13.4 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA nova Escola Infantil da Guarda, máis preto de facerse realidade logo...

    A nova Escola Infantil da Guarda, máis preto de facerse realidade logo de anos de xestións municipais

    O concello da Guarda levará a Pleno a aprobación do proxecto da nova Escola Infantil e asinará en breve o convenio para a súa construción

    Despois de anos de xestións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e de miles de quilómetros en viaxes a Santiago, acompañado, a maioría das veces, pola anterior concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, a construción da nova Escola Infantil da Guarda plasmarase na sinatura dun convenio entre a Xunta e o concello en próximas datas.

    Ante a necesidade evidente de contar con máis prazas de atención a infancia de 0-3 anos na Guarda. No ano 2017 o alcalde tomou a decisión de encargar e financiar, por conta do concello, o proxecto de construción da nova Escola Infantil, que estará emprazada na parcela municipal que actualmente ocupan as que foron vivendas de mestres do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.

    A consellería de Política Social remitiu fai uns días o borrador do convenio que comprometerá a Xunta e concello na execución da obra. Esta actuación representa un importante investimento para o concello da Guarda. Un esforzo que o propio alcalde considera urxente e prioritario para a vila ao sinalar que “esta actuación é unha necesidade para avanzar realmente na conciliación da vida familiar e laboral, mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, sobre todo os máis novos, e forma parte das políticas contra a crise demográfica, orientadas a frear a diminución de poboación na localidade”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.