa-Manduas, EP 7006 Sol-Pardemarin, EP 7017 Callobre-Ponte Ledesma, EP 7201 Cachafeiro-Silleda e EP 7203 Soutelo-Covas.

Nigrán regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia

0

O Concello de Nigrán editou hoxe un bando de carácter extraordinario que regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia do municipio ata o 15 de outubro deste ano garantindo ao mesmo tempo os dereitos dos caravanistas a aparcar (non acampar) e dos demais usuarios que acuden en turismos. Deste xeito, o Concello reserva mediante a sinalización correspondente 30 prazas de uso exclusivo de caravanas ou vehículos de similares dimensións en cinco zonas de praia (dúas áreas de Praia América, unha en Panxón e outras dúas en Patos).

“Consideramos que o turismo de caravanas é beneficioso para a propia economía de Nigrán e queremos protexer os seu dereito a aparcar nas zonas de praia, non acampar, e o facemos harmonizando o seu uso co dos demais bañistas”, indica o alcalde, Juan González, quen defende que o turismo de caravanas “está en auxe precisamente pola crise do covid-19 e é unha oportunidade máis para Nigrán que non se pode rexeitar”.

O Concello de Nigrán sinala no propio bando que as bolsas de aparcamento ao carón das praias son moi limitadas en relación ao número de persoas que se desprazan en vehículos ás mesmas, por esta razón, é preciso garantir o dereito a aparcar de todos establecendo zonas exclusivas para os de grandes dimensións e que, ao mesmo tempo, estes non ocupen o resto do espazo non destinado a eles desde as 10:00 ás 21:00 horas. “Trátase de harmonizar e regular polo interese de todos, non de prohibir”, incide González, quen aclara que “non é o mismo aparcar que acampar, xa que a acampada libre está expresamente prohibida”.

Así,  as zonas onde as caravanas ou similares teñen xa a súa zona de aparcamento exclusivo son en Praia América na zona de Fonte Seca e o Mercado Multicultural; en Panxón no Campo de Redes e en Patos nas escolas de surf e Cansadoura.

Redondela inaugura a ‘Filmoteca Galega’

0

Logo do éxito acadado polas últimas producións realizadas en lingua galega –O que arde, Longa Noite e Trinta lumes–, o Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas vén de impulsar unha iniciativa que, baixo o nome de ‘Filmoteca Galega’, busca crear un fondo propio que incluirá curtas e longametraxes, documentais e cine infantil.

O obxectivo, sinala Digna Rivas, “é seguir aumentando este fondo do cinema galego feito en galego e que Redondela, que sempre foi un referente histórico na defensa da nosa lingua, sexa tamén un lugar de referencia para o noso cinema”.

Coa posta en marcha desta ‘Filmoteca Galega’, o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, tamén anunciou a adquisición de novas películas como O que arde ou Dhogs que se poderán recoller tanto na biblioteca Xela Arias de Chapela como na Valle-Inclán de Redondela.

A posta en marcha desta Filmoteca Galega, sinala a rexedora local, “estaba prevista para o mes de maio co gallo do Día das Letras Galegas algo que a situación de alerta sanitaria impediu e que agora queremos incorporar ás actividades preparadas para o Día de Galicia”

¡Somos unos insensatos!

Hace unos meses, en este país se declaró la mayor pandemia de este siglo. Una situación que ningún habitante de esos lares recordaba, porque la famosa gripe española, aunque lleve su nombre, no se originó en España sino que por intereses políticos y económicos quedaba mejor echarnos a nosotros la culpa.

Quizás, solamente quizás, ahora pueda estar ocurriendo algo parecido y le estemos endosando el triste premio de que ésta se originó en China pero… quién sabe. Está claro que hay demasiadas mentiras en todos los lados, desde los que decían que esto era poco más que un catarro fuerte (que se lo digan a los millones de contagiados que hay en estos momentos), a aquellos que comentaban que el índice de mortalidad era muy bajo (si, hay enfermedades virales más mortíferas, pero los fallecidos y familiares de los mismos que ni siquieran han podido despedirse de sus seres queridos, seguro que no opinan lo mismo), pasando por aquellos que comentaban que aquí tendríamos un par de casos y que no pasaría nada, que tenemos la mejor sanidad del mundo (¿cuantos sanitarios infectados y cuantas personas han fallecido de otras causas por falta de medios?) y muchas más mentiras que iremos comentando en ocasiones venideras.

Hace unos meses éramos un país libre, feliz de nuestra forma de vida, con unos políticos que no estaban nunca a la altura, pero ya era algo asumido por todos. De la noche para la mañana, el Covid 19, nos devolvió de golpe a la cruda realidad: ni éramos tan libres cómo pénsamos, ni en España tenemos políticos, sino que tenemos solamente unos elementos que sólo piensan en sus propios intereses sin importar en absoluto la salud y el futuro de los españoles. Da igual el color, desde el rojo al azul, del morado al verde, pasando por el naranja, todos ellos han dejado claro cuales son sus intenciones y los bandazos que hemos ido dando durante estas semanas, nos han hecho el hazmerreir del mundo, pero lo peor de todo, han jugado con nuestro bienestar, con nuestros futuro.

No nos hemos preparado para lo que nos venía y no lo estamos haciendo para lo que pueda llegar de nuevo en el futuro, no hemos coincienciado a la gente de lo grave que es esta situación, solamente nos hemos dedicado a poners en un estado de alarma, que más bien parecía de represión, con controles constantes y recortes de nuestros derechos, con amenazas y multas y más multas, pero no hemos explicado a la población lo que todo esto estaba significando, no hemos conseguido transmitir la necesidad de una serie de medidas por nuestro bien, sólo coercitación y todo esto se está notando, porque ahora nos quieren vender una nueva normalidad y lo único que estamos entendiendo, es poder volver a tomar copas en las terrazas e ir a tomar el Sol a la playa.

Somos unos insensatos, no hemos entendido nada, esta es una situación que no habiamos vivido antes, que necesita de la colaboración de todos nosotros, tenemos que comprender que no es una broma, que está en juego la vida de miles de personas, nuestra propia salud, por lo que tenemos que mantener unas mínimas medidas de precaución para que todos podamos seguir dentro de una media normalidad. Por supuesto que nos podemos seguir relacionando con los demás, pero hay que mantener un distanciamiento físico con otras personas, no social, porque somos humanos y necesitamos relacionarnos, pero tenemos que evitar los contagioos, y no volver a las aglomeraciones, pero en ningún lugar, ni público ni privado. Debemos aprender de nuevo a respetar y a prevenir, y dejarse de normas absurdas y decir las cosas claras y si el uso de mascarillas ayudan a evitar los contagios, pues concienciar a todo el mundo de la necesidad del uso de las mismas, porque antes veía a las autoridades en las carreteras multando a todo aquel que osaba coger el coche, pero ahora no veo a esas mismas autoridades en nuestras calles, en nuestros paseos coincienciando a la gente, ni siquiera ellos mismos dan ejemplo con su uso.

Nosoros intentaremos no ser unos insensatos y seguir ofreciendo buena música a todos nuestros lectores y esta semana proponemos por un lado, la banda sonora de una de las grandes series de ciencia ficción, la de Battestar Galactia en su remake del año 2003 y con música a cargo de Bear McCreary, todo un placer audiovisual y todo un ejemplo de como es la humanidad y de su espíritu de superación y por otro lado, una recopilatorio del músico belga Johan Geens más conocido por todos nosotros con Venja, una estupenda forma de adentrarnos en su mundo musical. Espero que los disfrutéis.


Bear McCreary

Battlestar Galactica Season One

2005

‘Battlestar Galactica’ fue una serie de culto de finales de los ’70 que en el año 2003 la cada SciFi decidió recuperar, manteniendo el mismo nombre, pero con algunos cambos en el argumento y para la música contaron con Richard Gibbs y con un por aquella jovencísimo Bear McCreary sin demasiados títulos de renombre a su espalda, pero con la aureola de formar parte de un reducidísimo grupo de protegidos del gran Elmer Bernstein y a la postre sultó todo un acierto ya que creó una banda sonora espectacular par la serie, mezclando momentos electrónicos con momentos clásicos, momentos con un fundamento jazzístico con otros momentos al estilo de la mejor música celta.

Para muchos puede resultar una serie desconocida y un compositor sin demasiado renombre, aunque a algunos si le decimos que también ha participado en la serie The Walking Dead o en la película de Godzilla: Rey de los Monstruos la cosa puede cambiar un poco, pero para mí, la que sin dudas marcó su carrera fue Battlestar Galactica.


Venja

Fantasy Journeys II

2010

Johan Geens es un compositor belga y es el hombre que se encuentra detrás del proyecto Venja, el cual ya hemos mencionado en alguna otra ocasión.

Su música se encuandra dentro del llamado antiguamente estilo new age y que ahora muchos llaman chill-out.

Fantasy Journeys II es un trabajo recopilatorio donde nos encontramos temas de sus trabajos A Dash Of Soul y Rapture por lo que estamos ante un muy recomendable disco para adentrarnos en la música de éste compositor para todos aquellos que no la conocen.

Está formado por oche preciosos temas, que llevan a nuestra mente a volar par adentrarnos en un paisaje tan bello como el que muestra la foto de la portada.

A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de técnicas de poda en Salceda

A Asociación Forestal de Galicia organiza a vindeiro xoves, 30 de xullo, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas un curso de “Técnicas de poda forestal”.

Será ás 17:00 horas na área recreativa de Agoeiros. A participación nesta accción formativa é gratuíta.

A actividade vai dirixida ás persoas que compoñen as Xuntas Reitoras de Comunidades de Montes, propietarios forestais particulares, técnico/as e comuneiros e comuneiras en xeral.

Inscrición previa gratuíta necesaria nos teléfonos 986 660 864 e 618 752 220 ou en [email protected].

O domingo 26 de xullo, celebrarase o ‘Mercadillo Solidario de Conrazones’

0

Este domingo, 26 de xullo, terá lugar na Alameda da Guarda o “Mercadillo Solidario de Conrazones”, de 9:00 h a 20:00 horas.

Neste mercado poderemos atopar roupa, calzado, aveños de casa, xoguetes e libros entre outras cousas.

O importe recadado será destinado integramente á adquisición de comida para axudar ás familias do Baixo Miño en situación de extrema necesidade, familias que incrementaron en número debido ao estado de Alarma.

Nesta ocasión, a celebración deste mercado é urxente, xa que se levan meses sufrindo a falta de existencias de alimentos debido á pandemia e as familias que que reciben esta axuda, increméntanse cada día.

As Concellerías de Igualdade, dirixida por Digna Rivas, e de Xuventude, dirixida por Ignacio González, organizan as actividades de verán

0

Está aberto o prazo de inscrición para Programa municipal de conciliación para o mes de agosto e a primeira semana do mes de setembro que este ano, como medida excepcional para dar resposta ás demandas e necesidades actuais das familias do concello de Redondela, se ofertará do 3 de agosto ata o 4 de setembro.

O programa ofértase para menores con idades entre os 3 e 12 anos, cun total de 225 prazas distribuídas entre as parroquias de Redondela, salvo en Redondela onde contan co Campamento urbano.

Na súa organización e desenvolvemento seguirá a mesma liña que no mes xullo no que se están aplicando medidas excepcionais pola actual situación que tentan garantir a seguridade sanitaria para evitar risco de contaxio: máscaras na entrada, desenvolvemento e saída da actividade, cambio de actividades para garantir o menor contacto posible entre as/os participantes, distancia social nas mesas e nas actividades realizadas no interior, diminución do ratio do monitorado, desinfección diaria de material e espazos, limpeza ou desinfección de mans, sinalización de espazos…

A documentación para estes meses pode descargarse da páxina web ou solicitala en papel no edificio do Concello. A ficha de inscrición e documentación que a acompañe poderá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Redondela, ata o 27 de xullo, incluído. 

Para o mes de agosto, na parroquia de Redondela, desenvolverase como en anos anteriores o Campamento urbano, dirixido a menores con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos. A súa temporalización será do 3 ao 28 de agosto, ofertando 30 prazas semanais en quendas de cinco días.

Este ano, por motivos de seguridade das/os menores participantes e de mellora do espazo e do desenvolvemento das actividades, o Campamento trasládase ao Pavillón do IES Mendiño, onde se está a desenvolver o Programa municipal de conciliación durante o mes de xullo. Seguirá a mesma liña que este Programa no referente á organización, desenvolvemento e medidas polo COVID-19.

A documentación para solicitar participar neste Campamento pode descargarse da páxina web ou solicitala en papel no edificio do Concello. A ficha de inscrición e documentación que a acompañe poderá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Redondela, ata o 27 de xullo, incluído. 

Respecto ás actividades de verán nas praias, a semana pasada arrancou o Campamento de praia 2020 que se desenvolve nas praias de Cesantes e de Arealonga, en horario de 17:30 a 19:30 horas, de luns a venres, ata o 14 de agosto. Para participar é preciso realizar inscrición no lugar de desenvolvemento do Campamento e acudir provista/o de máscara. Na organización e desenvolvemento séguense as mesmas liñas que os campamentos no referente ás medidas polo COVID-19.

Para máis información podédesvos dirixir ao Centro de información á muller (CIM) chamando ao 986 40 80 43 ou a través do correo electrónico [email protected].

Baiona reparte 50 composteiros individuais entre a veciñanza nunha clara aposta pola compostaxe

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Rural e na aposta pola compostaxe como método de tratamento de residuos orgánicos, entregou esta semana 50 composteiros individuales cedidos por Sogama.

No ano 2019 o Concello de Baiona adheriuse ao programa de compostaxe doméstico de Sogama polo cal a entidade cedeu 50 composteiros á veciñanza , neste ano 2020 seguimos co proxecto e repartironse outros 50 máis, polo que xa levamos 100 composteiros individuales de 400 litros de capacidade e fabricados en plástico reciclado a persoas veciñas de Baiona que dispoñan dun terreo onde instalalo, polo que seguimos crecendo neste proxecto que ten tan boa acollida eliminando así gran parte dos residuos orgánicos da bolsa negra.

O obxectivo é a transformación dos restos orgánicos producidos no domicilio en compost, un fertilizante natural cunhas excelentes propiedades para seu uso no solo e a disminución dos kilos de lixo orgánico depositados no contedor verde.

Cabe lembrar que o Concello de Baiona dispón asimesmo de 3 centros de compostaxe comunitaria, ao amparo do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, ubicados no parque do barrio de Os Tendais, na rúa Burgo e no Camiño do Carme en Sabarís, que funcionan con grande éxito de participación, añadir que en breve porase en funcionamento outro centro de compostaxe ubicado xunto a Galiña Azul xa que tiñamos bastante demanda de outro máis porque os xa existentes eran poucos para cubrir ás necesidades dos veciños/as.

Galicia foi a quinta comunidade que máis turistas recibiu en xuño grazas a que o sector resiste mellor que a media española

Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira.

Segundo o INE, os establecementos hoteleiros galego recibiron un total de 56.875 turistas que fixeron 115.952 pernoitas. A Comunidade sitúase así como a quinta con mellores rexistros, por diante da súa posición habitual. Na comparativa interanual, a demanda en Galicia baixou un 86,7%, oito puntos menos que a media española, que caeu un 95%.

O comportamento dos viaxeiros neste mes amosa, ademais, un aumento do tempo que deciden permanecer en Galicia xa que a estadía media medrou un 7,6%. Ademais, a nivel de mercado, obsérvase un destacado comportamento do turismo de proximidade, xa que o mercado interno absorbe case a metade das noites hoteleiras de xuño, cando o ano pasado representaba só o 22% do total.

Desde o pasado mes de maio, coincidindo co progresivo levantamento das limitacións de mobilidade, a actividade turística en Galicia está a dar os seus primeiros síntomas de reactivación. Ademais das cifras de turistas, tamén o demostra o feito de que cada vez son máis os negocios hoteleiros que abren as súas portas. En maio reanudaron a súa actividade 225 establecementos hoteleiros, fronte aos 630 que o fixeron en xuño. Isto conlevou, un notable crecemento do número de viaxeiros pasando de 5.019 de maio a 56.875 en xuño.

Reactivación do sector

Ante a difícil situación que está a atravesar o sector turístico no actual contexto sanitario, é fundamental a colaboración público-privada. Neste sentido, a Xunta e o sector levan meses traballando en varias liñas simultáneas no marco do Plan de Reactivación do sector turístico que inclúen medidas como o Galicia destino seguro, dotado con 8M€, con accións de formación, axudas para a súa adaptación, un servizo de asesoramento e diferentes colaboracións con asociacións profesionais para impulsar novos produtos adaptados.

Tui, escenario da primeira proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

0

Este vindeiro sábado, 25 de xullo a partir das 11 horas, tui acollerá a primeira proba do ‘Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica’, que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de xullo, en Tui a partir das 11:00 horas. Esta primeira proba abre a que será a quinta edición deste Campionato que ten como obxectivo principal o fomento do deporte náutico en persoas con discapacidades físicas.

Trátase de probas de regularidade –unha mestura de competición, pericia e demostración de coñecimentos náuticos– nas que cada equipo formado por duas persoas e cunha embarcación adaptada para persoas con distintos graos de discapacidade, fai un percorrido tipo slalom de aproximadamente un cuarto de milla e no que se valora o  tempo, o correcto viraxe de boias, maniobras de atraque, maniobras de fondeo…

A Biblioteca Municipal de Tui recibe axudas da Xunta para mellorar a súa colección bibliográfica

0

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ten comunicado a resolución das axudas convocadas para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. A Biblioteca Municipal de Tui recibirá achegas nas dúas liñas de axudas convocadas.

A primeira liña de axudas, que subvenciona a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico beneficiará a Tui cunha dotación de 1.949,33 €. Con esta medida a Consellería de Cultura e Turismo pretende ofrecer aos usuarios estas novidades editoriais no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais.

O segundo programa, dedicado á mellora das coleccións bibliográficas e no caso da Biblioteca Municipal de Tui a achega será de 2.415,46 €. Estas liñas de axudas enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por mellorar é incrementar a oferta e o servizo aos usuarios destes centros, actualizando as coleccións para que as bibliotecas planifiquen as adquisicións de novidades editoriais.

Tamén no mesmo ámbito, a Biblioteca Municipal tudense participará no programa de dinamización lectora que promove a Consellería de Cultura e Turismo, cunha achega de 859,03€ quen será destinada á realización de actividades de animación á lectura no mes de setembro/outubro, dedicadas especialmente á conmemoración do 50 aniversario da inauguración da Biblioteca Pública Municipal tudense que tivo lugar no ano 1970.

Para a responsable da concellería de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, a concesión de ambas axudas unida aos fondos propios que achega o Concello nesta mesma materia posibilita que o centro bibliotecario tudense continúe mellorando a súa dotación de libros para todos os segmentos de idade da cidadanía tudense, que teñen na biblioteca un lugar privilexiado de acceso á cultura e a información ao longo destes cincuenta anos de actividade.

Nigrán colabora coa plataforma educativa solidaria, na que os profesores voluntarios axudan con clases de reforzo

0

O Concello de Nigrán colabora coa plataforma educativa solidaria creada no municipio da man de profesores xubilados e voluntarios co obxectivo de ofrecer reforzo a 29 alumnos de primaria e secundaria que non puideron seguir as clases online durante o confinamento (ben por falta de medios técnicos ou axuda na casa).

Deste xeito, o Concello faise cargo de pagar as custas dos seguros de alumado e profesorado e, ao mesmo tempo, lles fornece do material escolar que solicitaron (ata agora  libretas, bolígrafos, lápices…) e material de prevención Covid-19 (máscaras e dous dispensadores de xel hidroalcohólico a pedal e produtos de limpeza para o Centro Cultural A Camoesa e O Torreiro de Priegue, onde se imparten as clases).

“Estamos a disposición de todo o que precisen. Apoiamos todo tipo de iniciativas de carácter social e, esta en concreto, nos parece admirable: 16 profesores xubilados e voluntarios están a ofrecer altruístamente o seu tempo a nenos que requiren desta atención presencial despois de meses sen asistir a escola, paralelamente, en Camos e Priegue os seus centros culturais poñen o seu espazo para as clases, este é o Nigrán para todos que queremos promover”, incide o alcalde, Juan González.

