A Asociación Forestal de Galicia organiza a vindeiro xoves, 30 de xullo, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas un curso de “Técnicas de poda forestal”.
Será ás 17:00 horas na área recreativa de Agoeiros. A participación nesta accción formativa é gratuíta.
A actividade vai dirixida ás persoas que compoñen as Xuntas Reitoras de Comunidades de Montes, propietarios forestais particulares, técnico/as e comuneiros e comuneiras en xeral.
Inscrición previa gratuíta necesaria nos teléfonos 986 660 864 e 618 752 220 ou en [email protected].