Luns, 9 Xuño de 2025

Máis de 300 deportistas participan este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

0

O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 26 de xuño, dende ás 10:30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición deportiva reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.

Na presentación deste campionato, que tivo lugar na casa do concello de Tui, o alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba que “para a Eurocidade Valença-Tui ser sede de cantos actos e probas deportivas se organicen é unha satisfacción. Creo que ningún lugar mellor ca este para acoller este tipo de probas” engadindo que “este carácter transfronteirizo lle da un valor engadido”.  Sinalaba Enrique Cabaleiro que “esta institución está sempre aberta e disposta a colaborar en canto eventos probas deportivas se organicen”. Remataba facendo un convite á cidadanía a “disfrutar o domingo dunha magnífica xornada de deporte”.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, reiteraba a invitación a acudir este domingo ao Pavillón Gustavo Rodríguez para presenciar esta proba. Referíase a este campionato coma “un evento consolidado” ao tempo que afirmaba que “seguiremos apostando e traballando polo kung fu e polo deporte”. Na súa intervención resaltou tamén a gran actividade deportiva que hai en Tui e na Eurocidade.

Arlindo Sousa, vareador de Desporto da Cámara de Valença, agradecía a realización deste Campionato Ibérico na Eurocidade salientando “a forza desta modalidade na rexión e na atracción para novos deportistas que se queiran sumar a este deporte”.  Desexaba que este domingo este evento “sexa unha festa das artes marciais”.

Carlos Alonso, presidente da Federación Galega de Kung Fu indicaba que este campionato aglutina o kung fu tradicional e o moderno, salientado que é “moi espectacular”. Avanzaba que a competición poderá seguirse por streaming.  Tamén se refería ao carácter integrador deste deporte porque aglutina a homes e mulleres na mesma competición, porque aglutina a diversas institucións e pola participación de deportistas de España e Portugal.

Daniel Benavides, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, salientaba coma Tui é un referente no deporte e no kung fu. Referiase tamén aos lazos de colaboración con Valença.

Mentres Eduardo Méndez Sanjurjo, director do comité organizador, agradeceu contar coa confianza da Federación para levar a cabo esta competición en Tui. Lembrou que o club Di Som conta cunha traxectoria de 40 anos, un tempo que no teñen desenvolvido 25 campionatos en Tui. Con respecto ao kung fu dicía que é “unha das modalidades deportivas máis espectaculares, cun sistema de competición no que amais dos elementos de kung fu destacan os elementos creativos e a capacidade de potenciar habilidades e destrezas do deportivo nun marco de deportividade”.

Na presentación estivo tamén Raúl Fernández, campión de España, que practica kung fu dende os 6 anos, e que conta no seu haber con 5 campionatos galegos, 3 Ibéricos e 2 de Kuo Su. Indicaba que agarda que con estes eventos “consigamos levar o  kung Fu a niveles máis altos e que consiga maior relevancia a nivel galego e nacional”.

No Campionato Ibérico deste domingo a competición está baseada en aspectos técnicos, estéticos e educativos do Kung Fu, de tal xeito que os participantes, tanto a nivel individual coma por equipos, terán que realizar tres probas: combinación de movementos libres, defensa persoal simulada e patrón de movementos previamente establecido para cada categoría. Competirán nas categorías alevín, infantil, junior, senior e vetaranos. O domingo agardan reunir a máis de 1500 persoas no público.

O Equipo de Competición de Galicia en Danza de Baiona participará na final do mundial de Dáncea “World Cup”

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Deportes, Miriam Costas Iriarte, acudiron esta mañá para despedir ao equipo de competición da Escola “Galicia en Danza” de Baiona que participarán na gran final mundial “Dance World Cup” en San Sebastián do 24 de xuño ao 2 de xullo.

Un total de 33 nenos competirán representando á súa escola e á vila de Baiona nesta gran final.

Rexedor e concelleira achegáronse ata a entrada do Parador Conde de Gondomar de Baiona, punto de saída do colectivo de bailaríns e bailarinas, para desexarlle os mellores éxitos e animalos a que gocen da experiencia ao máximo.

Competirán nas seguintes disciplinas: clásico, contemporáneo, jazz, showdance, acro e hip-hop e serán valorados por un xurado internacional especializado en cada categoría. Da semifinal que tivo lugar en Burgos o pasado mes de marzo, clasificáronse 23 coreografías resultando premiadas con: 5 medallas de ouro, 7 de prata, 2 de bronce, 9 clasificados extra, 3 bolsas (bolsa New Talent e 2 bolsas Ateneo da Danza) 5 premios entre eles: Premio ao mellor vestiario para Froita, á mellor coreografía para Kings of Birmingham, á mellor interpretación para Alice, premio do público para Cronoloxía, premio honorífico Shelley Kin á Escola por promover os valores da Danza.

Este ano, ademais a aula de competición participou tamén nos seguintes concursos a nivel nacional:

  • O 24 de abril no @globaldanceopen de Stiges, Barcelona, con 4 coreografías alcanzándose con 1 medalla de ouro, 1 de prata e 2 de bronce.
  • O 29 de abril ata o 1 de maio, no 10º trofeo de baile, no Evento Internacional de Disciplina de Baile, Vigo Portei, cos seguintes resultados: 7 medallas de ouro, 5 de prata e 5 medallas de bronce, premio á mellor coreografía grupos Mini (Integration), premio á mellor coreografía só/dúo/trío infantil (Unstoppable) e unha bolsa ao Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma.

Unha multitude de premios e galardóns que sitúan a Galicia en Danza de Baiona entre as mellores escolas de Danza galegas. Desexámoslles moita sorte.

Goméz Prado, tamén lles agradeceu que “leven o nome do noso municipio máis aló das nosas fronteiras.”.

O Concello de Nigrán leva ao colexio de Mallón a obra ‘Un becho no Colexio’

0

O Concello de Nigrán sorprendeu ao alumnado do CEIP Mallón na festa de fin de curso coa obra de teatro ‘Un becho no Colexio’, inspirada precisamente no relato gañador do I Certame Infantil de Relatos Curtos Carlos Casares, obra do alumnado de terceiro de Primaria. Este era parte do premio recollido nas propias bases, ademais dun lote de libros para o colexio, un trofeo e unha medalla para cada unha das crianzas (xa entregado previamente).

“Estamos moi agradecidos a Teatro do Ar por facer ex-profeso e en tempo record esta obra de teatro a medida do relato gañador, que foi o destes nenos e nenas; realmente é un luxo ter unha compañía como eles e uns alumnos coma vos”, indicou o alcalde, Juan González, quen asistíu á función xunto a Gustavo Garrido, secretario do Fundación Carlos Casares.

O CEIP Mallón resultou o colexio gañador deste certame convocado polo Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares co obxectivo de promover a lingua galega entre a mocidade ao tempo que se homenaxea a un dos veciños máis ilustres no 20 aniversario do seu falecemento. O Concello solicitou unha subvención á Dinamización Lingüística de Xunta para este asunto.

O concurso, dirixido a todos os colexios do municipio e con posibilidade de presentar relatos realizados en grupo, contou coa participación de 6 obras elaboradas de xeito colectivo e todas pertencentes á categoría ‘Cativos’ (nados entre o 01/01/2013 ó 31/12/2010). O seleccionado por unanimidade do Xurado como vencedor foi ‘Un becho no colexio’, firmado baixo o pseudónimo de ‘Os protectores da natureza’ e correspondente a 3 de Primaria do CEIP Mallón. Todos os relatos están pendurados na web www.nigran.es

No veredicto destacan por riba de todo “a orixinalidade da obra (unha píntega rabilonga que fala) e a propia calidade literaria, xa que se trata dunha narración fantástica chea de imaxes e cunha redacción moi fluida e traballada. Ao mesmo tempo, o relato transmite valores vinculados á concienciación medioambiental e a protección da biodiversidade no noso propio territorio, amosando neste sentido a importancia da responsabilidade individual en cada pequeno xesto da nosa vida cotiá”. Igualmente, o xurado (composto por Gustavo Garrido, xerente da Fundación Carlos Casares; Beatriz Gil, propietaria da librería ‘Paraísos de Papel’, e María Villar, xornalista no Concello de Nigrán) subliña o excelente nivel das demais obras presentadas, todas elas de gran calidade literaria, moi orixinais nas súas formulacións, apegadas a Nigrán e a nosa cultura, cheas de valores e cun perfecto manexo da lingua galega.

A alcaldesa de Tomiño reclama en París maior atención aos territorios transfronteirizos

0

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, defendeu onte en París a cooperación e a gobernanza transfronteirizas co máximo grao de participación pública. Fíxoo na segunda xornada do foro sobre fronteiras ‘Borders Forum’ organizado no marco da presidencia francesa do Consello da UE que está a reunir na capital parisina a representantes do máis alto nivel de entidades e administracións de rexións transfronteirizas da Unión.

A nacionalista participou nunha mesa redonda sobre o papel que debe xogar a mocidade e a sociedade civil na construción dos territorios transfronteirizos ao lado da presidenta da Comisión Nacional Francesa para o Debate Público Chantal Jouanno, dunha representante da Secretaría comunitaria para a Conferencia sobre o Futuro de Europa, Gaëtane Ricard-Nihoul, así como de varias persoas representantes de voluntariado cidadá en Francia, Alemaña, Bélxica e España.

Para a rexedora galega “a vida transfronteiriza é o mellor exemplo da cidadanía europea e precisa dunha maior atención por parte da Comisión e os estados da Unión”. Lembrou que o 30% das e dos habitantes da UE (150 millóns de persoas) viven próximas ás súas fronteiras interiores, o que esixe que os gobernos democráticos garantan os dereitos e faciliten a vida desa veciñanza “removendo obstáculos legais e priorizando que os fondos dedicados á cooperación cheguen directamente aos territorios e municipios das fronteiras”.

A alcaldesa de Tomiño referiuse á traxectoria de cooperación da Eurocidade Cerveira-Tomiño e a algúns dos seus proxectos estratéxicos como o Parque transfronteirizo da Amizade, subliñando a importancia estratéxica das actividades de mobilidade e intercambio da mocidade. Lembrou, neste sentido, os traballos de preparación da Axenda Urbana 2030 con participación de mocidade de entre 12 e 25 anos, o importante papel de “Voces Novas”, o Consello da Infancia e a Adolescencia de Tomiño, e os traballos da Oficina de Información Xuvenil OMIX como integrante da rede EURODESK.

No seu discurso xeral Sandra González coincidiu con moitas das manifestacións expresadas polas diferentes entidades e as case 50 persoas relatoras que tomaron parte nas sesións celebradas no ‘Borders Forum’ os días 21 e 22 de xuño na Cidade Internacional Universitaria de París, baixo a organización da Mission Opérationnelle Transfrontalière, coa colaboración da Comisión Europea, o Comité Europeo das Rexións e ESPON.

Subliñou que “as cuestións relacionadas coas fronteiras deben estar no centro das axendas políticas europeas e dos distintos estados, especialmente agora que se aplican os plans de recuperación e se inician os novos programas Interreg ou a revisión do Código de Fronteiras de Schengen”.

Fontes da DG Rexio da Comisión Europea estiman que a eliminación de 1/3 dos obstáculos que dificultan a vida transfronteiriza provocaría a suba dun 2% do PIB nestes territorios e a creación de 1 millón de postos de traballo. Neste sentido, a alcaldesa de Tomiño urxiu ou recoñecemento legal e normativo das áreas funcionais que transcenden as antigas fronteiras interestatais na Unión Europea. “Son territorios que xa existen, que son totalmente recoñecibles pola xente e que posúen instrumentos de cogobernanza e servizos compartidos”, afirmou.

Nas diferentes mesas de traballo do ‘Borders Forum’ abordouse o debate sobre se os territorios transfronteirizos deben resignarse a unha situación na que os países “se repregan sobre si mesmos e as fronteiras se reducen a meras liñas divisorias ou hai capacidade colectiva de demostrar resiliencia e de respectar as fronteiras como territorios compartidos que son fontes de progreso”.

Carmela Silva adianta as previsión dun “verán espectacular”

Será un verán “espectacular”, no que “imos superar o 2021 sen dúbida algunha e converterémonos, un ano máis, na provincia cos mellores datos turísticos de toda Galicia”. Con estas palabras, e deténdose en enxalzar o esforzo “extraordinario” do mundo local e do sector para situar á provincia na punta de lanza do turismo en Galicia, a presidenta da Deputación Carmela Silva adiantou as previsións de ocupación hoteleira que, en xullo e agosto, agardan superar porcentaxes do 70 e o 75% de media en toda a provincia. Xunto aos datos, a presidenta aproveitou a ocasión para detallar as novas campañas que a institución provincial ten en marcha da man de Correos e Renfe e presentou os dous novos workshops que este ano levarán o destino Rías Baixas a Sevilla e Bilbao.

No que se refire a xuño, os datos de ocupación turística á espera de que remate o mes “están a ser moi positivos superando xa amplamente os do ano 2021”, asegurou a presidenta. Así, Carmela Silva adiantou que, ata o momento, a media de ocupación hoteleira é do 60%  o que supón 17,2 puntos máis que os rexistrados en xuño do ano pasado. Por comarcas Vigo sitúase no 70% de ocupación hoteleira (23,6 puntos máis que no 2021), a de Caldas no 67,9% (33,4 puntos máis), a de Pontevedra no 57,6% (11,3 puntos máis), as comarcas do Condado e da Paradanta están a rexistrar o 56,2% (43,9 puntos máis que no 2021), O Baixo Miño o 55,7% (case 9 puntos máis), O Morrazo o 54,1% (son 7,5 puntos máis), O Salnés o 50,3% (8 puntos máis) e Deza-Tabeirós case o 50% (22,5 puntos máis que no 2021).