O Rosal presenta o proxecto de renovación e mellora do seu mercado

0

O Concello do Rosal remodelará a súa praza de abastos para transformala nun centro de comercio local e de proximidade que dinamice a contorna e que conte con todas as implementacións necesarias para ser un mercado de excelencia. O Concello invita a toda a veciñanza a participar o vindeiro martes 28 de xullo a partir das 20.00 horas na presentación do proxecto de renovación e mellora no Salón de Exposicións do Concello do Rosal (baixo do Concello).

Este novo proxecto, enmarcado no plan de desenvolvemento local, é unha aposta do Concello polo comercio de proximidade e pola concepción do mercado como un punto de dinamización económica e social do núcleo urbano, promovendo actuacións que fagan o comercio local máis atractivo e competitivo, fomentando a compra de produto local de proximidade e convertendo a praza de abastos nun lugar de encontro e convivencia dos veciños e veciñas. “Queremos que o Mercado se converta nun polo de atracción para novas persoas emprendedoras, para o comercio local e para a propia veciñanza”, sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Con estas melloras o Concello da os primeiros pasos para converter a praza de abastos nun mercado de excelencia, selo outorgado pola Xunta de Galicia a aqueles mercados capaces de responder aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, a proximidade coa veciñanza e o trato personalizado.

Para acadar este distintivo de excelencia, a Xunta valorará, entre outras cousas, a mellora das instalacións do mercado, que debe ser tamén accesible; a creación e mellora dos servizos para a clientela; a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos; e a implicación e integración do mercado na vida social do concello.

Para a celebración deste acto estableceranse todos os protocolos de prevención necesarios para garantir a saúde de toda a veciñanza participante.

Gonzalo Caballero esixe á Xunta “consensuar” o inicio do curso e non “centrifugar as súas competencias cara aos directores dos centros”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe á Xunta que “consensúe” os protocolos de seguridade fronte á covid nas aulas de cara ao inicio do curso escolar, á vista do malestar xerado na comunidade educativa. “A Xunta non pode centrifugar as súas competencias cara os directores dos centros escolares”, subliñou o líder socialista en rolda de prensa, para chamar ao goberno galego a “exercer as súas competencias” no canto de tentar “evitar tomar decisións” e responsabilizarse delas.

“Os directores dos centros escolares”, recordou, “non teñen mecanismos” para poñer en marcha as actuacións debidas para evitar contaxios nas aulas. Por iso, Gonzalo Caballero incidiu en que ten que ser a Xunta a que “se faga responsable” do asunto e acorde cos equipos directivos dos colexios e institutos as medidas a tomar.

Iso si, o máximo dirixente do PSdeG advertiu de que as actuacións non poden ser “a custe cero”, senón que a Xunta ten que “reforzar” o sistema educativo, dotándoo de “máis profesionais e de máis medios” para impedir que se produzan contaxios nos centros escolares de Galicia.

Estado autonómico

En paralelo, Gonzalo Caballero destacou o “compromiso” do goberno de España co Estado das autonomías tralo acordo para iniciar o reparto dun fondo de 16.000 millóns de euros co obxecto de “reforzar a política social e os servizos públicos”.

Nesta primeira fase, apuntou, distribuiranse 6.000 millóns de euros seguindo criterios obxectivos de índole sanitaria e poboacional, nunha liña de traballo baseada na cogobernanza e no “reforzo” das autonomías.

Acordo europeo

Ademais, o secretario xeral do PSdeG sinalou o “fito” do acordo do Consello Europeo para emitir débeda conxunta no camiño de dar “unha resposta europea á crise” derivada da pandemia. “Europa avanza en modelos de gobernanza máis fortes e máis inclusivos”, valorou.

De feito, contrastou este acordo coa resposta da UE noutras crises para subliñar que, con estas medidas anticíclicas, Europa é hoxe “parte da solución” e da busca dunha recuperación “integral” que evite que a situación se converta nunha crise económica máis fonda.

Así pois, a pesares de apuntar que o escenario inicial era “máis ambicioso” que o finalmente acadado, Gonzalo Caballero apuntou que permitirá “o relanzamento da economía” na UE.

Ao fío disto, indicou tamén que é “unha boa noticia” que o marco financeiro 2021-2027 manteña a contía que recibe España para a PAC. Agora, dixo, o que toca é traballar para “potenciar e revitalizar” os sectores primarios.