20.4 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra organiza unha excursión a un parque acuático

    Salvaterra organiza unha excursión a un parque acuático

    O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha excursión ao Natur waterpark de Portugal, o vindeiro 23 de xullo.

    Logo destes últimos anos estragados pola pandemia, a recente saída ao Parque Warner de Madrid foi un absoluto éxito, polo que o Concello quere volver a saír coas persoas que o desexen, pero esta vez a un parque acuático máis propio do verán.

    É unha oportunidade para viaxar en familia e/ou con amigos, na que a diversión e as risas “fresquiñas” están aseguradas.

    O prezo da actividade vai dende 35 aos 40 euros, sendo de balde para os menores de dous anos, no que se inclúe:

    • Autobús
    • Entrada ao parque
    • Seguro de viaxe
    • Guía acompañante

    A comida non está inlcuída, pero se pode levar picnic (non están permitidos os envases de cristal).

    Para anotarse, pódese facer na dirección de correo deportes@concellodesalvaterra.org ou no teléfono 661 046 592 (vía WhatsApp). As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 15 de xullo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.