O PP denuncia verteduras de fecais en lugares "próximos" á obra do Paseo Matutino

O PP de Ponteareas vén de denunciar vertidos de augas fecais en lugares "próximos" ao recentemente reformado paseo matutino, unha obra financiada pola Deputación de Pontevedra, que xa en 2015 e antes do cambio de Goberno deixou consignada unha partida de preto de 200.000 euros. Preocúpalle ao PP que as verteduras sexan ocasionadas "por algunha tubaxe que quedou mal colocada" xa que nese caso, "habería que reabrir a rúa co prexuízo que ocasionaría a comerciantes e hostaleiros".

O PSOE de Ponteareas detecta "graves erros" nas obras da Xunta na Avenida Castelao

O Partido Socialista de Ponteareas vén de denunciar o que cualifica de "erros de execución" nas obras que realizou a Xunta de Galicia en materia de seguridade na Avenida de Castelao (PO-403), estrada que é competencia da comunidade autónoma. Estes erros, explican os socialistas ponteareáns, "teñen que ver coa falta de evacuación de augas pluviais no novo paso de peóns elevado, a cal acumúlase na súa contorna ao non terse contemplado un sistema para evacuala ata o sumidoiro máis próximo".

Nigrán inviste preto de 143.000 euros no asfaltado de trece rúas en Camos

O Concello de Nigrán deu hoxe luz verde, en Xunta de Goberno, ao asfaltado de trece rúas da parroquia de Camos por importe de 142.731 € a cargo do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. Estas atópanse nos barrios de As Pedras, A Lama, A Touza, O Carballal, A Cruz, Marín, Vilar, O Sobral, A Rotea (segunda fase) e A Carballeira.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán acusa á Xunta de "uso partidista e instrumental" das subvencións

O Concello de Nigrán presentará un recurso contencioso-administrativo contra a recente revogación da subvención de 120.000 € concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a 'Mellora de accesos ao Parque Empresarial Porto do Molle'. As obras nas rúas Gándara e Ponte Muíña, moi demandadas pola veciñanza e cun importe total de 253.000 €, supuxeron a substitución da capa de rodadura, nova iluminación, canalización de pluviais e mellora da sinalización horizontal e vertical creando, ademais, un cebreado peonil pintado e delimitado lonxitudinalmente.

  • Publicado en Nigrán

As Neves mellorará a mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns

O Concello das Neves comezará en breve as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns, contempladas xa no Estudo de Mobilidade de Espazo Público, e que, coma salienta o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “poñerán o acento na mellora da accesibilidade e seguridade vial nos percorridos peonís, tales como vados peonís, pasos de peón elevados e ampliación de beirarrúas”.

  • Publicado en As Neves

Ponteareas paraliza os traballos de pintado da Xunta na PO-254 por falta de proxecto

A tenente de alcalde e candidata do PSOE á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote, mantivo unha reunión cos veciños de Bugarín para analizar a situación creada na estrada PO-254 (Ponteareas-Mondariz) debido ao que o Concello de Ponteareas considera "falta de planificación da Xunta de Galicia". Os socialistas ponteareáns sinalan que "as nosas sospeitas materializáronse o xoves pola mañá cando os técnicos e o enxeñeiro da Xunta de Galicia recoñecen que o pintado de Prado ten que ser eliminado".

Mos mellora os accesos a San Eleuterio, na parroquia de Tameiga

O Concello de Mos está a desenvolver traballos de mellora da accesibilidade e seguridade viaria na contorna da urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, mediante a creación dun novo itinerario peonil seguro que dá continuidade ao existente na Estrada Tameiga-Pereiras, ao oeste, e chega á Ermida de San Eleuterio, onde se continúa polo Camiño da Levantada, ata a vía de servizo da Autovía A-55, ao norte.

  • Publicado en Mos

A Deputación construirá un muro de contención na rúa Mon y Landa de Crecente

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai construír un novo muro de contención na rúa Mon y Landa do Concello de Crecente para estabilizar un noiro e evitar o esvaramento da calzada nun treito duns cen metros de lonxitude na estrada provincial EP-5005 Cañiza-Pousa. O deputado Uxío Benítez explica que as obras consistirán na construción dun novo terraplén e dun muro de escollera que permitirán conter as terras nas que se asenta a vía garantir o tránsito de vehículos e de peóns con seguranza viaria.

  • Publicado en Crecente
Suscribirse a este canal RSS