En canto aos datos rexistrados no que vai de mes en cidades e principais destinos da provincia Vigo está a situarse no 75% en canto a ocupación hoteleira (23,8 puntos máis que no 2021), Pontevedra no 74% (21,3 puntos máis que no 2021), Baiona no 67% (17,9 puntos máis que no 2021), Sanxenxo no 52,1% (11,8 puntos máis que no 2021) e O Grove en case o 50% (11,6 puntos máis que no 2021).

Un verán que de novo pode ser de récord

A día de hoxe os establecementos hoteleiros da provincia contan xa cun 68% de reservas para xullo o que supón 12 puntos máis do rexistrado no mesmo mes do 2021. “Poderían incrementarse entre un 15 e un 20% más o que situaría a media en preto do 80% que, é probable que se supere”, asegurou Carmela Silva. Por comarcas, en xullo Vigo e O Morrazo agardan unha ocupación media do 77%, O Salnés superará o 75%, a comarca de Pontevedra o 73%, O Baixo Miño o 70%, as comarcas de Deza, Terra de Montes e Caldas situaranse por riba do 60% e as do Condado e da Paradanta no 51%.

No que respecta aos principais destinos e concellos turísticos Vigo en xullo agarda un 80% de ocupación, Baiona un 79%, Sanxenxo entre o 77 e o 80% e Pontevedra e O Grove o 75%.

Para agosto, nestes momentos, a previsión sitúa á ocupación no 75% “aínda que vai ser máis alta seguro, xa que ese mes supera habitualmente os rexistros de xullo”, detallou a presidenta.  Por comarcas, en agosto  O Salnés e Vigo agardan ocupacións entre un 80 e 85%, O Morrazo e  a comarca de Pontevedra entre o 75 e 80%, O Baixo Miño e Caldas entre o 70 e o 75%, O Condado e A Paradanta entre o 60 e 65% e Deza e Terra de Montes por riba do 60%.

No que respecta aos principais destinos e vilas turísticas Baiona agarda superar o 85% de ocupación, Vigo e Sanxenxo o 80% e Pontevedra e O Grove o 75%.

O verán nos establecementos de turismo rural agarda tamén uns datos “moi favorables, con ocupacións por riba do 65% en xullo e do 70% en agosto”. Por comarcas O Morrazo agarda un 85% en xullo e un 80% en agosto; a comarca de Caldas un 70% en xullo e un 75% en agosto; O Baixo Miño un 67% en xullo e un 80% en agosto;  a comarca de Pontevedra un 67% en xullo e un 70% en agosto; O Salnés un 70% en xullo e un 75% en agosto; a comarca de Vigo un 60% en xullo e un 65% en agosto; a comarca do Condado e A Paradanta un 56% en xullo e un 72% en agosto e as comarcas de Deza e Terra de Montes un 50% en xullo e  u n 55% en agosto.

No caso dos cámpings a día de hoxe “as porcentaxes de reserva son xa moi importantes, cun 67% de media que serían máis de 15 puntos que os rexistrados no verán do 2021”. Nas vivendas turísticas estímanse datos “históricos”, con reservas que superan o 72% en xullo e agosto e que poderían superar o 85% en toda a provincia, “con picos de cheo total en diferentes momentos do verán e áreas xeográficas”. Estes datos “espectaculares” tamén se están a rexistrar xa nos castelos de Soutomaior e Sobroso. Así, ata a data, o castelo de Soutomaior foi visitado por 1.322 persoas, máis que en 2021 cando se rexistrou “unha auténtica explosión de visitas”, e o castelo de Sobroso foi percorrido por 752 persoas en menos de 20 días. 

No que respecta ás persoas que están a visitar as oficinas de turismo Carmela Silva puxo en valor o incremento na porcentaxe de turistas estranxeiras. “Principalmente proveñen de España, o 73,14%, de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Asturias e Bilbao, pero xa un 26,86% chegan dende o estranxeiro, de Alemaña, Portugal, Estados Unidos, Francia e Reino Unido”,.  O 42% contan con máis de 60 anos e alóxanse en hoteis, cunha estancia media de entre 1 e 3 días, e veñen ata a provincia para desfrutar da oferta cultural, de ocio e enogastronómica.

Novas accións de promoción turística e balance da campaña Love Rías Baixas

A presidenta da Deputación tamén deu a coñecer as novas accións de promoción turística da provincia da man de Correos no marco do Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023. “Trátase dunha iniciativa centrada nos castelos de Soutomaior e Sobroso, dúas das principais iconas da provincia, que consistirá na proxección de vídeos dos castelos en 21 pantallas interiores, exteriores e de gran formato das oficinas de Correos en Valencia, Valladolid, Barcelona, Málaga, Sevilla e Biscaia”.  Xunto aos vídeos tamén se vai facer unha impresión de 2.000 postais prefranqueadas promocionais coas imaxes de ambas fortalezas. “Estimamos –detallou a presidenta Carmela Silva- un impacto en máis de 5 millóns de persoas”.

Esta iniciativa en Correos, xunto á que se vai lanzar con Renfe, forman parte da campaña “Love Rías Baixas”.  No que vai de ano desenvolveuse xa en formatos dixitais unha campaña activada en dúas fases: a primeira cara a Semana Santa e a segunda, que remata o 30 de xuño, cara este verán. “Ata o de agora conseguimos xa catro millóns de impactos do noso destino turístico e máis dun millón de visualizacións do noso vídeo Love Rías Baixas”.

A presidenta da Deputación tamén presentou os workshops que neste 2022 van espallar  a provincia por Sevilla e Bilbao, dous puntos estratéxicos de especial interese para o destino. “Trátase de eventos de networking profesional nos que reunimos e poñemos en contacto a empresas turísticas da nosa provincia con empresas de destinos nos que queremos captar visitantes”, explicou a presidenta. Os workshops, que terán lugar os días 19 e 20 de outubro, comezarán con reunións networking de comercialización turística, continuarán cun evento de presentación do destino Rías Baixas e rematarán cunha degustación de produtos enogastronómicos da provincia. Dende hoxe mesmo e ata o 11 de xullo as firmas da provincia que desexen participar nos workshops de Sevilla e Bilbao poden presentar a súa candidatura. “Facémolo cun procedemento establecido, con criterios claros, obxectivos e transparentes, explicou a presidenta, que tamén destacou que o pasado ano os workshops en Valencia e Madrid “foron un completo éxito, con máis de 3.000 citas directas e coa participación de máis de 160 firmas de valencianas e madrileñas”.

O Consorcio de Augas do Louro entrega os premios do V Concurso de Debuxo

A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de primaria dos catro concellos consorciados.

O presidente do Consorcio de Augas do Louro e alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón,  a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Tui, Ana María Núñez, fixeron entrega dos agasallos aos/as gañadores/as: unha tablet para os que se fixeron co primeiro posto en cada concello e un smartwatch para os segundos e terceiros.

Os premiados este ano foron:

SALCEDA DE CASELAS

  1. Martín Díaz – CEIP Altamira
  2. Juan Zamora – CEIP Altamira
  3. Bruno Rocha  – CEIP Altamira

O PORRIÑO

  1. Grecia Valentina Álvarez – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
  2. Alma Fernández – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
  3. Irene Fernández CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga

MOS

  1. Óscar Ucha – CEIP Atín Cela
  2. Juan José González – CEIP Atín Cela
  3. Isaac Nunes – CEIP Petelos

TUI

  1. Evelyn Montero – CEIP Nº 2
  2. Noa Fernández – CEIP Nº2
  3. Hugo Álvarez – CEIP Pazos de Reis

Tomiño, protagonista dun obradoiro da Facultade Ágora da Deputación

0

O Concello da Tomiño será o vindeiro xoves 30 protagonista dun dos ‘Obradoiros Ágora’ que está a desenvolver a Facultade Ágora da Deputación para formar ao persoal técnico e político dos concellos da provincia co fin de recuperar espazo público para as persoas. Representantes de diferentes municipios visitarán o municipio miñoto para facer unha análise das obras realizadas nos últimos anos e aprender xunto ao especialista Mateus Porto cales son as mellores fórmulas para priorizar ás persoas fronte os vehículos.

Segundo explica o deputado de Mobilidade e Espazo Público e concelleiro en Tomiño Uxío Benítez, o obxectivo dos ‘Obradoiros Ágora’ é adquirir coñecementos técnicos de forma concreta e práctica, visibilizar como se vai plasmando a filosofía Ágora no espazo público dos ‘Concellos Ágora’.

Durante a xornada aplicarase unha metodoloxía innovadora para que todas as persoas participantes tiren o máximo rendemento: haberá unha deriva de observación libre –na que cada persoa tirará fotografías de elementos salientables do espazo público local para logo comentar-, debate colectivo en grupo e visitas comentadas a espazos  reformados con solucións innovadoras. Falarase en xeral do ‘modelo Tomiño’ e entre as zonas que se analizarán estarán o núcleo do Seixo, a parroquia de Figueiró –onde se creou un núcleo de centralidade- e a zona de Goián, tres actuacións singulares que recollen a filosofía Ágora.

O ‘Observador Ágora’ que estará presente e fará as súas achegas externas será nesta ocasión o arquitecto Mateus Porto, quen xa participara como relator na anterior edición da Facultade Ágora falando de como facer “funcionar” vilas e cidades.

En xeral, a xornada de traballo servirá para aplicar conceptos teóricos adquiridos na primeira edición da Facultade durante o ano pasado. Quérense buscar solucións prácticas a necesidades que se repiten en todos os concellos: saber como repartir o espazo público, como utilizar criterios de deseño, como resolver interseccións, ou como xestionar o tráfico, entre outras cuestións. 

A falta de pechar a inscrición, está confirmado que asistirán ao obradoiro de Tomiño representantes políticos e técnicos de alomenos 10 concellos da provincia, así como persoal provincial responsable da redacción de proxectos de reforma urbana, e integrantes de consultoras que traballan para as administracións públicas, sendo a asistencia restrinxida para unha correcta celebración do evento dada a súa tipoloxía práctica.

O primeiro dos ‘Obradoiros Ágora’ celebrouse o pasado día 16 en A Estrada e os seguintes serán en Ponteareas e Vilagarcía de Arousa despois do verán.

Baiona despide o curso cunha festa para presentar o libro “Un paseo por Baiona”

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, percorreu os centros municipais de primaria para entregar persoalmente, a cada un dos alumnos baioneses, un exemplar do libro “Un paseo por Baiona”. O rexedor aproveitou a mañá de fin de curso para visitar o CEIP Belesar, CEP Sabarís, CEIP Fontes-Baíña, e CPI Cova Terreña, todos centros de Baiona nos que se imparte educación primaria. En total repartíronse 516 exemplares.

O alumnado recibiu moi ilusionado o agasallo do Concello, quen tamén se depositou exemplares do conto nas distintas bibliotecas dos colexios.

As artífices do libro son o grupo de fusión de arte do Val Miñor “Solaina”, composto pola escritora Soledad García, a ilustradora Laine Villero e a deseñadora Natalia Guisande, a quen desde o consisistorio baionés contratouse para realizar o conto guía “Un paseo por Baiona”.

Os actos de presentación do libro desenvolveranse nos xardíns da Casa da Navegación a partir das 18 h da tarde o vindeiro martes, 28 de xuño, nunha xornada máxica onde lucirá o amarelo. Pois a data de presentación está moi próxima ao Día Amarelo, o día máis feliz do ano, o día do Solsticio de Verán. Desde o Concello de Baiona convídase a todos os nenos de Baiona a gozar desta bonita actividade.

A escritora Soledad García maniféstanos o entusiasmo deste traballo para sensibilizar á poboación e especialmente ás nenas e nenos do Val Miñor da importancia de coidar da nosa riqueza ambiental e en especial dos garranos que campan desde fai miles de anos na Serra dá Groba. Este último traballo de Solaina ten un forte impacto ambiental para a protección dos garranos e o medioambiente”.

Pola súa parte, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “o libro ”Un paseo por Baiona” convida aos lectores a descubrir Baiona desde un punto ambiental e turístico. Trátase duns exemplares ideados para que o público infantil e familiar coñezan de primeira man a riqueza natural, paisaxística e cultural que ofrece a localidade desde un punto de vista lúdico. No conto fanse distintas paradas polo noso municipio nas que os máis pequenos poderán descubrir nosos marabillo recursos”.

Así mesmo, “os nenos aos que lle entregamos o libro serán adultos do futuro comprometidos coa nosa contorna. Entre todos temos que sumar forzas para protexer nosa patrimonio e conservalo das agresións á nosa natureza”.

Estes actos súmanse a unha semana feliz, positiva e creativa do Concello de Baiona para despedir a primavera e dar comezo ao verán nos colexios do municipio Desde o Concello de Baiona anímase a todos os asistentes a acudir vestidos de amarelo.

Un paseo por Baiona

Un percorrido por Baiona convertido en conto. Un pequeno garrano dá Serra dá Groba, chamado Artai, esperta unha mañá a carón dunha estraña árbore que ocupa ou lugar do seu amigo Quer, ou carballo que ou arrolaba polas noites. A partir de aí buscará pola costa de Baiona, xunto ao boi Breogán, quen ou axude a salvalo.

Valença recebe o Festival Contrasta entre os dias 15 e 17 de julho

Nos dias 15, 16 e 17 de julho de 2022, a Ritmos, promotora responsável pelo já conhecido Festival Vodafone Paredes de Coura, apresenta, pela primeira vez, o Festival Contrasta, com o apoio do Município de Valença.

Com o objetivo de repetir anualmente o conceito, este novo festival, realizado no coração de Valença, apresenta alguns dos nomes mais marcantes da atualidade musical.

