Covelo

Uxío Benitez e o alcalde de Covelo, analizan a mellora das vias provinciais

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e a directora de área da institución provincial, Isabel Pardo de Vera, reuníronse hoxe co alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, para falar das necesidades das vías provinciais no municipio. Benítez asegurou que a Deputación estudará a viabilidade das tres actuacións que o concello de Covelo plantexa a maiores das accións xa solicitadas ao abeiro do Plan Móvese. Trátase de dúas actuacións na estrada que vai de Covelo á parroquia de Barcia de Mera (EP-5106); e unha actuación na estrada que vai de Maceira á Grana (EP-5105).

Segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera co cuarteto Schubert

O Cuarteto de Corda Schubert protagoniza o segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera que se desenvolve na Igrexa de San Martín de Covelo, este sábado 21 de maio ás 20:30 horas. Este cuarteto de corda está formado por Elena Escalza, Gabriel Bussi, Fumika Yamamura e Adrián Linares Reyes, músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia e interpretarán un programa con música exclusivamente de Schubert, Haydn e Mozart.

Nova cita coa Música Relixiosa en San Martiño de Barciademera

Hoxe sábado, 20 de xuño, a igrexa barroca de San Martiño de Barciademera, no Covelo, acollerá o terceiro concerto do seu ciclo de música relixiosa que comezaba o 25 de abril e terá o seu último concerto o 20 de setembro. Barciademera convértese, todos os anos, no lugar de encontro dos máis recoñecidos artistas e agrupacións neste tipo de música e a cita obrigada para todos os amantes da boa música.

Suscribirse a este canal RSS