Mos movilízase esta tarde para reclamar a reanudación das obras da A-55
Veciños e veciñas de Mos, Corporación Municipal e usuarios e usuarias da A-55, manifestaránse esta tarde para pedir, de xeito unánime, a reanudación das obras da A-55, paralizadas dende hai máis de dous anos e sen que, ata o de agora, haxa noticias sobre a súa posta en marcha. A comezos de marzo, o director xeral de Estradas, Jorge Urrecho, comprometérase coa alcaldesa, Nidia Arévalo, a reiniciar os traballos nese mesmo mes. Case que rematando o mes de abril, as obras "nin están nin se lles espera".