Domingo, 4 Maio de 2025

O alcalde da Guarda asina o convenio da nova Escola Infantil Municipal

O mércores 8 de xullo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asinou o Convenio da Escola Infantil Municipal que compromete o investimento necesario por parte da Xunta de Galicia para a súa posta en marcha e xa pode comezar dende o Consorcio Galego de Benestar o procedemento de licitación.

Está previsto que se faga a licitación antes de finais do presente ano e que as obras se executen entre as anualidades 2020 e 2021.

O financiamento da nova escola infantil da Guarda, realizarase entre a Administración autonómica, que achegará 410.000€ e o consistorio local, que achegará os fondos restantes ata os 690.000€ do custo total.

A futura escola infantil da Guarda integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul e estará dotada con tres unidades e un total de 41 prazas nas vellas vivendas dos mestres do antigo Sinde.