Nesta primeira edição, a música de Gal Costa, António Zambujo, Gisela João, Tiago Nacarato, IRMA e Tainá irá ecoar nas Cortinas de São Francisco, na emblemática Fortaleza de Valença. O Presidente da Câmara Municipal de Valença José Manuel Carpinteira refere que “este festival é uma aposta cultural de excelência, com a presença de artistas de renome nacional e internacional, contrastando estilos musicais e tendo como pano de fundo a Fortaleza de Valença”.

Os bilhetes para o Festival Contrasta estão disponíveis em bol.pt, Fnac, CTT, El Corte Inglês, Posto de Turismo e Biblioteca Municipal de Valença.

O valor do passe geral para os três dias do festival é de 20 € e o bilhete diário pode ser adquirido por 10 €.

Pedaleando 6.000 quilómetros contra a ELA

Coincidindo co Día Mundial da ELA, que se celebra cada 21 de xuño, o porriñés José Manuel Domínguez “Tonono Bike” deu o martes a primeira pedalada do seu reto persoal e social: 6000 km pola ELA.

Foi na praza Arquitecto Antonio Palacios, de onde partiu en bicicleta co obxectivo de recaudar polo menos 6.000 euros para axudar aos enfermos de ELA e ás súas familias, tantos como kilómetros percorrerá durante seis meses visibilizando unha enfermidade que afecta a moitas persoas.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, a concelleira de Sanidade, Carolina González, Pilar Guimeráns, representante de AGAELA , familiares e amigos, acompañaron a Jose neste importante momento.

“Coa miña bicicleta e o voso apoio percorrerei o perímetro de España para conseguir fondos que se destinarán na súa totalidade a axudar ás persoas que padecen esta enfermidade”, explicou Jose, “Sei de primeira man o necesaria que esta axuda para que estas persoas teñan unha vida digna, xa que está a afectar a un familiar e amigo, e penso que somos nós, os que gozamos de saúde, os que dalgún xeito debemos colaborar con eles”.

Por iso Jose, músico de profesión, adica a metade do ano ao seu traballo e a outra metade a loitar contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) a golpe de pedal.

“O que vai facer Jose é digno de admiración, o seu altruismo e compromiso merece o respaldo de todos e todas, e que en cada pedaleo sinta que dende o Porriño o estamos apoiando”, afirmou Alejandro Lorenzo, “Por iso é necesario que todos e cada un de nós colaboremos na campaña de crowdfunding e difundamos o seu reto para que todo aquel que queira poida sumarse”.

A recaudación de fondos está a facerse a través da plataforma de crowdfunding Migranodearena :  https://www.migranodearena.org/reto/pedalear-6000-km-x-6000-x-ela. A totalidade do recaudado destinarase a axudar aos enfermos de ELA e ás súas familias a través da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA).

A casa consistorial ilumínase pola ELA

O Concello do Porriño sumouse á campaña #LuzporlaELA impulsada por AGAELA en colaboración coa Confederación Nacional de Entidades de ELA (ConELA) con motivo do Día Mundial da ELA.  Hoxe a casa consistorial ilumínase en verde xunto a decenas de edificios e monumentos de toda España para visibilizar esta enfermidade e apoiar ás persoas, concienciando á sociedade sobre as dificultades que conleva no día a día.

Sobre a ELA

A ELA é unha enfermidade nerodexenerativa incurable, progresivamente incapacitante e mortal nun prazo de 3 a 5 anos dende o seu diagnóstico, pero isto son só datos obxectivos da enfermidade. A realidade é que en España cada día diagnostícanse tres novos casos de Esclerose Lateral Amiotrófica e falecen outras tres persoas en silencio.

A isto hai que sumar o custe medio dos coidados das persoas con ELA, que alcanza cifras moi elevadas anualmente, o que supón un problema económico inasumible para a mayoría das familias. A dificultade de detectar os síntomas iniciais a nivel de atención primaria e a complexidade do diagnóstico diferencial demoran usualmente o diagnóstico. En España, o tempo medio desde o primeiro síntoma ata o diagnóstico definitivo supera o ano.

Por iso, é importante potenciar a innovación e a tecnoloxía, apoiar e fomentar a investigación que nos permitirá atopar a orixe, o diagnóstico rápido e a cura.

Inaugurada a exposición “Ilustrando Rías Baixas”

Unha visita a toda cor pola provincia a través da arte e desde unha mesma sala. Esta é a especial proposta que ofrece “Ilustrando Rías Baixas” ata o vindeiro 19 de agosto, a nova exposición programada pola Deputación na Sala Rosalía da súa sede de Vigo e que pon en relación a artistas de diferentes xeracións da provincia para retratar os distintos espazos, lugares e xentes do territorio a través das distintas técnicas da ilustración. Andrea Jano, Kiko da Silva, Clara Cerviño, Carlos Castro, Eduardo Baamonde, Lara Lars e o dúo Nuvi e Éxfico (Nuria Villa e Alberto Brandón) protagonizan esta mostra que converte á sala nun auténtico “caderno de viaxes” e  que hoxe abriu as súas portas cun acto que contou cunha performance en directo a cargo de Andrea Jano e a autora Silvia Penas e ao que asistiron representantes do movemento cultural e social da cidade viguesa. Como destacou a presidenta provincial, Carmela Silva, esta mostra constitúe “unha nova proba do paraíso no que vivimos e do talento artístico que atesouramos”.

“Esta exposición permítenos –apuntou Carmela Silva– coñecer as distintas paisaxes e xentes do noso territorio baixo a mirada destes e destas talentosas creadoras da ilustración. Cada un e unha coa súa mirada, coa súa técnica, co seu estilo, e co seu sentimento, debúxannos unhas Rías Baixas como o que son, unha paisaxe única da que sentirnos orgullosas e orgullosos. Como o estamos destes e destas oito artistas de diferentes xeracións que converten a nosa provincia nunha referencia do mundo da ilustración. Só me queda invitar á cidadanía a viaxar connosco polas cores das Rías Baixas e a desfrutalas a través desta magnífica proposta artística”.

A maior parte do preto dun centenar de obras expostas foron creadas ex professo polos creadores e creadoras para a mostra. Deste xeito, na Sala Rosalía exhíbense ilustracións realizadas a acuarela, sobre lenzo, en forma de libro ilustrado ou dixitais, pasando polas caixas de luz (esculturas iluminadas) entre outras, que amosan sendas e bosques, rutas polas cidades, espazos patrimoniais ou lugares e persoas tan especiais como senlleiros. Na inauguración interviñeron a maior parte dos e das participantes para explicar o seu traballo. Entre elas, Clara Cerviño destacou que escolleu para a mostra parte da súa serie “Faros de Galicia”, amais de ilustracións de Vigo e arredores, todas feitas en tinta e acuarela. “É unha obra moi especial –sinalou-, xa que de forma literal estes faros teñen iluminado o meu camiño durante estes últimos anos, así que estou moi agradecida de poder mostralos hoxe aquí, espero que os desfrutedes e como a min os traian moia luz nas noites de tormenta!”. 

Pola súa banda, o artista e docente Eduardo Baamonde destacou que no seu proceso artístico “o debuxo ou a pintura in situ son fundamentais”. A maior parte da súa obra exposta reflíctese nos cadernos de viaxes amosados en vitrinas, que acompañou xunto a outras acuarelas con espazos do Salnés e unha vista do Berbés en gran formato. Nos retratos de vilas e cidades que fai nos seus cadernos, afirma que é tan importante “rrexistrar os puntos carismáticos como outros menos coñecidos, cando non desprezados, pero que axudan a describir a memoria do lugar”. E Kiko da Silva, que amosa láminas da novela gráfica “Baixo a sombra das pedras flotantes” na que traballa desde hai anos, apuntou que nelas mestura, “como se fai nos filmes, imaxes de lugares das Rías Baixas, como a praia do Con Negro no Grove, o monte de Cabo Silleiro ou a Pena do Equilibrio de Ponteareas, con lugares do resto do mundo como Externsteine no Bosque teutónico en Alemaña, Nova Zelanda ou Portugal ou Rumanía, para recrear un novo paisaxe máxico”.

O artista Carlos Castro, explicou pola súa parte que os seus cadros presentan diferentes estilos e formatos, e mentres que algúns parten de bocetos, dos que hai unha mostra nas vitrinas da exposición, outros están realizados directamente ao natural, sempre con cores da paleta básica “pero con saturación , que sexan vivos e dean alegría ás e aos espectadores”. Emprega diversas técnicas “dependendo do estilo que queira darlle á obra”. “Cando quero amosar o detalle, as formas e as construcións utilizo tinta e acuarela -indicou-, e cando quero mostrar a luz e a cor uso gouache ou acrílico. Gústanme diferentes tamaños, e segundo a portabilidade e ocasión en que estea traballando, adáptome”.

Durante as intervencións, a artista Andrea Jano e a escritora Silvia Penas desenvolveron unha acción en directo que mesturou poesía e ilustración, “Pincel e voz para unha illa portátil” e da que saíu outra das obras que se expoñen. Deste xeito, Jano pintou sobre un vestido negro que lucía Silvia Penas, e tamén en partes do seu corpo, distintas referencias en cor branca sobre lugares da xeografía pontevedresa. Este peculiar percorrido inspirouse nas Illas Cíes e nalgúns dos seus elementos, como a flor namoradeira das praias, ”e como territorio idílico onde sobrevive a vida natural, salvaxe, libre”. Ao rematar, Penas recitou varios textos de creación propia e, unha vez finalizada a acción, o vestido loce nun manequín xa como unha peza máis na sala. Como explica Jano, esta obra é “un testemuño do tempo compartido nesta inauguración coas Cíes retratadas unicamente desde a memoria, facendo esforzo por recordar os detalles dos elementos que alí hai sen recorrer a ningunha imaxe máis alá recordo”.

Actividades complementarias

Ao abeiro da exposición, están previstas actividades complementarias, a primeira, a mesa redonda sobre “A ilustración en Galicia hoxe”, que terá lugar o 26 de xullo coa participación de Kiko da Silva, Lara Lars, Eduardo Baamonde e Nuvi & Éxfico. Amais, haberá dous obradoiros dirixidos ao público xeral que terán lugar durante o mes de agosto. O primeiro, o día 1, ofrecerao Carlos Castro, baixo o título “Urban sketching”, mentres que o segundo terá lugar o día 9 e impartirao Clara Cerviño, co título de “Ilustrando faros”. As inscricións para asistir tanto á mesa redonda como aos talleres poden realizarse no correo [email protected]).

Tui participa mañá na Asemblea xeral da Red de Juderías de España

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participa mañá venres, 24 de xuño, na cidade de Lucena na 60ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España – Camiños de Sefarad. Na mesma reuniranse os e as representantes das vinte e unha cidades que integran esta rede de municipios.

Entre os asuntos a debater na Asemblea  destacan o informe de xestión do primeiro semestre de 2022, así coma as solicitudes de integración de novas cidades na Red de Juderías – Caminos de Sefarad, Na asemblea tamén se analizarán os retos que ten este colectivo de municipios para o período 2022-2015.

A cidade de Tui forma parte da Red de Juderias dende o ano 2019 en recoñecemento ao importante acervo patrimonial que conserva a nosa cidade relacionado coa presenza da comunidade xudía. Con esta integración preténdese promover o importante legado xudeu tudense que ten exemplos destacados como a colección de “Sambenitos” do Museo Diocesano que teñen un carácter único e excepcional. Isto xunto ás diversas testemuñas da presenza desta cultura na nosa cidade constitúen un importante recurso cultural e turístico que contribúe a diversificar a oferta turística centrada no turismo cultural.

A pertenza á Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad é, para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, unha gran oportunidade para a nosa cidade pois abre novas posibilidades de promoción e de posicionamento de Tui e dos seus recursos culturais e turísticos.

O Concello de Salvaterra amplía o programa de compostaxe doméstico

O Concello de Salvaterra de Miño volve a por a disposición dos seus veciños unha nova remesa de composteiros, dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares, gracias a adhesión ao programa de compostaxe de SOGAMA que busca lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Deste xeito, o Concello manterá a súa extensión das prácticas de autocompostaxe ás novas vivendas unifamiliares para propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais. A nova remesa conta con 60 composteiros para entregar á veciñanza.

Dado que os residuos orgánicos representan aproximadamente o 42 % da composición media dunha bolsa tipo, se estos se reciclan en orixe e se evitan o seu depósito en contenedores verdes convencionais, o Concello entregará menos toneladas de lixo a SOGAMA, reducindo deste xeito os costes.

Os veciños que se incorporen a esta nova fase recibirán igualmente manuais didácticos nos que se explica de maneira detallada a técnica a seguir para obter un compost de boa calidade.

Nigrán blinda as dunas de Panxón e pecha un dispositivo de San Xoán de máis de 200 persoas

0

O Concello de Nigrán recupera o dispositivo anterior á pandemia para a noite de San Xoan en Praia América e por ese motivo iniciou hoxe a blindaxe da zona dunar, onde tamén se instalarán potentes focos para mellorar a vixilancia por parte do Seprona. Neste dispositivo especial despois de dous anos sen fogueiras na praia participará a totalidade da Policía Local con algo máis de 30 efectivos aos que se sumará Guardia Civil e axentes de Tráfico, Seprona, Policía Autonómica, bombeiros do GES con camión motobomba e Protección Civil, sumando entre todos máis de 200 persoas. Entre eles haberá axentes non uniformados para poder previr con maior anticipación situacións delictivas como hurtos ou conflitos.

Xuntos establecerán un amplo perímetro que se encargará de realizar controis de drogas e alcoholemia nas saídas e cruces de todas as estradas comprometidas; vixiarán posibles hurtos, venda de alcohol a menores, alteracións da orde pública, etc. A maiores, como ven sendo habitual, a zona contará cun hospital de campaña e un Punto Violeta de atención a posibles casos de violencia de xénero.

