Play Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.

  • Publicado en Tui

'Taxi Driver' abre as proxeccións do cineclub 'Alice Guy-Blaché' de Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves ás 20:30 horas a proxección da película 'Taxi Driver', ofrecida polo cineclub Alice Guy-Blaché en colaboración co Concello de Nigrán de xeito gratuíto. Este novo cineclub de Nigrán, que colle o nome da primeira muller en ser realizadora dunha largometraxe, ofrecerá un filme cada penúltimo xoves de mes no Auditorio Municipal.

  • Publicado en Nigrán

As Neves inicia unha nova tempada de «Cinema de Inverno»

O Concello das Neves, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, volve de novo os sentidos ao sétimo arte e inicia unha nova tempada do ciclo «Cinema de Inverno», que terá como sala de proxección o Auditorio Municipal. A primeira proxección chegará á pantalla o domingo día 27 de xaneiro, ás 18:30 horas, da man das curtas infantís de OQO Editora, Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos.

  • Publicado en As Neves

O Centro Cultural da Guarda acolle, o venres, a proxección de «A cicatriz branca»

A mostra GalizAmérica, que se atopa na sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro sábado día 10 de novembro e compila materiais que dan conta do florecemento da cultura galega en América, compleméntase coa proxección do filme «A cicatriz branca» de Margarita Ledo, que terá lugar este venres día 9 de novembro ás 20:30 h no Centro Cultural guardés.

  • Publicado en A Guarda

Hereditary

Es inevitable. Cada año que pasa tenemos una "película de terror del año". Esta suele ser una cinta que unos cuantos se empeñan en ensalzar, desde incluso antes de su estreno, y a la que, aunque sea un truño del quince (The Badadook, Llega de noche, Nunca digas su nombre), se le queda en Sambenito de ser "la película de terror del año" como si una "canción del verano" de Georgie Dann se tratara. Curiosamente, ambas suelen llegar por estas fechas.

Proxección de «Vigo 1972» no auditorio «Lois Tobío» de Gondomar

O auditorio municipal «Lois Tobío» de Gondomar acolle, este vindeiro sábado 19 de maio ás 19 horas, a proxección do documental «Vigo 1972», unha produción que narra a folga xeral de 15 días que converteu á comarca de Vigo no centro de atención a nivel estatal e europeo, poñendo en xaque ao réxime franquista e contribuíndo, significativamente, ao desgaste e fin do mesmo.

A Escola de Cantería elabora as estatuillas do VIFFI, Festival de Cine Inclusivo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinou esta mañá o convenio de colaboración con Gonzalo Suárez, presidente de AGAIN, por medio do cal a Escola de Cantería da institución cede ao VIFFI, Festival de Cine Inclusivo de Vigo, as estatuíllas para os seus premios á mellor curtametraxe elixida polo xurado, á mellor elixida polo público e ao mellor documental seleccionado polo xurado. Silva aproveitou a ocasión para felicitar e facer un recoñecemento a AGAIN e poñer en valor actuacións como esta, “promovida pola sociedade civil para construír un mundo mellor”.

O Cine Club Poleiro ofrece a película portuguesa «Cartas de Guerra» en Goián

O Cine Club Poleiro, dentro do ciclo de películas relacionadas coa literatura, escritores e as suas creacións, ofrece o xoves 5 de abril, ás 21:30 horas no auditorio de Goián, a película «Cartas de guerra», do director portugués Ivo Ferreira. A película é unha adaptación da obra, do mesmo nome, do escritor Antonio Lobo Antunes.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS