Arbo

Festa da Bicicleta e música na XX Festa da Lamprea Seca” de Arbo

O Concello de Arbo continúa desenvolvendo ás actividades comprendidas no programa "Verán Cultural 2015" e que neste domingo, 9 de agosto, e co gallo da XX Festa da Lamprea Seca, terá dúas actividades que, a bo seguro, serán do agrado de veciños e visitantes. As 10 da mañá terá lugar a Festa da Bicicleta, e a partir das 19:00 horas, na Carballeira de Turbela, actuarán Malvela e Ardentía.

O venres, Cine na Rúa en Arbo

O vindeiro día venres 8 de agosto, ás 23 horas, na Praza do Concello de Arbo e dentro das actividades comprendidas dentro do “Verán Cultural 2015 de Arbo”, proxectarase a película “Perdiendo el norte”, comedia española do ano 2015, dirixida polo director Nacho G. Velilla e protagonizada polos actores Yon González e Julián López xunto a actriz Blanca Suárez. A película estreouse o 6 de marzo de 2015 en España.

Primeiro Serán da Vella Barca en Arbo

O venres 24 de xullo a partir das 21:30 horas, no Torreiro de San Pedro, a Asociación Cultural a Vella Barca, organiza o “ I Serán da Vella Barca”. Os organizadores animan a todos os veciños e veciñas a achegarse ata o torreiro onde haberá comida, música e incluso un cursiño para comezar a dar os primeiros pasos de baile.

O Concello de Arbo decreta tres días de loito oficial

O Concello de Arbo celebrará hoxe sábado, 4 de xullo, un Pleno Extraordinario a petición dos grupos municipais do Partido Popular e da Agrupación de Electores de Arbo, no que se procederá á decretar tres días de loito oficial “polos tráxicos sucesos que acabaron coa morte de dous veciños, un deste municipio e do municipio limítrofe de Crecente”, di a convocatoria.

Aparece morta unha parella no interior dun vehículo en Arbo

Unha parella de Arbo apareceu morta dentro do seu vehículo na localidade de Arbo ao parecer a consecuencia de disparos dun arma de fogo. O home era veciño do municipio e a rapaza traballaba nun establecemento hostaleiro da localidade. Aínda que as circunstancias están aínda baixo investigación por parte da garda civil, todo apunta a un crimen paixonal xa que, segundo puido coñecer Comarcas na Rede, o ex noivo da rapaza foi detido e presta declaración no cartel do Instituto Armado de Arbo.

Suscribirse a este canal RSS