“Temos todo disposto e completamente coordinado para que, como cada ano, a noite transcorra con normalidade, sen incidentes, e que, polo tanto, as fogueiras sexan as auténticas protagonistas da festa máis señeira de Nigrán”, resume o rexedor, quen incide en que desde as 21:30 a brigada medioambiental composta por voluntariado estará informando sobre #SanXoanSenLixo2022 para que a praia amenza libre de residuos, ao tempo que os 30 efectivos de Protección Civil reforzarán esta mensaxe por megafonía e a través do seu persoal.

Nesta ocasión, ao non terse constituído Comisión de Festas de Panxón, non haberá os habituais postos de feirantes pero, sen embargo, o Concello de Nigrán asume ao 100% a programación cultural. Así, na propia noite do día 23 será o monólogo ás 20:30 horas no porto pesqueiro do famoso cómico galego Sergio Pazos, quen a través deste espectáculo ponlle humor á pandemia e introduce un necesario vis cómico á actualidade. Unha forma de ver a realidade da forma máis optimista posible. Xa ás 22:00 horas será a gran verbena a cargo de Grupo América e á medioanoite se prenderán as fogueiras.

Once mozos de Ponteareas participan no encontro autonómico de correspondentes xuvenís

Once rapaces ponteareáns participaron esta fin de semana no encontro autonómico de Correspondentes Xuvenís, un programa a través do que alumnado voluntario de segundo ciclo da ESO, bacharelato e ciclos medios ou superiores de formación profesional recollen a información en materia de mocidade para trasladala e difundila entre o resto de mozos e mozas das súas vilas.  

As e os correspondentes ponteareáns estiveron este venres, sábado e domingo nas Sinas nun encontro formativo con actividades centradas principalmente en facilitar a achega ás novas tecnoloxías da información e ao eido dixital de xeito seguro. Deste xeito, os e as rapazas puxeron o colofón final aos talleres gratuítos coordinados dende o Concello de Ponteareas e realizados ao longo do ano nos que todas e todos os participantes afondaron nesta temática.

“Para nós é un orgullo ter unha mocidade tan participativa e implicada, que asumen responsabilidades, traballan en equipo e buscan o mellor para todos os rapaces e rapazas ponteareás, trasladando todo o que aprenden de estudante a estudante”, explica o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó. Neste novo encontro, a primeira actividade celebrouse o propio venres 17 de xuño, cunha velada formativa sobre novas tecnoloxías da comunicación a partir das 22.30 horas. O sábado 18 as e os participantes tiveron unha intensa xornada de formación que se foi intercalando con actividades lúdicas. Así, pola mañá, ás 10.00 h, as actividades arrancaron cun obradoiro formativo sobre noticias falsas e contidos de publicación, para continuar ás 14.30 h cun obradoiro sobre como crear unha campaña de marketing dixital. Tras estas dúas actividades, as e os participantes puideron desfrutar de tempo de lecer realizando SUP, kaiak ou xeolocalización e lasertag. A xornada rematou ás 22.30 h cunha nova velada formativa sobre como crear un xogo con ferramentas dixitais.

O Concello lamenta que a Xunta “limpe a medias” os treitos do Camiño de Santiago que atravesan municipio

0

O Concello de Redondela vén de enviar un requirimento á Xunta de Galicia para que os traballos de roza que está a desenvolver no Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, “inclúan tamén a retirada dos restos vexetais derivados de ditas labores” a fin de non “facer unha limpeza a medias”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “nestes días de choiva, os restos das rozas non retirados son arrastrados pola auga e producen obstrucións nos sumidoiros, rexistros e cunetas, provocando, nalgúns puntos o asolagamento da calzada”.

Como noutras moitas ocasións, o Concello de Redondela “ten que tirar de recursos propios para solucionar situacións creadas pola Xunta de Galicia, destinando recursos e persoal que poderían estar sendo utilizados noutras labores en beneficio da veciñanza”, afirma a alcaldesa.

“As labores de limpeza da rede viaria van máis aló do traballo da roza” afirma a rexedora local que lembra que as brigadas contratadas polo Concello para a realización deste tipo de traballos, compostas, cada unha delas, por dúas persoas con maquina rozadora a pe, “contaban tamén con outras dúas persoas de limpeza de cunetas e recollida de maleza”.

A veciñanza, engade Rivas, “amosounos daquela a súa satisfacción, non só polo traballo de roza, senón tamén pola recollida posterior de restos que, mais aló do aspecto estético, evitan problemas como os que nestes días se están a dar”.

A Guarda peregrina a Santiago para presentar su renovada “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira”

0

Los alcaldes de A Guarda, Antonio Lomba, y de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, protagonizaron esta mañana en el Mercado de Abastos santiagués un “hermanamiento” cultural y gastronómico con motivo de la presentación de la trigésima edición de la Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que se celebrará del 1 al 3 de julio en la localidad guardesa. Es la primera vez que el evento gastronómico se presenta en la capital gallega, debido, entre otras buenas razones, al interés de A Guarda por fomentar el Camiño Xacobeo portugués por la costa.

En sus intervenciones esta mañana, ambos dirigentes coincidieron en la importancia de esta celebración y en el maravilloso entorno guardés. En este sentido, Antonio Lomba apostó por un “camino a la inversa” y que los visitantes que lleguen a Santiago vuelvan después por A Guarda, una sugerencia que fue muy bien recibida por Xosé Sánchez Bugallo, quien comentó, entre risas, que “ya sabemos que al final todos los caminos conducen a Santiago”. Bugallo no dudó en resaltar el excepcional paisaje de la localidad pontevedresa, al tiempo que mostró su satisfacción por “poder colaborar en dar a conocer un patrimonio como el guardés, que es un orgullo para toda Galicia”. Antonio Lomba, por su parte, destacó en su discurso que el número de visitantes que llega a la villa del Baixo Miño ya está como en 2019, antes de la pandemia: “Estamos a sólo cinco visitantes de alcanzar las cifras de los turistas prepandémicos”.

La buena sintonía de los dos alcaldes quedó de manifiesto en este evento, en el que ejerció de presentador el concejal de Turismo de A Guarda, Rafael Álvarez, ante la atenta mirada de una nutrida representación de los hosteleros que participarán en la Festa da Langosta, de la concejala de Educación de A Guarda, de la directora del Centro Superior de Hostelería de Galicia, del director del Museo de Pobo Galego y del presidente de la Asociación Piueiro, entre otros asistentes.

El Aula de Cocina del Mercado de Abastos se vistió de gala para esta presentación, que incluyó un showkooking en directo y la posterior degustación de los productos que se podrán disfrutar en la fiesta guardesa: la langosta, por supuesto, pero también percebes, cigalas, camarones y chocos, entre otros manjares.

Una programación para todas las edades

El próximo viernes 1 de julio, a las 20:00 horas, dará comienzo la XXX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, tras dos años de parón por la pandemia. La lectura del pregón a cargo de la televisiva Eva Iglesias, la intervención del alcalde de la localidad y la entrega de la Langosta de Oro 2022, un galardón que se quiere revalorizar, marcarán el inicio de una de las celebraciones gastronómicas gallegas más populares.

Esa misma noche, se procederá a la apertura de la carpa y el grupo “Do Lusco ó Fusco” amenizará las calles, previamente engalanadas con motivos mariñeiros gracias a la iniciativa de Piueiro que han secundado los guardeses y las guardesas, apoyados por el propio Concello. Esa colaboración directa de todo el pueblo pretende ser uno de los pilares de una celebración que parte de lo gastronómico para llegar a todos los ámbitos. La jornada inaugural concluirá con una de las actuaciones enmarcadas en el Festival “Mar de Blues”, que cuenta con invitados de talla internacional: “Will Jacobs& Marcos Coll Band”, una formación liderada por el guitarrista de Chicago Will Jacobs; Javier Turnes, de Bakin Blues Band, y Remi Bankyln, una joven promesa del blues tradicional.  Un programa de lujo que ya se ha convertido en uno de los grandes atractivos del evento gastronómico.

El sábado, día 2, las actividades festivas darán comienzo a las 11 de la mañana y se sucederán a lo largo del día con gastronomía, la inauguración de la Exposición Etnográfica Mariñeira de la Asociación Piueiro, viajes en el volanteiro, una feria de artesanía en la rúa do Porto y varios pasacalles. La Langosta castrexa, la mascota diseñada con motivo del treinta aniversario de la fiesta, ocupará buena parte de las actividades destinadas a los más pequeños. Mientras que los más mayores gozarán, sin duda, con las actuaciones en directo del programa “Mar de Blues”.

El domingo, los visitantes podrán participar en la ruta de las cetarias y del Museo del Mar, reservando previamente sus plazas en la web  [email protected]  o en el punto de información ubicado en la carpa instalada en el puerto de A Guarda. Los pasacalles a cargo de grupos locales animarán el vermú mariñeiro, que se podrá degustar en un gran número de establecimientos hosteleros de A Guarda. La música en este tercer día de fiesta la pondrá Erea Castro, con una actuación en la Plaza de San Benito, mientras que el grupo “A Boalleira” amenizará musicalmente la despedida entre el puerto y la carpa.

O Concello de Salvaterra incia as obras de urbanización da rúa Galicia

Rúa Galicia leva marcada no planeamento municipal dende o ano 93,  tal e como o recollen as Normas Subsidiarias de Salvaterra de Miño.

Esta é  unha das rúas que vertebra o tráfico na Vila. Rúa que se foi abrindo pouco a pouco, e da cal queda un tramo pechado, e que agora debido ao gran tránsito de vehículos que ten Rúa Miño, pola súa conexión coa Ponte Internacional, fai máis necesario ca nunca que se execute coa máxima celeridade posible, co fin de vertebrar dunha forma máis eficiente o tráfico no Centro Urbano, cumprindo escrupulosamente co trazado marcado nas normas, a liña marcada no plano e cumprindo coa normativa vixente e a legalidade.

Gracias a un convenio asinado coa Xunta de Galicia de 500.000,00€ o ano pasado o Concello de Salvaterra puido levar a cabo o proxecto de expropiación dos terreos por un importe total de 269.057,00€, cunha valoración do chan de 102,00m2 e coa restante valoración de bens afectados como árbores, muros, plantas…. Este ano tócalle as obras, valoradas  en 230.000,00€. Obras consistentes na urbanización do tramo de rúa Galicia entre as Rúas Curros Enriquez e Castelao onde se realizarán    movementos de terras, instalación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e alumeado. Unha vez executados os servizos procederase a pavimentación do víal, a execución das beirarrúas e a colocación de árbores, bancos e papeleiras. Ademais realizarase un muro de contención no inicio do tramo de Castelao debido ao desnivel do terreo.

Nigrán espera a máis de 400 nadadores na XII travesía a nado Costa Serena

0

A XII edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a máis de 400 nadadores entre os cinco percorridos que se disputarán o domingo 3 de xullo, en Praia América, consolidándose como a proba de natación popular con maior participación de Galicia. A travesía contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de 9 comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Madrid, Valencia, Cataluña, Castela-A Mancha, Andalucía, Castela-León e País Vasco), Portugal, Inglaterra e Estados Unidos, con idades comprendidas entre os 5 e 71 anos. Nesta edición, a participación das mulleres representa máis do 30% do total.

Esta mañá, tivo lugar a presentación da proba no Club Marítimo de Panxón, e contou coa asistencia do alcalde de Nigrán, Juan González Pérez; o concelleiro de Deportes de Nigrán, José Luis Sanromán Román; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez Díaz; o concelleiro de Medio Ambiente de Nigrán, Alfonso Vázquez; o presidente do Club Marítimo de Panxón, Gabriel Gómez Celaya; Lucía Pernas, da empresa Atunlo, e Beatriz Alvariño, en representación do Club deportivo Tumetapersonal, organizador da proba. Tamén asistiu Alberto Rodríguez, familiar de Pepe Costas, falecido o pasado, e que presentou a proba en varias ocasións.

Na súa intervención, Beatriz Alvariño agradeceu o apoio do Concello de Nigrán, patrocinadores ( Deputación de Pontevedra, Abanca, Gadis, Coca-Cola, Rodosa e Centro Comercial A Ramallosa), así como de todos os colaboradores, en especial o Club Marítimo de Panxón, onde se servirá un aperitivo a todos os participantes tras a finalización da travesía grazas ao patrocinio de Atunlo.

Alvariño destacou a homenaxe que a organización lle renderá ao comunicador baionés Pepe Costas, que foi o presentador da proba a nado durante o últimos oito anos coa concesión dunha distinción aos seus familiares no transcurso da entrega de premios. Ademais, resaltou o carácter familiar da travesía, e animou aos nenos de entre 5 e 13 anos a participar nos percorridos infantís de 50 e 150 metros. “Este ano, o cartel foi deseñado polo recoñecido ilustrador Evaristo Pereira co que queremos animar a nenos e maiores a participar na travesía”, apuntou.

O alcalde de Nigrán, Juan González, resaltou o esforzo da organización por continuar celebrando a travesía durante a pandemia, consolidándose como unha das probas de natación máis importantes de Galicia. Pola súa banda, o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, incidiu na importancia da celebración deste tipo de eventos de turismo deportivo para a provincia de Pontevedra e a zona do Val Miñor con presenza de nadadores de distintos puntos de España e estranxeiros.

Tras dous anos de pandemia, nos que se tivo que realizar unha serie de cambios para garantir o cumprimento das medidas de seguridade, a travesía a nado Costa Serena volverá ao formato habitual previo á pandemia sen saídas graduadas e sen o uso obrigatorio da máscara.

Paralelamente á proba celebraranse varias actividades como sesións de zoa a cargo das monitoras, Nuria Mendes e Elena Castro, que animarán aos nadadores e público en xeral antes do comezo de cada un dos percorridos en Praia América.

Ademais, sortearanse máis de 30 agasallos entre os participantes rexistrados, e todos os nadadores e acompañantes poderán gozar dun marmitako no Club Marítimo de Panxón ao finalizar a travesía, ofrecido por Atunlo.

Entre os favoritos para gañar a proba reina de 4.000 metros están o nadador David Rodríguez Lago, do Club de Natación Ciudad de Santiago, segundo clasificado o pasado ano; Marcos Vila Cid, do Club de Natación Pavillón de Ourense, terceiro clasificado en 2021 e gañador en 2016 e 2019, e Roque Oca, que se impuxo en varias ocasións. Este ano, non poderá asistir o nadador Miguel Martínez Novoa, gañador nas dúas edicións anteriores, xa que estará a participar nos Xogos do Mediterráneo, en Orán (Alxeria), co Equipo Nacional Absoluto.

Inscricións ata o 28 de xuño

As inscricións poderán realizarse ata o 28 de xuño ás 12:00 da mañá na páxina web de Champion Chip Norte (www.championchipnorte.com). A inscrición inclúe: participación na travesía, camiseta conmemorativa, gorro, balizado, cronometraxe electrónica por chip, avituallamiento, seguro, asistencia médica, premios, fotografía, xeado, aperitivo no Club Marítimo de Panxón, participación no sorteo de material deportivo e medallas para todos os nenos.

Percorridos

Durante a travesía disputaranse tres percorridos de 4.000, 2.700 e 800 metros, e o neopreno será optativo en todas as distancias. O percorrido longo consistirá nun triángulo de 4 quilómetros con saída desde a canle principal de saída e entrada das embarcacións de Praia América e chegada á altura do posto de Protección Civil de Panxón. Os nadadores deberán bordear a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.

O percorrido de 2.700 metros terá o mesmo punto de saída que a proba de 4.000 metros. Consistirá en ir ata o faro de Cabezo de San Juan, bordealo e regresar ao momento de meta polo lado dereito.

Na proba de 800 metros, que se disputará en paralelo á costa, a saída estará situada tamén na canle principal de Praia América e a chegada será no mesmo punto que as probas de 4.000 e 2.700 metros.

A competición de 4.000 metros comezará ás 11:30 horas, a de 2.700 metros ás 11:50 horas, mentres que a de 800 metros arrincará ás 12:00 horas. No mar, despregarase un gran dispositivo de seguridade con embarcacións de Protección Civil do Val Miñor e Vigo, a Asociación Procura e Salvamento Ría de Vigo, Garda Civil do Mar, kaiaks do Club Marítimo de Panxón, pádel surf de Shafire Ladeira Beach Club e motos acuáticas seguindo a proba.

Ademais, celebraranse dous percorridos de curta distancia de carácter non competitivo para nenos de entre 5 e 13 anos, moi preto da beira. Haberá unha distancia de 50 metros (5 e 8 anos) e outra de 150 metros (9 a 13 anos). Estas probas comezarán ás 13:00 horas (50 metros) e 13:30 horas (150 metros), respectivamente.

Máis premios

Nos tres percorridos entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina, e nas distancias de 4.000 e 2.700 metros tamén aos tres primeiros/ as que naden sen neopreno. Na proba reina tamén se repartirán medallas aos tres primeiros clasificados/ as das 12 categorías por idades. Ademais entregaranse premios especiais ao primeiro nigranés e nigranesa, que deberán estar censados no Concello de Nigrán no momento da inscrición, ao máis novo e de máis idade de todas as probas. Os nenos que participarán nos percorridos de 50 e 150 metros recibirán unha medalla.

A zona de concentración dos nadadores será o domingo 3 de xullo nas instalacións deportivas de Dunas de Gaifar en Panxón, a partir das 09:00 horas, onde se entregarán as bolsas aos participantes. Tamén haberá repartición de dorsais o día anterior no mesmo punto en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

A travesía a nado Costa Serena, organizada polo Club deportivo Tumetapersonal, o Concello de Nigrán e Atlantic Extreme Sports, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, Renault Rodosa, Gadis, Centro Comercial da Ramallosa, Atunlo e Anxo Leirós Motos. Tamén colaboran Powerade, Froitas Sol, Area, Club Marítimo de Panxón, Froiz, Saphire Ladeira Beach, Prado Surf, Valmiñor *Ébano, McDonald’ s Rías Baixas, Protección Civil do Val Miñor e Vigo, Procura e Salvamento Ría de Vigo, Asociación Vodea, Clubnatacion. com, Waira, Kailúa, Talaso Atlántico, Rosquillas Cristaleiro, Tupana e Comunica.

Novo equipo de excarceración para o Servizo de Emerxencias de Mos

0

O Concello de Mos vén de recibir da AXEGA un novo equipo de excarceración para o Servizo Municipal de Emerencias, GES e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Emerxencias, Leo Costas, e o coordinador do Servizo Municipal, Rodrigo Iglesias.

O equipo foi concedido pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e entregáronse 3 a 3 concellos de toda a comunidade autónoma: Mos, Noia e Friol. Trátase dun equipo de excarcelación valorado en 58.000 euros e que conta con dous sistemas: un hidráulico e outro de baterías eléctricas.

O sistema hidráulico está dotado de varias ferramentas. Un RAM, cilindro para expandir metáis como un gato hidráulico. Unha separadora. E unha cizalla. A maiores o sistema hidráulico inclúe elementos auxiliares como cortapedais, serra, punzóns para cristais e protectores para persoas, para cubrir aos feridos.

O sistema eléctrico de baterías é unha multifunción dotada de cizalla e separadora.

Este novo equipo de excarceración inclúe tamén un sistema de estabilización de vehículos consistente nunha serie de puntais.

Os representantes municipais destacaron “a importancia deste novo equipo, dada a elevada actividade do Servizo de Emerxencias, que asiste a unha media de 300 accidentes ao ano. De ahí a relevancia de renovar e mellorar o equipo de excarcelación, cunha maquinaria que é das mellores existentes no mercado actualmente. Se os efectivos están mellor equipados poden ofrecer unha resposta mellor para quen o precise”, declararon. O Concello xa dispoñía dun destes equipos pero que levaba un prolondado uso e agora verase sensiblemente mellorado con esta nova dotación.

A maquinaria está destinda a intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou estruturas colapsadas. O equipo está destinado a atender intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou rescates en espazos confinados ou estruturas colapsadas aos GES de Mos e Servizo Municipal de Emerxencias. Estes novos equipos amosan o compromiso do Goberno galego coas emerxencias e co persoal que traballa neste servizo para a comunidade co obxectivo que conten cos medios necesarios ante intervencións de tales tipos.

Os equipos de excarceración entregados este martes están destinados a atender intervencións como accidentes de tráficos con persoas atrapadas, rescates en espazos de dificil acceso así como calquera tipo de emerxencias de salvamento ou rescate onde sexa necesario empregar ferramentas hidráulicas de corte, separación, tracción e elevación.

Os equipos de emerxencias contan con dous elementos necesarios para a intervención como unha bomba hidráulica, dúas mangueiras hidráulicas, 2 cizallas, un separador, un cilindro RAM separador, dous puntais de estabilización, unha ferramenta combinada con baterías e cargador para realizar operacións de separación, corte e obturación, un protector de Airbag, un xogo de bloques e cuñas, un set de cubertas protectoras e escudos protectores para vítimas e rescatadores, un rompecristales e un punzón.

O Multiusos da Xunqueira de Redondela reivindica a eliminación da violencia machista

0

A fachada lateral do Multiusos da Xunqueira de Redondela convértese nun lugar de reivindicación a prol da eliminación da violencia machista mediante un excepcional mural realizado pola artista Elisa Capdevila ao que se achegaron esta tarde a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañadas das deputadas Olga García e Noemí Outeda, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa. Ao abeiro do programa da Deputación “Violencia Zero”, a obra transmite o autoillamento no que as mulleres se sumen cando sofren violencia machista a través da figura dunha muller que, sumida nos seus pensamentos, non é capaz de descansar por mor dos sentimentos que afloran no seu interior ao atoparse nesta situación.

Carmela Silva expresou a “rabia e impotencia” que sente con cada novo caso de violencia machista. “Este ano xa son 21 as mulleres asasinadas por esta lacra, as últimas dúas onte mesmo en Madrid. Mulleres que en moitas ocasións, como reflicte este mural, ocultan na súa soidade os danos que padecen”. Tamén gabou a obra de Elisa Capdevila, “que transmite sentimentos moi potentes”, a quen agradeceu o seu traballo. “Este mural, sinalou a presidenta provincial, recordará ás persoas que se acheguen ao Multiusos da Xunqueira e a importancia de tender as nosas mans ás vítimas de violencia machista para axudalas a saír do illamento que sofren. Xuntas e xuntos debemos construír unha sociedade mellor”.

As palabras de Carmela Silva foron secundadas por Digna Rivas, quen deu “mil gracias” á Deputación por levar o programa “Violencia Zero” ao espazo público de Redondela. Neste senso, a alcaldesa deu valor “a todo o que transmite este mural, que fará reflexionar ás persoas sobre un tema tan transcendental como é a violencia machista. Por este motivo -continuou- consideramos importante que o mural estivese nun lugar céntrico do concello para darlle a maior visibilidade posible como é o Multiusos que hoxe adquire un novo significado”. Digna Rivas tamén tivo palabras de agradecemento para Elisa Capdevila, “é todo un luxo contar coa túa arte”.

O mural está envolta nunha atmosfera de cor azul que fai énfase na sensación de tristeza que transmite o rostro da muller, así como o resto da escena. Este pesar, como explicou a autora, está motivado pola acción doutra persoa, que se atopa ausente na obra de xeito directo pero que é a causante da doenza que sofre a protagonista da obra. Quen exerce a violencia machista si que está presente de forma figurada, posto que Elisa Capdevila deixou un espazo baleiro na cama na que se atopa a muller e ao que ela lle dá as costas. Para realizar a peza a artista levou a cabo un proceso creativo con pintura plástica de exterior no que se valeu de brochas e dun guindastre para realizar a peza.

Tras as actuacións en Pontevedra, Vigo, Moraña, Silleda, Meaño, Forcarei, Agolada, A Lama, Oia, Moaña, Caldas de Reis e As Neves, a de Redondela é a décimo terceira acción da VII edición de “Violencia Zero” coa que a Deputación continúa a expandir a loita feminista noutros 12 concellos da provincia baixo o lema “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”. Así, o programa continuará visibilizando o talento das mulleres e o seu poder transformador contra a violencia sobre as mulleres con propostas musicais, de teatro, danza, poesía, performance e outras iniciativas artístico-culturais en A Guarda, Fornelos, Salceda, Tui, Meis, Baiona, A Cañiza, Covelo, Barro, Rodeiro, Cambados e Vilaboa.

Éxito da primeira edición de Educalimpando

0

Éxito da primeira edición de Educalimpando, a recollida simultánea de lixo organizada polo Concello de Tui coa participación de sete centros escolares, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. O obxectivo desta actividade, que nace con vocación de continuidade celebrándose anualmente, é concienciar sobre a importancia de non deixar lixo por onde pasamos para respectar o medio ambiente.

Preto de 650 persoas entre alumnado e profesorado dos CEIP’s  nº2, Caldelas, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, o Colexio Maristas, e o IES Indalecio Pérez Tizón levaron a cabo o pasado día 10 esta recollida simultánea de lixo nos propios centros educativos pero tamén na súa contorna recollendo en total preto de 4000 mil quilos de lixo.

O CEIP nº2 e o IES Indalecio Pérez levaron a cabo esta actuación na Alameda e na Igrexa de San Domingos, na Mariña e no bosque de ribeira das inmediacións.

Dende o Colexio Maristas levaron a cabo a limpeza da zona do Anxo en Pazos de Reis.  Tamén nesta zona do Anxo, pero amais no Seixal, Herdeiros, Ricamonde, Barrocas, e a Macaco, estiveron recollendo lixo o alumnado e profesorado do CEIP de Pazos de Reis.

Por outra parte o alumnado de profesorado do CEIP de Rebordáns recolleu o lixo no propio centro, no parque infantil situado fronte ao colexio así coma nos camiños e estradas da contorna.  Tamén dende o CEIP de Randufe participaron en Educalimpando actuando no propio centro educativo pero tamén nas inmediacións do centro. O mesmo fixeron dende o CEIP de Caldelas que se achegaron tamén aos montes comunais próximos aos recinto escolar.

O lixo recollido foi separado nas distintas fraccións co que o reconto final foi de 30 bolsas de 100 litros de fracción resto, 31 bolsas de 50 litros de envases, e 4 bolsas de papel e cartón, en total encheuse a caixa dun camión pequeno.

Baiona encherase de maxia esta ponte co II Festival “Baiona Pinta Maxia”

0

Baiona acollerá o venres 24, sábado 25 e o domingo 26 de xuño o seu segundo Festival de Maxia baixo o título “Baiona Pinta Maxia”. O evento, organizado pola Concellería de Cultura, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo, como Xulio Merino, Jessica Guloomal, Samuel Moreno, Fran Otero, Javi Rufo ou Javier Argüelles.

Tras o éxito do primeiro festival celebrado o ano pasado, o Concello de Baiona volveu á apostar por este evento ampliando a súa duración. Todas as actividades son gratuítas.

A nota solidaria do evento poñerana os magos participantes ao achega a súa maxia, o xoves 23 de xuño, ás persoas maiores do municipio usuarias do Centro de Día de Sabarís.

Os veciños e veciñas do municipio poderán gozar dunha ponte, o 24 de xuño é festivo, repleto de maxia. Así, a inauguración do festival será o venres 24 ás 12:30 h cun espectáculo familiar na terraza do local” Matalabicha”, situado en cálea San Xoán, 19. Xa pola tarde, haberá un espectáculo baixo o título “ Maxia de preto” na Avenida Carabela Pinta.

