O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte.
Paco Ferreira destacou que “a literatura galega e o noso idioma son unha parte fundamental da nosa cultura e da nosa identidade, pero esta forma parte de un todo que tamén inclue a gastronomía, a cultura, e incluso o deporte”.
Por elo según o rexedor municipal “este ano programamos unha serie de actos moi variados para achegarnos a nosa lingua e a nosa cultura dende perspectivas e ámbitos moi diferentes”.
Así os actos comenzar o día 13 coa Festa da Empanada, que en colaboración con OVALMI se prolongará ata o día 17 de maio.
O día 15 deste mismo mes a Agurpación Musical de Vincios en colaboración con Espazo Lectura levarán a cabo un espectáculo poético musical a partir das 19:00 horas na Praza da Paradela.
Xa o memso día 17, día das Letras Galegas comezará na xornada de mañá coa Festa da Bici do Val Miñor con saida e chegada diante da casa do Concello de Gondomar. Ese mesmo día pola tarde terá lugar un acto que se iniciará as 18:30 horas na mesma praza de A Paradela no que calquera cidadan que o desexe poderá prarticipar coa lectura de un fragmento de calquera obra literaria en galego. Para apuntarse a esa actividade deberán remitir un correo a [email protected] cos seus datos persoais e indicando o texto elexido.
Esta xornada rematará cunha actuación a cargo da Asociación Folclórica tradicional Os Ventos de Comesaña”.
Como colofón a estes días de actividades o día 29 está programada una visita a Catoira para acudir a representación da obra “As 8 da tarde cando morren as nais” a cargo do Centro Dramático Galego. Para os interesados en acudir haberá un autobús gratuito dende Gondomar. Para anotarse a esta actividade deberán facelo a través da taquilla electrónica do Concello.