O sábado 26 ás 11:00 horas a praza do Concello acollerá un taller de maxia para nenos e nenas. Para poder participar nesta actividade é necesaria inscrición previa no WhatsApp (685960370). Ás 12:30 horas na Capitanía Marítima terá lugar o espectáculo “Maxia de Preto”. En horario de tarde poderase gozar dun espectáculo de maxia familiar a cargo do Mago Paco nos Xardíns da Casa da Navegación. O broche final da xornada do sábado terá lugar na Praza do Concello ás 21:00 h coa “Gala Máxica” na que actuarán Jessica Guloomal, Xulio Merino e Javi Rufo.

O domingo ás 11:00 h a praza do Concello acollerá un novo espectáculo de “Maxia familiar” a cargo de Xulio Merino. A Alameda Carabela Pinta acollerá un sesión de “ Maxia de Preto” ás 12:30 h. Ás 17:00 horas en leste mesmo espazo, celebrarase outro espectáculo de maxia de preto. A Gala final de clausura do festival será ás 21:00 h na Praza do Concello con Javi Rufo.

“O Festival de Maxia “ Baiona Pinta Maxia” está deseñado para todos o públicos pero quixemos facer unha chiscadela aos pequenos da casa”, destacou durante a presentación a Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte. “Como non podía ser doutra maneira o mundo da maxia ten que volver ás nosas rúas e escenarios para poder encher Baiona de caras de asombro e ilusión e sobre todo de moita máxica
“, finalizou.

“O obxectivo deste festival é sacar un sorriso ao público asistente “, comentou o Alcalde, Carlos Gómez Prado. Quen destacou que a “Cultura é un piar básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende coa organización de eventos como o que hoxe presentamos é romper co encasillamiento das actividades e seguir diversificando a oferta cultural con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses do anos”.

Esta nova oferta para a última fin de semana de xuño que coincide cunha ponte, supón un pistoletazo de saída e unha declaración de intencións nesta liña. Os espectáculos están pensados para que se vexan na rúa e supoñen unha posta en valor dos distintos espazos da vila.

Os ilusionistas que intervirán en Baiona son todo un referente da maxia. O elenco está composto por grandes referentes galegos e nacionais nesta especialidade que asolagará as rúas e prazas de Baiona nuns días repletos de maxia.

‘Welcome to ma maison’, nova proxección en Ponteareas do ciclo Mestre Mateo

Nova proxección en Ponteareas do ciclo Mestre Mateo, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que traerá á vila do Tea ata novembro totalmente de balde as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego.

A cita será o vindeiro sábado 25 de xuño ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal coa proxección de ‘Welcome to ma maison’, un filme experimental dirixido por Andrés Goteira que xoga co formato documental para rachar coas barreiras entre actor, persoa e personaxe, amosando o comezo da viaxe aos Ánxeles de Igor, un apaixonado do cine, na procura do seu director favorito. Un falso documental rodado a modo de making of  onde todo o que se amosa é 100% real.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a gozar desta nova sesión de cine dun ciclo no que só participan cinco municipios de toda a provincia e que “non só permitirá a ponteareáns e ponteareás gozar gratis das mellores películas galegas do último ano, senón que tamén é un xeito único e directo de achegar o noso audiovisual, o noso idioma, a nosa cultura e todo o noso potencial á veciñanza”.

Protección Civil do Val Miñor colaborará nas fogueiras da noite de San Xoán en Nigrán

0

Protección Civil Val Miñor sumarase ao reto #SanXoanSenLixo2022 do Concello de Nigrán concienciando mediante megafonía durante a noite das fogueiras en Praia América sobre a importancia de non deixar lixo e tamén a través da súa trintena de voluntarios mobilizados ex-profeso para esta festa. O Concello disporá de contedores separativos nas entradas ao areal e, paralelamente, contará novamente cunha brigada de medioambiental de voluntarios que, en quendas dunha hora, tamén axudará a sensibilizar aos asistentes (o prazo para participar está aberto ata mañá mércores 22 de Xuño, sendo preciso anotarse a través do formulario web www.nigran.es, cada inscrito será agasallado cun bautismo de surf grazas á Asociación de Escolas de Surf de Patos).

Baixo a premisa “Repitamos o reto, o mar non é un vertedoiro”, o Concello de Nigrán lanzou de novo este ano o desafío #SanXoanSenLixo2022 motivado polo éxito acadado no 2019 (último ano que houbo fogueiras en Praia América-Panxón e cando se fixo por vez primeira). Futbolistas de Nigrán como Kevin Vázquez (R.C.Celta), Santi Comesaña (Rayo  Vallecano) ou Miki Villar (Ibiza)  xunto a deportistas como a atleta Desiré Vila, o campión do mundo de surf adaptado Aitor ‘Gallo’, o adestrador do F.C.Barcelona feminino Jonatan Giráldez, ou artistas como Serafín Zubiri ‘apadriñan’ este reto  consistente en compartir unha fotografía ou vídeo en redes sociais cun cartel baixo a etiqueta #SanXoanSenLixo2022. O obxectivo é que novamente esta campaña sexa viral e outra vez o areal volva a amencer limpo grazas ao civismo dos participantes.

O Concello de Nigrán, consciente da enorme cantidade de residuos que se xeneran esa noite, especialmente vidro e plástico, fai un chamamento á responsabilidade de cada un para que non se contamine a area nin chegue ao mar.”Queremos repetir o éxito de 2019 no que por vez primeira Praia América amencía limpa. Os servizos de limpeza do Concello van acudir coma sempre, pero do que se trata é de que os participantes tomen conciencia, non debemos esperar a que ninguén recolla o lixo por nos”, explica o alcalde, Juan González. “Cremos que a xente, especialmente a mocidade, está cada vez máis compromedida co medio ambiente e sabe que isto inclúe tamén aos océanos, en Nigrán apelamos a esa conciencia medioambiental e non recurrimos á prohibición. A festa non ten que estar reñida con estes principios, Praia América é un tesouro natural e é responsabilidade de todos preservala”.

Brigadas medioambientais

Con este obxectivo o Concello repetirá a organización de 2019 instalando illas de reciclaxe a pé de praia e creará unha brigada medioambiental formada por voluntarios que creen conciencia durante a noite (en quendas dunha hora a partir das 21:30) invitando aos asistentes a facer a recollida selectiva e informando da ubicación dos contedores. Os participantes nesta brigada serán agasallados cun bautismo de surf gratuíto durante o Patos Surfing Day (26 de xuño) grazas ás escolas de surf de Patos. Os interesados poden anotarse a través dun formulario web en www.nigran.es. “Trátase dunha iniciativa que funcionou moi ben no 2019, con moi boa acollida entre a mocidade presente na praia, e que consideramos moi importante para que o reto se faga realidade, por iso animamos á xente a que doe unha hora do seu tempo a este cometido”, indica.

Aberta a inscrición nas xornadas técnicas de procura de emprego do Porriño

A Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Rosario Costas, xa abriu o prazo para inscribirse nas “Xornadas de técnicas de procura de emprego” que se celebrarán os vindeiros 27 e 29 de xuño nas instalacións de Porremprego.

Nestas xornadas os participantes aprenderán como mellorar as buscas e as chaves para obter máis visibilidade como candidato a un posto de traballo.

A primeira delas terá lugar o luns 27, de 11h a 14 h, e contará coa presenza de Rosana Vila, Directora de RRHH do Grupo COPO. A segunda será o xoves 29, no mesmo horario, e participará Carlos Casal, Director de RRHH de BENTELER.

As prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa. As persoas interesadas en participar deberán anotarse en Porremprego (Edificio Multiusos/ Torneiros).

O Rosal acolle o VIII Concerto Coral Ecos do Verán

0

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá este domingo 26 de xuño ás 20:00 h o VIII Concerto Coral Ecos do Verán organizado polo Coro rosaleiro “Ecos do Folón”, que amenizará a velada con este repertorio:

  1. UNA LÁGRIMA. Francisco Rey Rivero
  2. EL BAILE. Popular Asturiana (Arr.: Eduardo M. Torner)
  3. BLANCO VELERO. Juan Hernando Sanz / MaCarmen Díaz Lasso (Arr.: Jorge Fernández)
  4. YO NO SÉ CÓMO QUERERTE. Alsirio Fdez. Rguez. / Jesús Fdez. Dobarro (Arr.: Jorge Fernández)
  5. LAS ESPIGADORAS (“La Rosa del Azafrán”). Jacinto Guerrero

A Coral Polifónica “Ecos do Folón” creouse no 2008, inicialmente como unha simple actividade social, pero ó pouco tempo comezou a camiñar soa, e a finais do ano 2012 fundou a súa propia asociación músico-cultural. A súa presentación oficial fíxose na Igrexa Parroquial do Rosal o día 26 de decembro do 2009. Naceu con tan só 17 compoñentes, pero nunca deixou de medrar, chegando as actuais 30 voces mixtas. Está formado por xente con gran afición polo canto pero sen ningún tipo de coñecemento musical, polo que o seu labor ten un mérito maior.

Inscrito nos círculos culturais da Deputación de Pontevedra, este coro actúa asiduamente en innumerables lugares por toda a provincia. Sobresae a súa participación no “3o Festival de Corais” e no “1o Festival de Habaneiras” organizados pola Deputación de Pontevedra. Cabe destacar tamén, o concerto que desenvolveron con gran calidade en Santovenia de Pisuerga (Valladolid) en 2019.

“Ecos do Folón” organiza dous concertos anuais na vila rosaleira: “Ecos do Nadal” a finais de decembro e o encontro coral que este ano se celebra este domingo, o concerto “Ecos do Verán” .

O seu variado repertorio inclúe temas tradicionais galegos, habaneiras, rancheiras, valses, boleros, zarzuela, cantoral relixioso, panxoliñas, etc… (moitos deles arranxados e adaptados polo seu director).

Dende os seus inicios esta agrupación coral ten na súa batuta o mestre Don Jorge Fernández González, titulado en linguaxe musical, acompañamento e piano.

 Na presente edición de “Ecos do Verán” tamén estarán presentes a Coral Polifónica “Ponte das Febres” de Ribadelouro (Tui) e o Coro “Ecos do Castelo de Parada (Nigrán).

A agrupación tudense comezou a súa andaina alá polo ano 2002, contando só con 20 compoñentes, cando na actualidade xa suma arredor duns 35 coralistas.

O repertorio de “Ponte das Febres” abrangue todos os estilos e épocas, dende música renacentista ata as máis modernas composicións e adaptacións; dende música tradicional galega ata músicas de diversas rexións do mundo.

Nas súas numerosas actuacións sobresaen a súa participación nos Festivais de Panxoliñas celebrados en Vigo e na Catedral de Tui, ou en diferentes Freguesías do veciño Portugal. É preciso nomear tamén a participación en eventos por Asturias, Cantabria e máis recentemente en León (na Basílica de San Isidoro). Participaron no 1o e 2o Festival de Habaneras da Deputación de Pontevedra e en numerosas actuacións por toda a provincia de Pontevedra. Tamén realizou xunto ca Coral San Roque de Vigo e co Grupo Musical Sendeiro un concerto benéfico no teatro García Barbón de Vigo en favor dos afectados pola explosión pirotécnica de Paramos. En setembro do 2019 cantaron a Misa en castelán celebrada na Capela das Aparicións no Santuario da Nosa Señora de Fátima (Portugal), e todos os anos participa nos Encontros Corais da Eurocidade Tui-Valença. Neste último Nadal participou xunto con outras dúas corais e a Banda de Música Popular de Tui no Concerto de Fin de Ano celebrado no teatro da Área Panorámica de Tui.

Nos seus comezos a directora foi Dona Beatriz Gómez Fandiño e posteriormente ata o ano 2014 Dona Mónica Viro Porto, data dende a cal dirixe o actual director, o mestre Don Rafael Pérez Dopeso.

Repertorio

  1. PERLA ANTILLANA. Francisco Rey Rivero
  2. CAMINO DEL INDIO. Ataualpa Yupanki
  3. ANGELITOS NEGROS. Antonio machí (A. José Iglesias)
  4. ADIOS RÍOS. Letra: Rosalía de Castro
  5. BULLERENGUE. CORO “ECOS DO CASTELO” (Parada, Nigrán)

Pola súa banda, a formación “Ecos do Castelo” naceu no ano 2006, en Parada (Nigrán), cando un grupo de amigos afeccionados a cantar decidiron xuntarse. Anos máis tarde, acordaron integrarse no Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.

Na actualidade conta con 25 voces mixtas do pobo de Parada e arredores. Todos os que coñecen este Coro e seguen a súa traxectoria coinciden en subliñar a constancia e ilusión dos primeiros anos, xa que o seu obxectivo prioritario é a divulgación da cultura tradicional.

As actuacións deste coro lévanse a cabo na provincia de Pontevedra a través de intercambios culturais.

Esta agrupación está incluída no Plan Cultural da Deputación de Pontevedra. E conta cun repertorio variado, xa que teñen cabida obras puramente clásicas, contemporáneas, relixiosas, populares galegas e venezolanas, dada a procedencia do seu mestre e director, por Don Samuel Carmona.

Repertorio

  1. A MI MADRE (Zamba Argentina). José Ignacio Rodríguez
  2. 20 AÑOS (Habanera). Guillermina Aramburú / María Teresa Vera
  3. POPURRI GALEGO. Popular
  4. CANELA (Trova Cubana). Pablo Canela
  5. CHUVA DE PRATA (Bossanova Brasileña). Ronaldo Bastos Ribeiro / José Antonio Rincón

O VIII Concerto Coral “Ecos do Verán” conta coa colaboración da Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón e está patrocinado polo Concello do Rosal, a Comunidade de Montes Sta. Mariña do Rosal e a Excma. Deputación de Pontevedra.

Movemento Salceda estrea nova sede e chama á veciñanza a participar nun proxecto “para mellorar o municipio”

A apertura da súa nova sede, no número 46 da rúa Victoriano Pérez Vidal , renova o compromiso e aposta de Movemento Salceda pola proximidade coa veciñanza e  a aplicación de políticas útiles, pensadas para todas e todos por enriba de siglas e ideoloxías. A Asemblea Xeral celebrada na noite do xoves serviu de presentación do novo espazo da formación, e deixou unha sensación de optimismo, cun amplo grupo de simpatizantes que deron traslado das boas sensacións recollidas na rúa cara a Movemento Salceda e cara a laboura que se está a levar a cabo no goberno municipal tanto nos dous anos en que Loli Castiñeira ocupou a alcaldía como nesta nova etapa na que é o PSOE quen o fai, cumprindo deste xeito o pacto de goberno establecido para a lexislatura.

A portavoz de Movemento Salceda e tenente de alcaldesa, Loli Castiñeira, explicou que a nova sede da Agrupación, moito máis visible e accesible que a anterior e con máis capacidade,  simboliza “unha maior apertura de Movemento Salceda a quen máis nos poida necesitar, e un maior apoio ás persoas máis desfavorecidas, loitando contra as discriminacións e vantaxismos, para facer unha sociedade máis xusta, como viñemos facendo ata agora. O novo local é un espazo aberto para aquelas persoas que sintan a Salceda no seu corazón e queiran contribuír a mellorala, e nese sentido animou á veciñanza a participar no proxecto ilusionante de unha Salceda mellor para todas e todos, uníndose a Movemento Salceda”.

Tamén explicou brevemente o novo lema que figura xa na fachada da nova sede: Salceda importa máis: “Salceda importa moito de verdade, e dende esa idea é posible construír unha vila mellor achegándose a outras institucións , goberne quen goberne nas mesmas, reclamando os dereitos como municipio coa cabeza alta, con proxectos feitos, e petando nas portas que faga falta. Sentimos orgullo de ser de Salceda e das súas parroquias, somos un municipio diferente en moitos aspectos.Sentimos orgullo tamén das nosas persoas maiores, que fixeron posible parte do que hoxe somos, así como da xente que decidiu apostar por vivir aquí, aínda sen ter nacido aquí”, engadiu.

Pola súa banda, Enrique Besada, Coordinador Xeral de Movemento Salceda afirmou que “queremos  sumar a todas as mulleres e homes que queren a Salceda e que creen que é posible dende abaixo levar adiante proxectos que beneficien o conxunto da sociedade local”. 

Movemento Salceda traballa xa no  libro de ruta cara as próximas eleccións municipais baixo a dirección da Coordinadora, formada por 12 persoas que teñen ben claro que “non teremos a ningún gran partido político detrás pero teremos a xente de Salceda, que nos coñece, que sabe como traballamos, e que nos vai a dar unha oportunidade para construír, coa axuda de todas e todos”. 

Redondela instalará no paseo da Xunqueira paneis informativos sobre as Fogueiras e a Festa de San Xoán

0

“Son parte da nosa tradición ancestral e como tal, debe ser posta en valor”. Con esas palabras definiu a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, que xestiona Alberto Álvarez, de colocar ao longo do paseo da Xunqueira unha serie de paneis informativos nos que se explica, polo miúdo, todo o relativo ao San Xoán e que se poderán ver a partir do día 22 de xuño.

Así, visitantes e veciñanza de xeito doado, poderán coñecer As herbas de San Xoán en Galicia un ritual que, tal e como se explica nos paneis, comeza o día 23 de xuño pola tarde recollendo as sete plantas principais para facer a pócema máxica: fiúncho, malva, xesta, fenlo, herba luísa, romeu e herba de San Xoán.

Os paneis, para un mellor aproveitamento da festa, ofrece información detallada sobre os puntos nos que se acenderán as principais fogueiras ás que asistir que con a da Comisión de Festas de San Xoán de Cabeiro no Camiño Centro Cultural 1; Círculo Cultural Deportivo de Cesantes na Curva do Murallón, N-550; CMVMC Saxamonde,no campo de fútbol Chan das Pipas; Centro Cultural San Esteban de Negros, na estrada de Negros, 10; Comisión de Festas Virxe das Dores (Barrio Tuimil-O Viso) no torreiro das Festas do Monte da Gándara, Tuimil; Asociación Cultural e Recreativa de Quintela no Picorro, polígono 24 parcela 9051; Asociación Cultural e Deportiva de Rande (Meirande) no lugar de Rande s/n; Asociación Veciñal Deportivo Cultural A Miñoteira,no Camiño da Miñoteira, 1, Ventosela.

Últimos días para inscribirse no campamento urbano de Baiona

0

Este xoves 23 de xuño péchase o prazo para inscribirse no campamento urbano organizado pola Concellería de Cultura que se celebrará no mes de agosto. A actividade é gratuíta e está destinada a menores de 5 a 12 anos.

A Concellería organiza esta actividade para ofrecer a posibilidade de que os nenos e nenas empreguen o seu tempo libre estival participando en actividades de forma organizada e planificada, a través de actividades de calidade, promovendo a corresponsabilidade, a cooperación, a educación en valores, coñecendo os espazos públicos municipais, e fomentando a convivencia entre as persoas máis pequenas.
Para a celebración das actividades establécense dúas quendas no mes de agosto: do 1 ao 12 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. Os horarios serán de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas e haberá 30 prazas por quenda.

Durante o campamento desenvolverase un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado. Haberá distintas clases de xogos: de presentación, de cooperación, de integración…visitas a distintos monumentos, museos, prazas e praias da vila. Entre as actividades están programadas as visitas á Carabela Pinta, á Casa da Navegación, á Virxe da Roca, ao Parador de Turismo Conde de Gondomar, á Estatua de Martín Alonso Pinzón, ao monumento “Atopo entre dous mundos”, ao porto… Tamén se realizará un tramo do Camiño Portugués pola Costa, unha recollida de residuos na praia e unha festa temática cada fin de quenda, etc. A recepción dos participantes sempre terá lugar na Praza do Concello.

Os participantes deben ter entre 5 e 12 anos e unicamente optará a unha quenda, excepto no caso de que queden prazas. A solicitude pode ser individual ou múltiple (no caso de irmáns ou irmás).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Baiona ou na Sede electrónica ( baiona. sedelectronica. gal), xunto coa copia do DNI ou libro de familia e a copia da tarxeta sanitaria do menor, do 3 ao 23 de xuño de 2022. Para a presentación presencial de solicitudes no Rexistro Xeral do concello é necesario solicitar cita previa chamando ao teléfono 986356779.

No caso de solicitudes presentadas pola Sede electrónica, estas poderán presentarse en calquera hora ou día durante a vixencia do prazo de solicitudes.

Os formularios de solicitude poden descargarse da sección taboleiro de anuncios da páxina web municipal (www.baiona.gal) e na propia web na sección de “ novas” ou ser solicitados en formato papel na oficina de Rexistro con cita previa, ou no correo [email protected].

A adxudicación de prazas será directa en no caso de que o número de solicitudes presentadas non supere ao número de prazas ofertadas. No caso de que o número de solicitudes presentadas supere ao número de prazas ofertadas, realizará mediante un sorteo público, que terá lugar o 30 de xuño de 2022 e con anterioridade ao sorteo, publicarase a lista de admitidos ou excluídos na web do concello (www.baiona.gal).

Os nenos e nenas que non dispoñan de praza, pasarán a formar parte da lista de espera, coa finalidade de cubrir as baixas que se poidan producir.

Máis información na Concellería de Cultura, ou no teléfono 986385921, ou en [email protected].

Gran broche final ao obradoiro de canto “Con voz propia” organizado polo CIM da Guarda

0

No día de onte o alcalde, a Concelleira de Igualdade e a Directora do CIM puideron asistir e participar activamente na obra final na que actuaron xuntas as alumnas do obradoiro da Guarda e o de Baiona.

Este proxecto, dirixido exclusivamente a mulleres e executado por Maga de Voz, partía do suposto de que a aprendizaxe do canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando na descuberta e valorización de sí e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a  propia estima e realización.

Durante a actuación, da que incluso puido ser partícipe o público asistente, resonaron no Mosteiro de Oia palabras como liberdade, amizade, compromiso ou empatía. Unha vez finalizado tivemos a oportunidade de escoitar as súas opinións e de xeito unánime expresaron unha profunda satisfacción por teren participado no obradoiro e incluso solicitaron poder continuar co mesmo.

Esta actividade está subvencionada con cargo aos Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O alcalde de Arbo e as asociacións de afectados manterán unha reunión sobre a LAT

0

O alcalde e un representante de cada asociación de afectados reuniranse telemáticamente o 30 de xuño co Secretario de Estado de Medio Ambiente do Ministerio de Transición Ecológica. 

Tras a publicación no BOE do martes 26 de abril de 2022 e á vista das novas do Goberno de España sobre a Línea de Alta Tensión, o alcalde reuníase inmediatamente con representantes das dúas asociacións de afectados polo tendido da  LAT, para fixar a folla de ruta a seguir en contra do trazado da linea que afecta ao territorio de Arbo.

Dende o Concello de Arbo, con data 4 de maio, remitíase solicitude urxente de senllas reunións coa Subdelegación do Goberno e co Ministerio de Transición Ecológica a que o alcalde acudiría cun representante de cada asociación. Ao mesmo tempo o grupo do Partido Popular en Arbo levaba ao Pleno unha proposta de rexeitamento de calquera trazado de interconexión que afectase ao termo municipal de Arbo, instando ao Goberno de España, así como aos partidos políticos galegos con representación, tanto no Congreso como no Senado, a presentar iniciativas para que o Goberno de España teña en conta os dereitos dos veciños de Arbo e As Neves.

Das seguintes reunións cos membros das asociacións afectadas chegouse ao acordo de facer unha fronte común entre os concellos afectados, neste caso Arbo, Melgaço, As Neves e Monção e xuntos acudiron á manifestación que tivo lugar o 30 de maio dende Valiñas.

O alcalde, Horacio Gil, reuniuse o pasado 17 de xuño coas asociacións de afectados para trasladarlles que o Ministerio de Transición Ecológica fixou a data para a reunión solicitada o vindeiro 30 de xuño que será telemática dende o Salón de Plenos do Concello e ademais do alcalde asistirá un representante de cada asociación de afectados.


Durante a reunión o alcalde tamén lles trasladou as asociacións que Rede Eléctrica reunirase cos representantes das asociacións e o alcalde, o vindeiro 5 de xullo.

O Concello de Arbo, as asociacións de afectados e os veciños de Arbo seguimos mantendo a postura de rexeitamento deste trazado polo municipio de Arbo.

Tomiño remata o seu percorrido polas parroquias cun balance positivo e novas ideas

0

Grande acollida da nova edición do programa ‘O Concello escoita’, unha iniciativa que regresou ás parroquias tomiñesas tras o parón obrigado pola pandemia. O Concello de Tomiño retomaba así o seu percorrido polo municipio con 15 encontros celebrados nas últimas tres semanas nos que se xeraron espazos de conversa entre o goberno local e a poboación nos que a veciñanza achegou as súas inquedanzas e ideas, propuxo melloras ou compartiu opinións en positivo que axuden a deseñar un futuro mellor para Tomiño.

Máis de 450 persoas participaron nestas citas que comezaron o pasado 30 de xuño en Santa María de Tebra e Vilameán para percorrer despois Taborda, San Salvador, Amorín, Currás, Figueiró, Estás, Piñeiro, Sobrada, Pinzás, Barrantes, Forcadela e rematar a mediados de xullo en Tomiño e Goián. “O balance non pode ser máis positivo. Gobernamos sempre cunha escoita activa e moi preto dos nosos veciños e veciñas, pero todas e todos botabamos en falta esa interlocución directa e aberta para poñer en común os pasos que estamos dando cara o futuro e poder pensar xuntos e xuntas no Tomiño que queremos”, explica a alcaldesa, Sandra González.

Durante estes encontros, rexedora e equipo de Goberno debullaron á veciñanza os proxectos máis importantes que se levaron a cabo ou que están en marcha no municipio nun ambiente distendido, cómodo e agradable, propicio para a conversa. “Despois de dous anos sen poder celebrar un dos nosos programas máis emblemáticos, a xente tiña moitas gañas de participar”, asegura Agustín González, concelleiro de Participación Veciñal e Lecer.

O concelleiro destaca “a gran cantidade de ideas e de novas iniciativas propostas polas persoas participantes e que sen dúbida permitirannos seguir camiñando cara un futuro no que todas as nosas parroquias seguirán mellorando”. “Rematamos estas tres semanas de encontros moi contentos e orgullosos de todo o que levamos feito e convencidos de que é a liña a seguir”, salienta.

Dende o Concello quérese agradecer o seu tempo, o seu interese e as súas achegas a todas as persoas que participaron no ‘Concello escoita’, un programa que continuará celebrándose en vindeiras ocasións para deseñar entre todos e todas o Tomiño do futuro.

Mos inviste na mellorará a Pista de San Eleuterio

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil de Deportes, José Areal, informaron hoxe de que se atopa en procedemento de contratación, e a piques de ser contratada, a obra de mellora da pista polideportiva de San Eleuterio.

Para a devandita mellora a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos unha subvención de preto de 31.000 euros.

O importe total do proxecto ascede a 44.198,5 euros, dos cales a Xunta achega unha axuda de 30.938,95 € e os 13.259,55 € restantes serán aportación do Concello de Mos con fondos propios municipais.

A obra estará rematada antes de finais do vindeiro mes de outubro. Consistirán en traballos de mellora da pista polideportiva da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, coa finalidade de renovar os pavimentos, os elementos de peche e protección, así como os elementos vinculados ao desenvolvemento da actividade deportiva.

As obras previstas abarcan os conceptos seguintes: Limpeza do pavimento da Pista Polideportiva. Limpeza dos muretes perimetrais da Pista Polideportiva. Desmonte do Peche Perimetral da Pista para a súa substitución. Pavimentación da Pista Polideportiva sobre o pavimento actual. Pintado do murete perimetral e dos xogos sobre o pavimento. E reposición do peche perimetral.

Comezarán os traballos procedendo a desmontar o peche perimetral da pista polideportiva, así como a retirada dos elementos deportivos que forman parte do mobiliario. Levarse a cabo a limpeza do pavimento da pista así como dos muretes perimetrais con lanza de auga a presión.

Sobre o pavimento actual, unha vez levados a cabo os traballos de limpeza, procederase á aplicación do pavimento multicapa acrílico- epoxi, así como ao marcado das pistas de baloncesto, balonmán e fútbol sala. Da mesma maneira, pintaranse os muretes perimetrais con pintura ao cemento.

Por último, dotarase á pista polideportiva de dúas porterías en substitución das existentes. Repoñerase o peche perimetral a base de malla metálica de simple torsión, con acabado plastificado.

Pazos de Reis recibe ao equipo da Axenda Urbana de Tui

0

O presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis e a membros da directiva da Asociación Cultural Aloia reuníronse co equipo da Axenda Urbana de Tui para trasladarlles as súas necesidades, analizar o seu día a día e abordar o futuro das súas parroquias.

Na sede da Entidade no lugar da Macoca adiantaron ao equipo da Axenda Urbana a necesidade de construír un novo centro escolar ao ter xa cedido o terreo ao Concello, tamén salientaron como urxente a renovación dos parques infantís e o deseño de itinerarios a pé para conectarse entre barrios e co centro urbano ao carecer de beirarrúas na estradas principais.

Resolver o conflito coa titularidade dos camiños tamén é outra das inquedanzas da veciñanza de Pazos de Reis que tamén viu con bos ollos a creación dunha ventanilla única á que trasladar instancias e trámites coa administración evitando desprazamentos e a duplicidade das xestións.

A posibilidade de ir introducindo o emprego de enerxías limpas nos seus edificios, o soterramento de cableado e a carencia de transporte público tamén foron temas de conversa e análise entre os e as asistentes.

Potenciar o Aloia como atractivo turístico, recuperar sendas e camiños antigos e coidar do patrimonio etnográfico sumáronse á listaxe de peticións. Por último subliñaron a importancia de soterrar unha parte da liña de tren para permitir un acceso directo co centro urbano.

A Axenda Urbana de Tui avanza no seu proceso de participación que recalará mañá mércores, 22 de xuño, na parroquia de Malvas, Randufe, Rebordáns e Ribadelouro.

Co proceso de participación e a diagnose, o Concello de Tui continúa a redacción da súa Axenda Urbana, documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

O obxectivo do proceso participativo é redactar unha estratexia consensuada que marque dun xeito estudado e planificado o crecemento de Tui nos vindeiros dez anos.

O proceso de participación realizou tamén encontros con todos os voceiros/as dos grupos da Corporación,  técnicos municipais e organizacións vencelladas xeográfica e politicamente con Tui. O primeiro paso desta Axenda Urbana é realizar unha análise profunda da situación actual para emitir unha diagnose que dará paso á redacción do plan de acción.

Tui camiñará cara un desenvolvemento sostible no que  a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario e farao cun documento consensuado financiado cos fondos Next Generation e que planificará os vindeiros dez anos en liña con dez Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

O alcalde, Enrique Cabaleiro, lembra que dos 8131 concellos que hai en España tan só 121 foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana.

O programa da Deputación “Música no Ar” percorre a provincia

A Deputación de Pontevedra ven de dar o tiro de saída ao programa de música clásica en espazos patrimoniais da provincia “Música no Ar”, que arrancará o vindeiro martes, 28 de xuño, ás 22.00 horas no Castelo de Soutomaior co proxecto “Retrato musical”, a cargo da Orquestra Clásica de Vigo e Cintaadhesiva. O “potente” programa, que este ano celebra a súa terceira edición, “chegará –tal e como explicou a presidenta Carmela Silva- a todas as comarcas da provincia cun proxecto de música clásica adaptada ao século XXI en espazos dun patrimonio espectacular que temos que poñer en valor”. Así, a música de cámara soará en pazos, castelos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos entre xuño e finais de setembro. En todos eles a entrada será libre ata completar aforo salvo nos castelos de Soutomaior e Sobroso, para os que cómpre formular a inscrición a través de [email protected].

O proxecto “Retrato musical”, co que abre “Música no Ar” no Castelo de Soutomaior, trátase dunha innovadora e interdisciplinaria proposta da Orquestra Clásica de Vigo e Cintaadhesiva que combina música clásica, poesía e audiovisual. Así, no castelo soará, tal e como adiantou a presidenta, música de Mozart con textos poéticos de Silvia Penas e unha proposta visual de Jesús Andres Tejada con imaxes da pioneira do cine Alice Guy.

Tralo paso polo Castelo de Soutomaior o programa recalará o 1 de xullo no Pazo da Crega de Barro onde actuará Nox Trío, integrado pola violinista Olga Alexandrowskaya, a pianista Natalia Méndez e a violonchelista Xusa Hervás, que interpretarán un repertorio de mulleres compositoras do Barroco e Romanticismo. O día 2 de xullo ás 21.00 horas na Praza da Igrexa de Vila de Cruces será a quenda do Quintento de metais  e o 17 de xullo ás 20.00 horas na Casa reitoral de Santa Mariña de Covelo actuará o cuarteto de saxofóns Dextrum Ensemble. O domingo 24 de xullo ás 21.00 horas no Pazo de Pías de Nigrán soará a voz da soprano Begoña Salgueiro e a música de piano de Andrea García e o 30 de xullo ás 21.30 horas no Pazo de Mos actuarán a soprano lírica Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo que interpretarán baladas e zarzuelas galegas.

Xa en agosto o mércores 3 ás 20.30 horas a Capela de San Bartolomeu  de Moaña acollerá a Airas Ensemble. O domingo 14 de agosto ás 21.00 horas no Mosteiro da Armenteira de Meis actuará Concerto das Donas, o grupo instrumental de cámara especializado na recuperación e interpretación de obras de mulleres compositoras, e o xoves 25 de agosto ás 19.00 horas no exterior da Igrexa da Guarda a soprano Mila UT coa música de piano de Ana Belén Rodríguez.

“Música no Ar” rematará no mes de setembro con catro concertos. O primeiro deles o 8 de setembro ás 19.00 horas no Castelo de Sobroso co Cuarteto de Corda da OV430 xunto ao clarinete de Melissa David. O venres 9 de setembro ás 19.00 horas no Xardín da Casa das Navegacións de Baiona actuará o Trío Bórea, grupo de cámara fundado para explorar o progreso de novos modelos de interacción co público e desenvolver experiencias a través dos medios dixitais aplicados á música clásica. O sábado 17 de setembro ás 19.00 horas no Mosteiro de Oia soará a voz da soprano Teresa Novoa co acompañamento ao piano de Carlos E. Pérez. O programa rematará o 25 de setembro ás 19.00 horas na Igrexa de Reboreda de Redondela coa pianista Andrea González e Clara Panas, cun espectáculo interactivo, con proxeccións audiovisuais e narracións, e a alegre e colorida estética da deseñadora Ágatha Ruiz de la Prada, que dará a coñecer a fascinante historia de Rosendo Salvado.

O programa “Música no Ar” naceu co obxectivo de garantir o acceso igualitario á cultura para todas as persoas, ademais de poñer en valor espazos de memoria, arte e identidade, achegando a música clásica a todo o territorio. Cuartetos, tríos e dúos de música de cámara con repertorios que van dende o clásico ao contemporáneo levan xa dous anos deleitando ao público.

A Guarda programa “Miúdo Verán”, actividades para os máis pequenos da casa

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, programa “Miúdo Verán”, con actividades que terán lugar entre o 7 de xullo e o 11 de agosto, pensadas para os máis pequenos da casa e que contan con cinema, maxia, danza, humor, música e moito máis.

A programación de actividades de “Miúdo Verán” arranca na xornada do xoves día 7 de xullo ás 22:30h coa proxección da película de animación infantil “El Principito” cinema de rúa na Praza do Reló.

Nesta sesión de cinema de rúa, unha nena pequena vive nun mundo de adultos xunto a súa nai, quen intenta preparala para a dura realidade, esperando que a súa filla creza rápido. Pero, grazas ao excéntrico e amable aviador que ten como veciño, a xoven descubrirá que existe outro mundo onde todo é posible. Así, escoitará fascinada as interesantes historias sobre o Principiño, á vez que comprende a importancia de prestar atención as cousas realmente importantes.

*En caso de choiva cambiaría de data a comunicar nos días previos.

Para continuar coa programación de “Miúdo Verán”, na xornada do xoves día 14 de xullo ás 20:30h o Auditorio de San Benito será o escenario para a realización do espectáculo de danza e humor “Sofá”.

Nesta actividade dirixida a público infantil, xuvenil e adulto atopamos a unha parella e o seu sofá. A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais. O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento. Pablo e Marta están enfermos. Enfermos de cansazo e aburrimento. Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.

*En caso de choiva cambiaría de data a comunicar nos días previos.

Para o xoves día 21 de xullo regresa o cinema de rúa coa proxección da película de animación infantil “Bella y el circo mágico”  ás 22:30h na Praza do Reló.

Bela está a organizar un circo para o seu mellor amigo, Henry. Está moi emocionada e espera ser a atracción principal cun fantástico truco de maxia. Pero o mesmo día do circo, un mozo molón, se muda á veciñanza. Ten unha idea espléndida para o espectáculo: quere facer un truco en bicicleta. Henry está asombrado polo mozo novo, mentres que ela sente que está a perder ao seu mellor amigo. Non pode soportalo máis e obriga a Henry a elixir entre o novo mozo ou ela. Henry non quere magoar a ninguén, sae correndo e desaparece. É cando ela ten que ir buscar ao seu inimigo, para que lle axude a atopar a Henry. Ten que salvar o circo, pero sobre todo a súa amizade.

*En caso de choiva cambiaría de data a comunicar nos días previos.

O xoves día 28 de xullo chega a música a “Miúdo Verán” co concerto de Pakolas “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo”, ás 20:30h na Praza do Reló.

En “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” Pakolas preséntanos o seu último libro disco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020).

Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

*En caso de choiva o evento realizarase no Centro Cultural.

Xa no mes de agosto, o xoves día 4 terá lugar ás 20:30h no Auditorio de San Benito “Carman”, un espectáculo de humor, malabares, equilibrio e clown.

“Carman” de Javier Ariza, é unha comedia de rúa para un excéntrico showman e un Seat 600, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico cobra vida e terminará por moverse sen condutor nunha rutina musical e circense que pode levarlles incluso a eurovisión.

*En caso de choiva cambiaría de data a comunicar nos días previos.

O xoves 11 de agosto ás 20:30h o Auditorio de San Benito da Guarda acolle o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia “Galicia Ilusiona”, un espectáculo de maxia para público familiar e amantes da maxia e ilusionismo.

Galicia Ilusiona é un Festival de Ilusionismo que pretende levar maxia e ilusión por toda Galicia entre os meses de Agosto a Outubro. O Festival preve á realización de espectáculos de gran calidade para todos os públicos que se levarán a cabo en máis de 100 concellos repartidos polas 4 provincias galegas.

*En caso de choiva o espectáculo trasladaríase ao Centro Cultural.

A asistencia aos eventos de “Miúdo Verán” é de balde ate completar o aforo dispoñible en cada caso, a alternativa no posible caso de choiva comunicarase nos días previos a cada evento.

O Concello da Guarda convida a toda a veciñanza, especialmente aos máis cativos, a gozar desta programación especialmente dedicada para eles. A programación da axenda de verán 2022 será comunicada nos vindeiros días.

O alumnado do curso de xardinería embelece os xardíns de Covelo

0

O alumnado do curso de xardinería planta flor de tempada nos xardíns municipais. Enmarcado no VI Plan de Formación do Concello de Covelo, este curso conta cunha parte teórica e outra práctica cun total de 50 horas repartidas en 10 xornadas.

De 9 a 14 horas o alumnado de xardinería estuda e ademais contribúe a crear un espazo público máis agradable e máis amable.

As persoas participantes adquiren coñecementos de poda, plantación, coidados, mantemento de xardíns, manexo de maquinaria e ferramenta e prevención de riscos laborais, entre outros contidos. O Concello adianta que os coñecementos adquiridos e o diploma obtido terase en conta e valorarase nas sucesivas bolsas de emprego. Co obxectivo de mellorar o currículo das persoas, o Concello puxo en marcha este novo curso despois de ter recollido a través dun proceso de participación ás necesidades formativas da veciñanza. Con isto, e analizadas as demandas do mercado laboral, o concello de Covelo realiza arredor de sete cursos no 2022 sumando un total de 36 cursos de formación ao longo destas seis edicións orientados a un mellor acceso á inserción laboral.

A Escola Municipal de Música do Porriño celebra o Festival de Fin de Curso

A Escola Municipal de Música do Porriño celebra mañá o seu Festival de Fin de Curso no que participarán todas a agrupacións.

O evento comezará ás 19 h na Praza Arquitecto Antonio Palacios e, en caso de choiva, trasladarase ao Círculo Recreativo Cultural.

Os asistentes poderán disfrutar das actuacións da Banda, do Conxunto de Cordas, do Colectivo de Guitarras, o Conxunto de Música Tradicional, as corais de nenos e adultos, así como dos grupos de Música e Movemento.

Salvaterra de Miño convoca axudas para a adquisición de material escolar

Un ano máis O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en xunta de gobernó local as bases para a concesión das axudas para adquisición de material escoclar infantil para o curso académico 2022/2023.

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados/as nos centros escolares de Salvaterra de Miño.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2022, ambos inclusive. Os interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información en www.concellodesalvaterra.org.